Sede electrónica

Sede electrónica - concelloderianxo

SEDE ELECTRÓNICA

A Sede Electrónica permite á cidadanía efectuar os seus trámites co Concello de Rianxo de forma telemática, as 24 horas dos 365 días do ano.
O Rexistro Electrónico Xeral da administración do Estado permite presentar documentación en calquera administración integrada no Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR): administración do Estado, autonómica, outros concellos...

 

Guía de tramitación electrónica

Con esta guía, o Concello de Rianxo pretende achegar á veciñanza os medios tecnolóxicos que están á súa disposición para faceren trámites dende a casa, dende o móbil, dende calquera lugar, sen se teren que achegar ás oficinas: presentar documentación, recibila, pagar recibos ou avisar de carencias ou desperfectos.

A tecnoloxía permite ás empresas e persoas autoempregadas, asemade, emitir facturas e participar dos procesos de licitación de forma totalmente electrónica, sen colas nin desprazamentos.