Xuventude

Teatro, improvisación, creación e moitas máis actividades para desfrutar dun verán diferente. - Campamento de Teatro para mocidade - Verán 2026 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Campamento de Teatro para mocidade - Verán 2026

Teatro, improvisación, creación e moitas máis actividades para desfrutar dun verán diferente.

O Servizo de Xuventude organiza o Campamento de Teatro Verán 2026, dirixido á mocidade nada entre os anos 2008 e 2013. O campamento desenvolverase en Rianxo do 2 ao 15 de xullo, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas, nas instalacións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.

Ao longo destas xornadas, as persoas participantes poderán gozar de actividades de interpretación, creación escénica, improvisación, xogos, saídas e moitas outras propostas relacionadas co mundo das artes escénicas.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 26 de xuño ou ata completar as prazas dispoñibles.

Podedes formalizar a vosa inscrición aquí: