Bandos Informativos - Concello de Rianxo
Bandos Informativos
O despregamento da nova tecnoloxía de telefonía móbil 4G prodúcese nunha banda de frecuencias que pode interferir coa Televisión Dixital Terrestre (TDT). Para evitar as posibles interferencias, os operadores de telefonía deben actuar nos edificios potencialmente afectados, adaptando as antenas. O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo pon a disposición da cidadanía un recurso gratuíto...
O recibo da luz subiu un 83% desde o ano 2003, e desta porcentaxe un dez por cento máis nos últimos catro anos. É evidente que cada vez son máis numerosas as familias que teñen problemas para o pago destas facturas do subministro de enerxía eléctrica. No país dos mil ríos onde se produce boa parte da electricidade do estado español non escapamos desa alza de prezos disparada. Nun mercado...
Veciños e veciñas, en 1919 as Irmandades da Fala escolleron entre todos os días do ano, o 25 de xullo como Día da Patria Galega, espallándose desde o ano seguinte en xornada de festa e reivindicación colectiva da nosa nación. O noso Castelao nun célebre discurso escrito desde o exilio, Alba de Groria, alcúmao tamén de Festa maor de Galiza, a Festa de todol-os galegos e das galegas, engadimos. ...
Achegándose a NOITE DE SAN XOÁN, animo a todos os rianxeiros e rianxeiras a disfrutar da mesma, no marco do espírito participativo e comunitario que a caracteriza. Ao estar fundamentalmente centrada nas fogueiras e cacharelas, elementos indispensables da festa, pero con certos riscos, establécense as seguintes normas e recomendacións para un axeitado e seguro desenvolvemento da mesma: Non...
No ano 1935, un grupo de amigos e admiradores do poeta de Rianxo Manuel Antonio proxectaban unha homenaxe popular, por subscrición pública, consistente na colocación dun monolito nas illas Malveiras. Hoxe retomamos a idea daquela frustrada homenaxe en lembranza de Manuel Antonio organizando unha viaxe literaria o vindeiro sábado 21 de marzo con saída en catamarán do porto ás 17.30 h., baixo as...
Veciños e veciñas, estamos perante o 25 de xullo, o Día da Patria Galega, unha xornada de festa e reivindicación para o país escollida polas Irmandades da Fala o ano 1919, como data de lembranza da patria natural. Ben podiamos chamarlle tamén o Día da Matria, pensando no poeta cambadés Ramón Cabanillas que para se referir á nosa terra escribe: Nai e Señora! Neste 2014 cúmprense setenta anos...
A Corporación Municipal de Rianxo, xunto á Federación Galega de Municipios e Provincias-FEGAMP, fai un chamamento á veciñanza de Rianxo a sumarse a unha concentración venres 26 de xullo, ás 12 h., diante da Casa do Concello. Queremos expresar o noso pesar cos familiares dos finados no accidente de tren e a nosa solidariedade coas persoas feridas. Será un minuto de silencio en sinal de...
Veciños e veciñas, celebramos como todos os anos o 25 de xullo, o Día da Patria Galega, unha data principal de festa e reivindicación para o país escollida polas Irmandades da Fala en 1919. En verbas impresas no xornal a Nosa Terra, o seu voceiro de entón, sinalábase como unha data de lembranza da Patria natural que dende antigo, como agora e sempre, ha ser a única patria verdadeira do home...
O Concello de Rianxo vai levar a cabo a contratación de oito persoas para o Servizo de vixilancia de praias, que consistirá na realización de tarefas de vixilancia (salvamento e socorrismo) e control medio ambiental (retirada de obxectos ou elementos que podan causar perigos ou danar o entorno) nas praias do Concello de Rianxo. Este programa contará cun equipo de oito persoas, composto...
Durante o período comprendido entre o 1 de xullo e o 2 de setembro do exercicio 2013, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos: Taxa por servicios de recollida de lixo, correspondente ó segundo cuadrimestre do 2013 Lugar de Ingreso: Oficinas Novagalicia Banco e...
O Concello de Rianxo ven de asinar un Convenio coa Deputación Provincial da Coruña que permitirá a presentación de escritos pola veciñanza e colectivos de Rianxo dirixidos á entidade provincial ou a calquera dos seus órganos así como no tocante á documentación municipal que este concello precise remitir á Deputación. Os prazos administrativos contarían unha vez achegada esa documentación no...
O concello de Rianxo contribúe ao desenvolvemento do proxecto RedeXiana2, para o fomento do emprego na provincia. A Deputación da Coruña vai desenvolver en colaboración co concello de Rianxo, accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de A Pobra, Rianxo, Ribeira, Boiro, Porto do Son, Dodro, Padrón e Rois. A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión...
O concello de Rianxo participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña. O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuír os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego. As áreas formativas ás que...
Por mor dunhas obras de reparación na Depuradora de Rianxo (EDAR), que contan cos permisos medioambientais oportunos, a empresa AQUAGEST concesionaria da EDAR vai iniciar durante doce días, a comezar desde o 15 de abril, traballos de baleirado dos depósitos. Neste senso tamén indicar se informou destas obras á Confraría de Pescadores de Rianxo para o seu coñecemento. Durante estes días...
O concello de Rianxo, xunto coa Deputación da Coruña van poñer en marcha unha experiencia que ten como finalidade promover a compostaxe caseira. Máis da metade do lixo que xeramos é materia orgánica, residuos procedentes da limpeza de hortalizas e outros elementos da cociña, restos de comida, papel alimentario de envolver, e restos de plantas da casa ou do xardín. Esta materia ascende...
A Lei 1/1993, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade, o Decreto 153/98 de abril, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade, e as Ordenanzas de Animais de Compañía e de Animais Potencialmente Perigosos, do Concello de Rianxo; establecen: A obrigatoriedade dos propietarios de todos os cans de levalos suxeitos con correa e con buceiro cando o fagan...
Durante o período comprendido entre o 15 de marzo e o 20 de maio do exercicio 2013, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos: Taxa por servicios de recollida de lixo, correspondente ó primeiro cuadrimestre do 2013 Imposto sobre vehículos de tracción mecánica,...
Co obxecto de facilitar o pago anual do Imposto de Bens Inmobles (IBI) correspondente a 2013, informase da posibilidade de efectuar o pago en dous prazos. Calquera titular dun inmoble e/ou propiedade pode facer uso desta posibilidade. A solicitude efectuarase antes do 28 de febreiro. O fraccionamento realizarase en dúas cotas a cobrar mediante domiciliación bancaria, cuxos vencementos...
Por mor do aumento espectacular da poboación de estorniños na zona da Ribeira e as molestias que están a causar á veciñanza e mobiliario urbano, vimos de contratar desde o Concello unha empresa especializada no control destas pragas urbanas en municipios como A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra, Carballo, Caldas de Reis, Lalín, chamada LARUS CONTROL. Esta empresa...
En xullo de 2012 entrou en vigor o chamado Canon da Auga que a Xunta de Galicia obriga a poñer ao cobro dentro dos recibos municipais. Considérase neste canon que por defecto cada vivenda ten 3 persoas, co que os 6 primeiros metros cúbicos de cada mes de consumo non se pagan (sí o resto). NAQUELAS VIVENDAS ONDE O NÚMERO DE PERSOAS QUE VIVAN NA VIVENDA SEXA SUPERIOR A 3 PERSOAS, PODERÁN...
No Diario Oficial de Galicia de data 28 de agosto de 2012, publícase o Decreto 174/2012, de 27 de agosto, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia, que terá lugar o domingo día 21 de Outubro de 2012. En cumprimento coa Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral, de 19 de xuño, establécese un servizo de consulta do CENSO ELECTORAL, nas oficinas municipais, en horario de 9 a...
Veciños e veciñas, celebramos unha vez máis o 25 de xullo, o Día da Patria Galega, data na que nos recoñecemos todos e todas como pobo, coa nosa identidade e historia, coa nosa língua, baixo a nosa bandeira. Son símbolos que nos dan forza colectiva e que hoxe deben ser tamén o alicerce da resistencia cívica ao desmantelamento de todo o sistema de estado do benestar. Un 25 de xullo hoxe...
O Concello de Rianxo vai levar a cabo a contratación de oito persoas para o Servizo de vixilancia de praias, que consistirá na realización de tarefas de vixilancia (salvamento e socorrismo) e control medio ambiental (retirada de obxectos ou elementos que podan causar perigos ou danar o entorno) nas praias do Concello de Rianxo. Este programa contará cun equipo de oito persoas, composto por 1...
Achegándose a NOITE DE SAN XOÁN, animo a tódolos rianxeiros e rianxeiras a disfrutar da mesma, no marco do espírito participativo e comunitario que a caracteriza. Ó estar fundamentalmente centrada nas fogueiras e cacharelas, (elementos indispensables da festa, pero con certos riscos), establécense as seguintes normas e recomendacións para un axeitado e seguro desenvolvemento da mesma: ...
Durante o período comprendido entre o 2 de xullo e o 3 de setembro do exercicio 2012, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar o cobramento en período voluntario dos seguintes tributos: Taxa por servizos de recollida de lixo, correspondente ó segundo cuadrimestre do 2012 Lugar de Ingreso: Oficinas Novagalicia...
O Concello de Rianxo publicou hoxe o anuncio para a creación de dúas listas de contratación temporal para o persoal de limpeza de praias, unha para PEÓNS e unha para TRACTORISTAS. As instancias para participar nestas listas poden recollerse no mostrador de información do Concello. Na parte traseira da dita instancia indícase a regulación a ter en conta en cada caso. O prazo para...
A UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS LIXEIROS (MMA max. 3.500 kg) E VEHÍCULOS AGRÍCOLAS (sen carga) prestará servizos neste Concello durante os días 6 e 9 de xullo de 2012, co seguinte horario: día 6 mañá: de 09:00 a 13:30 horas tarde: de 15:15 a 18:00 horas día 9 mañá: de 09:00 a 13:30 horas Estará instalada no lugar de costume, na rúa Pazo de Rianxiño, e...
A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, a través do Cheque infantil (DOG n.º 102, 30/05/2012) Persoas beneficiarias: Poderanse beneficiar desta axuda as persoas que teñan ó seu cargo menores nacidos con posterioridade ó 31 de decembro de 2009 e se atopen nalgún dos...