Trámites en liña Trámites en liña

 

A Sede Electrónica permite aos cidadáns e cidadás efectuar os seus trámites co concello de forma telemática, as 24 horas dos 365 días do ano.
O Rexistro Electrónico Xeral da administración do Estado permite presentar documentación en calquera administración integrada no Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR)
O SIR permite presentar documentación nas oficinas habilitadas con destino a calquera outro organismo integrado no sistema, recibíndose no destino de forma instantánea.
As persoas que rexistran solicitudes co concello poden solicitar ser notificados de forma telemática a través da plataforma Notific@.
O Rexistro Electrónico de Apoderamentos permite autorizar persoas físicas a actuar en nome de outras persoas físicas ou xurídicas nas relacións coas AA.PP.
O Punto xeral de entrada xeral de facturas electrónicas permite aos provedores presentar as facturas ao concello de forma telemática.
Punto de consulta dos procedementos de contratación das administracións públicas de Galicia.

 

Cambio ao dominio puntoGAL da Sede Electrónica

O dominio da Sede Electrónica do Concello de Rianxo cambia a sede.concelloderianxo.gal . O cambio faise efectivo aproveitando a renovación dos certificados dixitais da Sede Electrónica, que ata o de agora mantíñase no antigo dominio sede.concelloderianxo.es.

Sumado a isto, ao longo dos primeiros meses do ano abordarase por parte da Deputación da Coruña unha renovación importante da Sede Electrónica para facela máis doada de utilizar e máis compatible con diversas plataformas dixitais, como os sistema baseados en Unix (Linux, iOS...), e outros navigadores como Mozilla Firefox ou Google Chrome, ao tempo que se desacopla de compoñentes dependentes do navegador web coma os plug-ins de Adobe Reader ou Java.

A Sede Electrónica municipal permite aos cidadáns realizar os seus trámites por internet de forma telemática.

 

Sede Electrónica do Concello de Rianxo

Posta en marcha da Sede Electrónica do Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo pon en marcha a Sede Electrónica municipal, que permitirá aos cidadáns realizar os seus trámites por internet. A nova sede vai permitir a cidadáns e empresas a presentación, por vía telemática, da totalidade de instancias e solicitudes dirixidas ao Concello.

A implantación da Administración Electrónica na xestión municipal supón unha nova forma de relación entre a Administración e os cidadáns, xa que abre a posibilidade de relacionarse por internet con plenas garantías legais, de confidencialidade, seguridade e sinxeleza.

Mediante a súa identificación con DNI ou certificado electrónico, o cidadán poderá dispor dunha serie de servizos personalizados: consultar o estado dun trámite, obter o seu volante de empadroamento, consultar os seus expedientes, representar a outra persoa na presentación de instancias, realizar unha serie de trámites telemáticos regulados e presentar calquera outra instancia ou solicitude a través do rexistro electrónico.

Rianxo cumpre así a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, que establece o "dereito dos cidadáns a relacionarse coas Administracións públicas por medios electrónicos" e "a obrigación das Administracións Públicas de redeseñar os seus procedementos e dotarse dos medios técnicos necesarios para que o exercicio do novo dereito sexa plenamente efectivo".

 

Acceso á Sede Electrónica do Concello de Rianxo no portal de sedes electrónicas municipais da Deputación da Coruña