Voluntariado Voluntariado

O Concello de Rianxo ten subscrito un CONVENIO coa Cruz Vermella de Boiro para o desenvolvemento do Programa de Voluntariado Social.

O servizo que presta o voluntariado é o de Axuda a Domicilio Complementaria. Trátase dun servizo social, de carácter polivalente, levado a cabo por persoas voluntarias que prestan apoio a individuos ou familias, para aliviar a carga que lles supón, baixo a coordinación de persoal técnico.

As usuarias do programa pertencen a dous colectivos: a terceira idade e persoas discapacitadas; aínda que poden selo persoas que presenten problemas de autonomía, situacións de soidade e illamento, etc.

As actividades que se desenvolven son:

  • Acompañamento en xestións e desprazamentos, cando a persoa precise dunha terceira para realizalas.
  • Realización de recados e xestións cando a persoa non poida saír do domicilio, recoller receitas...
  • Acompañamento en actividades de ocio cando non poida saír ou a súa familia non a poida acompañar.
  • Prestar compañía a aquelas persoas que teñan dificultades para saír fóra do seu domicilio.

Aquelas persoas interesadas no Voluntariado Social (tanto usuarias, como voluntarias), poderán obter información:

Horario de atención ao público: de luns a xoves, de 9 a 12 h

Técnica responsable: Traballadora Social

Correo-e: atprimaria@rianxo.com

Promedio (0 Votos)