Servizos Sociais

- Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

PERSOAS BENEFICIARIAS
• Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
• Serán igualmente beneficiarias desta prestación, as fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017
REQUISITOS
• Que as persoas proxenitoras teñan a residencia habitual en Galicia.
• Que na data da solicitude os nenos ou nenas convivan coa persoa solicitante.
• Non ter presentada a declaración do IRPF correspondente ao exercicio 2018.
TIPO DE AXUDA
Un pagamento único na seguinte contía:
• Cando sexa o primeiro fillo/a: 360 €
• Cando sexa o segundo fillo/a: 1.200 €
• Cando sexa o terceiro ou sucesivos: 2.400 €
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
• Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:
http://sede.xunta.gal
• Rexistro Xeral do Concello de Rianxo

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 10 de marzo de 2020

MÁIS INFORMACIÓN
• Enderezo web: http://politicasocial.xunta.gal / http://sede.xunta.gal

DOGA
(núm. 12 ORDE do 18 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS410A)