Anuncios

- Servizo de axuda a persoas en situación de dependencia e especial vulnerabilidade durante a pandemia da COVID-19 - concelloderianxo

Anuncios

Servizo de axuda a persoas en situación de dependencia e especial vulnerabilidade durante a pandemia da COVID-19

O Concello de Rianxo pon en marcha, debido á situación excepcional do estado de alarma pola pandemia da doenza COVID-19, un servizo de axuda a persoas en situación de dependencia e especial vulnerabilidade​​​​​​​, destinado a atender as necesidades básicas de alimentos, produtos de primeira necesidade e medicinas.

As persoas que por diversos motivos non poidan ou non deban saír da casa para desprazarse para obter estes produtos de primeira necesidade, poderán chamar aos teléfonos habilitados:

  • De 8 a 14 h: SERVIZOS SOCIAIS: 981 860 061
  • De 14 a 22 h: POLICÍA LOCAL: 901 860 065
  • As 24 horas: ​​​​​​​Asociación barbancesa de axuda e solidariedade: 696 058 821