Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Tarxeta Benvida para familias con fillos/as nados no 2017

Persoas beneficiarias
Familias que no ano 2017 teñan fillos ou fillas, tanto por natureza como por adopción ou estén en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017.

Tipo de axuda e contía
A contía total será de 1.200 € a razón de 100 €/mes durante o primeiro ano do fillo ou filla.
A axuda farase efectiva a través da tarxeta Benvida, que se expedirá a nome da persoa solicitante e unicamente se poderá utilizar en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

Requisitos

  • Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia
  • Que a renda da unidade familiar da declaración do IRPF do ano 2015, sumada a base impoñible xeral e a base impoñible de aforro, non supere os 45.000 €. No suposto de que os ingresos fosen superiores á dita contía, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.

Lugar de presentación de solicitudes
Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es)

Prazo de solicitude: Dous meses desde o día seguinte a aquel en que se produza o nacemento ou adopción

Máis información: