Sensibilización Ambiental

Campaña de sensilización ambiental sobre os residuos e a reciclaxe

A problemática dos residuos é unha das principais complicacións ambientais do século XXI, a expansión da economía baseada no consumo, a cultura de usar e tirar e os avances técnicos experimentados, fan que este problema tome proporcións críticas e se xere un gravísimo impacto no medio ambiente.

A xeración de residuos está aumentando ata superalo quilo e medio por persoa/día, se a isto se engade que a separación non se fai correctamente, atopámonos con que a xestión dos residuos non está sendo todo o eficaz que debería.

Ante esta situación, o Departamento de Medio Ambiente do Concello, está levando a cabo unha campaña de sensibilización ambiental centrada nos residuos e a reciclaxe, co fin de motivar á poboación para que tome conciencia da importancia da redución dos residuos e levar a cabo unha boa separación na orixe.

Durante os meses de febreiro, marzo e abril a campaña estivo dirixida á poboación escolar e o vindeiro mes de xuño dirixirase a campaña á poboación en xeral pasando por tódalas parroquias do concello.

  • A campaña dirixida a poboación escolar

Na campaña participaron un total de 1337 alumnos e alumnas dos colexios: Xosé María Brea Segade de Taragoña, Ana María Diéguez de Asados, CRA de Rianxo, Alfonso D. Rodríguez Castelao de Rianxo e o IES Félix Muriel .

O obxectivo desta campaña foi informar e sensibilizar ós alumnos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria na importancia da separación dos residuos para a súa reciclaxe e do impacto que a súa mala xestión producen no medio ambiente. Outro dos puntos que se trataron foi o tema da compostaxe como alternativa para reducir os restos orgánicos e a creación do Punto Limpo de Rianxo.

As actividades que se levaron a cabo, así como a proxección de vídeos informativos e a explicación da problemática dos residuos, programáronse segundo os ciclos educativos e foron adaptadas a cada grupo de idade.

Explicando a problemática dos residuos

Alimnado do IES Félix Muriel


Alumnado de educación infantil

 

Os cinco contedores barrigóns

 

Dramatización do conto: ''Maruxa e os cinco contedores barrrgóns''

 


Separando residuos nas barrigas dos contedores

 

Xogos de separación de residuos: A través de xincanas e do xogo do "pañuelo" traballouse co alumnado a separación dos residuos nos diferentes contedores selectivos.

 

O xogo do "pañuelo" e os residuos

 

Elaborando unhas maracas con botellas de plástico

 

Xogando coas maracas

 

Prismáticos con rolos de papel hixiénico

 

Facendo un estoxo con botellas de plástico

 

Estoxo rematado

 


Construíndo un moedeiro con un brik de leite

 

Moedeiro acabado

 

Material divulgado por SOGAMA, ECOEMBES e ECOVIDRIO.

 

Vídeos, guías para separar correctamente, bolígrafos e lapis reciclados, lapiseiros, contos...

 

O alumnado co material de ECOEMBES, ECOVIDRIO e SOGAMA

 

Agradecementos

- A tódolos colexios e instituto do Concello de Rianxo por participar e colaborar nesta iniciativa.

- A SOGAMA, ECOEMBES e ECOVIDRIO polo súa contribución gratuíta de material divulgativo e obxectos de material reciclado que se lles entregou a tódolos participantes .


Páxinas web de interese


http://centros.edu.xunta.es/craderianxo/?q=node&page=1

http://www.sogama.es
http://www.ecovidrio.es/html/home.htm
http://www.ecoembes.com/es/Paginas/portada.aspx
http://www.ecopibes.com
http://www.redcicla.com
http://www.reciclus.es
http://www.mma.es/secciones/area_infantil/index.htm
http://sirga.medioambiente.xunta.es
http://www.sigre.es
http://medioambiente.xunta.es/template_vertedoiros.jsp?page=puntosLimpios.jsp