Campamento de verán 2024 - Concello de Rianxo
CAMPAMENTO 2024
Contactos Campamento 2024
campamento@concelloderianxo.gal
Servizo de Xuventude
664 181 401
Auditorio Municipal. Rúa Autores da Rianxeira, s/n. Rianxo
Servizo de Deportes
981 86 63 81
Cuartel Vello. Praza Castelao, s/n. Rianxo
Blog DO CAMPAMENTO DE VERÁN 2024
O vindeiro luns 12 de agosto os nenos e nenas do campamento de Rianxo acudirán a obra de títeres Baleazaleak
Ostomila Títeres (Euskadi/Nicaragua), no marco do Festival Titiriberia.
A actuación é gratuíta para os nenos e nenas do campamento, sempre que acudan co monitorado. Está aberta ao público en xeral, máis si desexan acudir, deberán abonar o prezo da entrada.
📢📢📢Aviso!!! Para facilitar a actividade trasladamos tanto o Plan Madruga como o Campamento ao Auditorio de Rianxo:
- Plan Madruga e Grupos 1, 2, 3 e 4 entrada/saída pola porta principal.
- Grupos 5, 6, 7 e 8 pola porta traseira.
As actividades que se van a realizar o venres 02 de agosto son:
Campamento Rianxo
- Grupos 1, 2, 3 e 4: Xogos e Actividades no Campo de Arriba
- Grupos 5, 6, 7 e 8: Visita ao Museo do Mar
📢📢📢Aviso!!! Para facilitar a actividade trasladamos tanto o Plan Madruga como o Campamento ao Auditorio de Rianxo:
- Plan Madruga e Grupos 1, 2, 3 e 4 entrada/saída pola porta principal.
- Grupos 5, 6, 7 e 8 pola porta traseira.
Campamento Taragoña
FESTA DA AUGA: Os nenos e nenas deben traer: traxe de baño, toalla, chanclas que suxeiten ben o pe e crema de sol xa botada. Poden traer xoguetes sempre que traian o nome posto.
Campamento Asados
PASEO AO RÍO TE: realizaran un pequeno paseo ata o río Te. Deben traer: visera, crema de sol xa botada, e chanclas que suxeiten ben o pe, preferiblemente das que se atan.
Publicanse os grupos dos novos/as participantes que se incorporan no mes de agosto.
O resto dos participantes seguirán indo no seu grupo habitual.
Venres 26 de xullo realizaremos unha saída á PRAIA DE TANXIL, onde realizaremos xogos e actividades.
Non se van bañar.
Deben traer: gorra, merenda, auga, toalla, crema protectora xa botada e calzado cómodo para camiñar.
RIANXO
📢📢📢Aviso!!! Para facilitar a actividade trasladamos tanto o Plan Madruga como o Campamento ao Auditorio de Rianxo:
- Plan Madruga e Grupos 1, 2, 3 e 4 entrada/saída pola porta principal.
- Grupos 5, 6, 7 e 8 pola porta traseira.
TARAGOÑA E ASADOS
Irán en autobús, polo que pregamos a máxima puntualidade.
Grazas pola vosa colaboración!!!!
Campa Rianxo
Maña 12 de xullo realizaremos un paseo por Rianxo con xogos e actividades.
📢📢📢Atención!!! Para facilitar a actividade trasladamos tanto o Plan Madruga como o Campamento ao Auditorio de Rianxo.
Plan Madruga e Grupos 1, 2, 3 e 4 entrada/saída pola porta principal.
Grupos 5, 6, 7 e 8 pola porta traseira. Grazas pola colaboración
Campa Asados
Mañá daremos un paseo ata o parque da Santa Lucía, onde realizaremos xogos e actividades. As entradas e saídas serán no cole no horario habitual.
O vindeiro venres 05 de xullo realizaranse as seguintes actividades:
ASADOS E RIANXO: FESTA DA AUGA: Os nenos e nenas deben traer: traxe de baño, toalla, chanclas que suxeiten ben o pe e crema de sol xa botada. Poden traer xoguetes sempre que traian o nome posto.
TARAGOÑA: XOGOS E ACTIVIDADES EN CAMPO MANEIRO.
Comezamos con actividades e xogos deportivos no campamento, por eso precisamos que as nenas e nenos veñan con roupa e calzado deportivo os seguintes días:
RIANXO
- Luns e mércores: grupos 5, 6, 7 e 8
- Martes e xoves: grupos 1, 2, 3 e 4.
ASADOS
- Luns e mércores
TARAGOÑA
Martes e xoves (deben traer calzado deportivo para uso exclusivo no pavillón)
O teléfono de contacto para os avisos do campamento é o 674 041 412.
Tamén poden contactar no correo campamento@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 181 401.
Toda a información e avisos comunicaranse:
- na páxina web concelloderianxo.gal/campamento2024
- Grupo de difusión de WhatsApp. Gardar nos seus contactos o teléfono 664 181 401 e escribir unha mensaxe pedindo ser incluídos no grupo e a indicación de que en instalación quere recibir avisos
- Canal de telegram: subscribirse ao enlace da instalación interesada
- Campamento Asados: t.me/CampamentoAsados2024
- Campamento Rianxo: t.me/CampamentoRianxo24
- Campamento Rianxo: t.me/CampamentoTaragona2024
GRUPOS
Os grupos formaranse segundo data de nacemento. So excepcionalmente, e de forma xustificada, valorarase a posibilidade de facer o cambio de grupo.
RESUMO REUNIÓN INFORMATIVA
O campamento comezará o vindeiro luns 24 de xuño, ás 10:30 horas, no Ies Félix Muriel de Rianxo, Cep Brea Segade Taragoña e Ceip Ana Mª Diéguez de Asados.
É recomendable que leven auga (co nome posto na botella) e merenda, xa que se realizará un recreo. Aconséllase levar roupa cómoda e botar todos os días crema solar protectora.
PRIMEIRO DÍA
Os primeiros días as monitoras estarán esperando no lugar das filas co cartel co número do grupo. Os nenos e nenas deben dirixirse ao seu grupo. As familias esperarán na zona habilitada evitando aglomeracións. No Cep Brea Segade as filas faranse na entrada do colexio, na zona cuberta. No Ceip Ana Mª Diéguez faranno na pavillón deportivo. No Félix Muriel farase a entrada nas escaleiras do pavillón, facendoo os grupos do 1 ao 4 polo lado dereito e os grupos do 5 ao 8 polo esquerdo:
Entradas e saídas Félix Muriel
No inicio do campamento, e como medida de acompañamento aos máis cativos (nenos/as nados de 2019 e 2020) poderase acceder ao recinto acompañado por un adulto.
ENTRADAS E SAÍDAS
Rogarase a máxima puntualidade ás familias para respectar os horarios de entrada.
As nenas e nenos serán recibidos polo persoal monitor na zona habilitada para a agarda. Entrarán para o lugar/fila asignado ao seu grupo. As familias esperarán na zona habilitada, na entrada do recinto, evitando aglomeracións.
É recomendable avisar aos/ás monitores/as de modificacións de horarios ou a non asistencia ao campamento, especialmente si vai ser algo habitual ou planificado (por exemplo: entrar máis tarde ou saír antes por participar noutras actividades; non vir un día á semana; un período de vacacións, etc.). Ao longo do campamento, cando teñan que chegar tarde ou teñan que saír antes, darase un número de teléfono para chamar e que vaian a abrirlles.
Os/as nenos/as non poderán saír do centro sós ou soas. No caso de que desexen que así o fagan, deberán comunicalo por escrito. Así mesmo, será necesario comunicar por escrito se algún/ha neno/a pode ser recollido/a unicamente por determinadas persoas.
PLAN MADRUGA
O horario do Plan Madruga será a partir das 08.00 h, segundo as necesidades familiares.
No Ies Félix Muriel os nenos/as estarán no pabillón polideportivo. No Cep Brea Segade o Plan Madruga desenvolverase no espazo central da escola e no Ceip Ana Mª Diéguez no patio.
AVISOS E COMUNICACIÓNS
O teléfono de contacto para os avisos do campamento é o 674 041 412. Tamén poden contactar no correo campamento@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 181 401.
Toda a información e avisos comunicaranse:
- na páxina web concelloderianxo.gal/campamento2024
- Grupo de difusión de WhatsApp. Gardar nos seus contactos o teléfono 664 181 401 e escribir unha mensaxe pedindo ser incluídos no grupo e a indicación de que en instalación quere recibir avisos
- Canal de telegram: subscribirse ao enlace da instalación interesada
- Campamento Asados: t.me/CampamentoAsados2024
- Campamento Rianxo: t.me/CampamentoRianxo24 - - Campamento Rianxo: t.me/CampamentoTaragona2024
O venres 21 de xuño, ás 13.00 h. no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo, celebrarase a reunión informativa na que se explicará o funcionamento do Campamento e se resolverán dúbidas.
Unha vez rematada a reunión, publicarase toda a información nesta mesma web.
Ademais para resolver a aquelas dúbidas das familias que non poidan acudir a reunión, poderase contactar no teléfono 664 181 401 o venres de 16.00 a 19.00 h e o sábado de 10.30 a 13.00 h.
Dispoñibles todos os recibos. Pódense recoller no Auditorio de Rianxo, ou solicitar no correo campamento@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 181 401 (preferiblemente whatsapp).
Para formalizar a praza débese realizar o pagamento e entregar a documentación entre os días 12 ao 19 de xuño, ambos incluídos.
- Pagamento: para realizar o pagamento deberás solicitar o recibo no servizo de xuventude ben presencialmente o por correo (campamento@concelloderianxo.gal) ou whatsapp (664181401). Unha vez teñas o recibo podes realizar o pago por banca electrónica, caixeiro ou nos bancos indicados no propio recibo. Só se pode realizar o pagamento mediante o recibo que vos facilitamos, non se pode realizar por transferencia bancario, ingreso en conta, bizum,...
- Documentación:
- Autorización do uso de imaxes. Descarga aquí.
- Autorización de recollida do menor ás persoas autorizadas ou de saída do menor pola súa conta (neste caso, para nenos/as maiores de 10 anos). Descarga aquí.
- Xustificante médico (só no caso de ser necesario).
A documentación remitirase ao seguinte correo electrónico: campamento@concelloderianxo.gal ou presencialmente na Oficina de Xuventude.
Publicase a listaxe de admitidos/as no campamento, por instalación e por período.
Realizáronse diversos axustes e ampliacións para cubrir o maior número de solicitudes nas instalacións solicitadas.
Admítense todas as solicitudes realizadas en prazo.
Tendo en conta os axustes e as ampliacións, o número de solicitudes segue sendo maior que o número de prazas, sendo necesario aplicar os criterios de prioridade establecidos nas bases.
As solicitudes que non acadaron praza por estar no último criterio de prioridade, ofertáselles praza na instalación do Ceip Ana Mª Dieguez.
No caso de haber baixas na instalación Félix Muriel ofertaríaselle o traslado. Para determinar o orde desta listaxe de reserva, realizarase o sorteo, por medios informáticos, hoxe xoves 06 as 14.00 h, no Centro Sociocultural- Auditorio de Rianxo.
Admítense todas as solicitudes realizadas en prazo.
Nesta instalación quedan prazas dispoñibles, coa opción de Plan Madruga, polo que si tes praza nalgunha outra instalación pero desexas facer o cambio, ponte en contacto no 664 181 401 (Xuventude) ou no correo campamento@concelloderianxo.gal. Estes cambios realizaranse por orde de solicitude.
Esta listaxe de reservas ofertaráselle praza, por orde de inscrición, na instalación Ceip Ana Mª Diéguez Asados, e continuará a orde saída no sorteo para o cambio de instalación.
Estas prazas comunicaranse por teléfono.
No caso de que se obteña praza e finalmente non se vaia facer uso dela, deberá comunicalo por escrito, ben mediante rexistro do concello ou correo electrónico a campamento@concelloderianxo.gal, ata o 21 de xuño.
No caso de que non comunique a renuncia a praza, deberá realizar o aboamento do recibo.
O período para formalizar a praza será entre os días 12 ao 19 de xuño, ambos incluídos. Na vindeira semana publicarase na web os formularios e o procedemento de pago.
Publícase a listaxe de solicitudes para o Campamento de Verán 2024, realizadas dentro do período de inscricións. Comproba que os datos sexan correctos. Se non apareces na lista ou hai datos que faltan ou non son correctos, ponte en contacto no 664 181 401 (xuventude) ou no correo campamento@concelloderianxo.gal.
O xoves 06 de xuño publicaranse as listaxes definitivas de admisión por instalación e, se fose necesario, a listaxe con aquelas solicitudes que deben ir a sorteo.
As solicitudes realizadas despois do 30 de maio irán a listaxe de reserva seguindo a orde de inscrición.
Calendario de actividades
Poderase realizar a inscrición polas seguintes datas:
-
Completo: do 24 de xuño ao 30 de agosto
-
Bloque 1- xullo: do 24 de xuño ao 31 de xullo
-
Bloque 2- agosto: do 1 ao 30 de agosto
Horario
Campamento: de luns a venres, de 10.30 a 13.30 h (agás festivos)
Plan Madruga: de luns a venres, dende as 08.00 a 10.30 h (agás festivos)
Persoas Destinatarias
Nenos e nenas nados entre o 2012 e o 2020, ambos incluídos.
Lugar
IES Félix Muriel Rianxo– CEP Brea Segade Taragoña – CEIP Ana Mª Diéguez Asados
Prazas
Campamento: 195, distribuídas do seguinte xeito:
- IES Félix Muriel: 90
- CEP Brea Segade: 75
- CEIP Ana Mª Diéguez: 30
Plan Madruga: 45, distribuídas do seguinte xeito:
- IES Félix Muriel: 15
- CEP Brea Segade: 15
- CEIP Ana Mª Diéguez: 15
Para a realización das actividades, Campamento e Plan Madruga, deber haber un grupo mínimo de 10 participantes. O número de prazas por instalación pode variar e/ou adxudicarse a outra instalación no caso de que non se acade ese número mínimo.
Para participar no Plan Madruga é obrigatorio participar tamén no Campamento de Verán.
Cota de Inscrición
Campamento:
Cota do Plan Madruga: 30 euros (cota única)
Criterios de prioridade
-
Nenos/as empadroados/as ou cos proxenitores/titores legais empadroados no Concello de Rianxo, con necesidades xustificadas de conciliación por parte de ambos proxenitores ou do proxenitor/a que teña a custodia, e que se inscriban no campamento completo.
-
Nenos/as empadroados/as ou cos proxenitores/titores legais empadroados no Concello de Rianxo, con necesidades xustificadas de conciliación por parte de ambos proxenitores ou do proxenitor/a que teña a custodia, que se inscriban en un dos bloques.
-
Nenos/as empadroados/as ou cos proxenitores/titores legais empadroados no Concello de Rianxo e que se inscriban no campamento completo.
-
Nenos/as empadroados/as ou cos proxenitores/titores legais empadroados no Concello de Rianxo, que se inscriban nun dos bloques.
-
Non empadroados/as en Rianxo, con proxenitores/titores legais que traballen neste termo municipal e presenten necesidade de conciliación, e que se inscriban no campamento completo.
-
Non empadroados/as en Rianxo, con proxenitores/titores legais que traballen neste termo municipal e presenten necesidade de conciliación, que se inscriban nun dos bloques.
-
Resto de solicitantes.
Entendese por necesidades xustificadas de conciliación que os proxenitores/titores estean en condición acreditada de ocupación laboral, dependencia, atención a persoas dependentes ou participantes no sistema de educación ou formación regrada oficial.
No momento da inscrición marcarase a preferencia de localización e, para os efectos do sorteo, farase valer esa preferencia.
Documentación para a inscrición
- Ficha de inscrición (Descargar aquí)
- Volante de empadroamento (ou autorización para a súa comprobación)
- Xustificación das necesidades de conciliación:
- por traballo dos proxenitores: certificado de empregado público, informe de vida laboral actual, alta na Seguridade Social ou certificado laboral de empresa.
- no caso de divorcio ou separación, copia da custodia.
- participantes no sistema de educación ou formación regrada oficial: copia de matrícula, certificado de estudos en vigor ou xustificante de participación emitido polo organismo.
- por atención de persoas dependentes ou dependencia proxenitores: certificado de dependencia.
- Certificado de familia monoparental
- Título de familia numerosa
Calendario inscrición
-
Presentación de solicitudes
do luns 20 ao xoves 30 de maio
-
Publicación listaxes solicitantes
luns 03 de xuño
-
Presentación de reclamacións
martes 04 e mércores 05 de xuño
-
Listaxes definitivas
xoves 06 de xuño
-
Sorteo, no caso de ser necesario
xoves 06 de xuño
-
Matrícula e abono da cota
do mércores 12 ao mércores 19 de xuño
-
Publicación das listaxes de participantes e grupos
xoves 20 de xuño
-
Reunión de presentación
venres 21 de xuño
-
Inicio campamento
luns 24 de xuño
Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse do luns 20 ao xoves 30 de maio (ambos incluídos), no rexistro do Concello de Rianxo, segundo o modelo Solicitude de inscrición no Campamento de Verán, e, preferentemente, de forma telemática (Sede electrónica do Concello de Rianxo - Solicitude de inscrición en actividades de conciliación, anexando a ficha de inscrición. Unha solicitude por neno/a participante)
Todas as solicitudes presentadas a partir do 30 de maio non participarán no sorteo, no caso de habelo, e irán, en orde de inscrición por data e hora, ao final da listaxe de reserva xerada por este.
A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.
Publicación listaxes de solicitantes e presentación de reclamacións/emenda de documentación
O día 03 de xuño publicaranse na web do Concello a listaxe das persoas que solicitan praza no Campamento de Verán Rianxo 2024. Para estes efectos, a presentación da solicitude implica a autorización para a publicación do nome e apelidos do solicitante.
A emenda de documentación requirida ou as reclamacións a esta listaxe poderán presentaranse dende o 04 ao 05 de xuño no Rexistro do Concello de Rianxo, preferentemente de forma telemática.
Adxudicación de prazas
A praza é persoal e intransferible.
A adxudicación pode ser:
-
Por adxudicación directa, se ao remate do prazo de inscrición (30 maio) a demanda non supera o número de prazas dispoñibles:
-
Primeiro adxudícanse as prazas aos solicitantes en prazo.
-
No caso de non cubrirse, as prazas restantes, ata completar as 195 dispoñibles, cubriranse coas solicitudes feitas a partir do 30 de maio, por orde de inscrición en data e hora.
-
Unha vez cubertas as prazas totais pasarán a formar parte dunha listaxe de reserva.
-
Por sorteo, empregando medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. O sorteo realizarase seguindo os criterios de prioridade e a preferencia de instalación. O sorteo xerará tamén a listaxe de reserva.
As solicitudes dos irmáns poderán vincularse para participar no sorteo de xeito conxunto, cun único número. De non facelo, cada irmán participaría participará de forma independente co seu propio número.
O día 06 de xuño publicaranse na web do Concello de Rianxo as listaxes das persoas admitidas e as de agarda.
Documentación que deben presentar as persoas participantes seleccionadas
As persoas participantes seleccionadas deberán presentar a seguinte documentación entre os días 12 ao 19 de xuño, ambos incluídos. De non facelo, perderan automaticamente a praza e procederase a cubrila coa reserva correspondente.
-
O xustificante do pagamento (será facilitado polo Concello ben presencialmente o por correo, whatsapp,...)
-
Autorización do uso de imaxes.
-
Autorización de recollida do menor ás persoas autorizadas.
-
Autorización de saída do menor pola súa conta (en todo caso, para nenos/as maiores de 10 anos, solo se fora necesario).
-
Xustificante médico (só no caso de ser necesario).
A documentación remitirase preferentemente ao seguinte correo electrónico: campamento@concelloderianxo.gal
Tamén poderá presentarse presencialmente na Oficina de Xuventude.
Renuncia a praza obtida
No caso de que se obteña praza e finalmente non se vaia facer uso dela, deberá comunicalo por escrito, ben mediante rexistro do concello ou correo electrónico a campamento@concelloderianxo.gal, ata o 21 de xuño.
No caso de que non comunique a renuncia a praza, deberá realizar o aboamento do recibo.
Adxudicación de prazas ás listaxes de reserva
As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo, seranlles ofertadas, seguindo a orde da listaxe de reserva, ás persoas suplentes, do mesmo grupo de idade que a praza vacante. Esta adxudicación comunicarase mediante unha chamada telefónica. Para os efectos de determinar o grupo, utilizaranse os publicados o día 21 de xuño.
Chamarase á persoa interesada un mínimo de tres veces durante o prazo que vai desde o día que se produce a vacante ata as 14:00 h do día seguinte. De non contactar coa persoa interesada, esta pasará ao final da listaxe e chamarase á seguinte.
Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza, deberán presentar a documentación no prazo de 48 horas. No caso de non presentar a documentación nese prazo, a praza ofreceráselle á seguinte persoa da listaxe de espera.
A xestión da listaxe de reserva farase exclusivamente desde a Oficina de Xuventude.
Formación de grupos
Os grupos formaranse segundo data de nacemento.
So excepcionalmente, e de forma xustificada e documentada, valorarase a posibilidade de facer o cambio de grupo.
Devolución da cota
Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non puidera asistir á actividade, deberá solicitalo por rexistro antes do comezo do servizo (24 de xuño).
Todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas, tal e como se reflicte no apartado anterior, serán denegadas independentemente da causa xustificativa que se alegue na respectiva solicitude.
Comunicación coas familias
Todas as comunicacións do proceso de inscrición realizaranse a través da páxina web: https://concelloderianxo.gal/campamento2024.
Non se realizaran avisos individuais, nin por correo electrónico nin por teléfono.
Unha vez comece o campamento, as comunicacións precisas realizaranse:
-
na páxina web https://concelloderianxo.gal/campamento2024
-
nos grupos de difusión de whatsapp e grupos de difusión de telegram. A comezos do campamento publicaranse na páxina web os enlaces para unirse aos grupos.
Asemade, habilitarase un teléfono ao que as familias poden dirixirse para deixar avisos, que se fará público no comezo do campamento.
Queixas e suxestións
As persoas participantes poderán presentar por escrito todas as suxestións ou reclamacións que consideren oportunas durante o desenvolvemento do Campamento de Verán Rianxo 2024 ou no momento do seu remate.
Igualmente, poderán deixar constancia do grao de satisfacción obtido coa actividade desenvolvida e todos os comentarios ou suxestións que queiran facer ao respecto, para o que deberán cubrir o formulario de enquisa que se lles facilitará ao rematar ao campamento.
Protección de datos
Os datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro electrónico propiedade do Concello de Rianxo coa única finalidade de proceder á inscrición na actividade para a que se proporcionan os datos.
Serán unicamente cedidos á empresa adxudicataria os datos identificativos e de contacto dos participantes, así como aqueles datos de saúde ou observacións necesarios para o bo desenvolvemento da actividade.
Pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e os de limitación e oposición ao seu tratamento dirixíndose ao Concello de Rianxo, Praza Castelao, 1, 15920 Rianxo, correo electrónico dpd@concelloderianxo.gal, ou mediante o procedemento habilitado para o efecto da Sede Electrónica: sede.concelloderianxo.gal. Se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente, poderá presentar unha reclamación perante a autoridade de control en www.aepd.es. Datos de contacto do delegado de protección de datos: Ramón Santos Pérez, dpd@concelloderianxo.gal