Anuncios

- TI TES A CHAVE, campaña de recollida dos residuos orgánicos a través do colector marrón - Concello de Rianxo

Anuncios

TI TES A CHAVE, campaña de recollida dos residuos orgánicos a través do colector marrón

O Concello de Rianxo presentou a campaña do colector marrón, a quinta fracción, que ten como uso exclusivo a recollida de residuos orgánicos. Este novo depósito, que ten a particularidade de estar pechado, vén de implantarse nalgunhas rúas do municipio. Case a metade do lixo que se recolle son residuos orgánicos, por iso é moi importante que toda a veciñanza se sume a esta nova campaña e recicle a orgánica xerada diariamente nas vivendas.

Segundo comentou a o Concelleiro de Medio Ambiente, José Alberto Angueira, durante a presentación “preténdese alcanzar os obxectivos e criterios de reciclaxe marcados pola Unión Europea e facer de Rianxo un concello máis sostible”.

O colector marrón vai a estar presente na maior parte das zonas urbanas do municipio. Durante as vindeiras semanas van a realizarse accións informativas  para dar a coñecer o funcionamento desta nova práctica de reciclaxe e para que a veciñanza poida darse de alta na campaña e recoller a súa chave e kit de benvida.

As persoas interesadas en sumarse á nova reciclaxe poden rexistrarse na oficina do Servizo de Medio Ambiente, situada no Museo do Mar de Rianxo, ou a través da solicitude online FORMULARIO SOLICITUDE DE “TI TES A CHAVE” CONCELLO DE RIANXO

Desde o Concello faise un chamamento especial á colaboración de grandes xeradores de orgánica. Nas próximas semanas van a dar comezo as visitas porta a porta aos establecementos de hostalaría e comercios que teñen como principal obxectivo informar da posta en marcha deste novo servizo de recollida.