Servizos Sociais

Con data 17.07.2025 aprobouse en Xunta de Goberno Local ordinaria o calendario e bases de inscrición do servizo Rianxo Madruga para o vindeiro curso escolar 2025-2026. - Servizo Rianxo Madruga. Curso 2025-2026 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Servizo Rianxo Madruga. Curso 2025-2026

Con data 17.07.2025 aprobouse en Xunta de Goberno Local ordinaria o calendario e bases de inscrición do servizo Rianxo Madruga para o vindeiro curso escolar 2025-2026.

O prazo para presentar as solicitudes ábrese o vindeiro luns 28 de xullo ata o 14 de agosto de 2025. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou na sede electrónica mediante formulario dispoñible para tal fin.

Nas vindeiras semanas publicarase o prezo público deste servizo.


Máis información:

Resolución de Alcaldía

Bases e calendario

Solicitude