Deportes

- Actividades Deportivas Verán 2020 - concelloderianxo

Actualidade

Actividades Deportivas Verán 2020

O Servizo de Deportes informa da apertura do prazo de inscrición para as Actividades Deportivas Municipais Verán 2020. Este ano o programa modificou o seu habitual desenvolvemento por mor das especiais condicións derivadas da emerxencia sanitaria.

Como novidade e co obxecto de organizar os grupos, este ano existe un número limitado de prazas para as actividades. No caso de superar o número máximo, realizarase un sorteo.

O prazo de inscrición vai desde o 1 de xullo ata o 9 de xullo.

Inscrición

A inscrición pode formalizarse da seguinte maneira:

Horarios

Consúltaos e descárgaos premendo aquí.

Calendario

As actividades comezan o 13 de xullo e rematan o 28 de agosto.

Actividades

Este ano, debido a emerxencia sanitaria, non haberá actividades de iniciación deportiva. As actividades son os seguintes:

Escolas Deportivas: nenos/as nados/as no 2006 ao 2013 ambos incluídos, coa excepción de patinaxe que abarcaría do 2006 ao 2015.

​​​​​​Actividades Adultos: ​​​​​​​nados/as con anterioridade ao 2006.

Actividades Clubs Deportivos: ​​​​​​​debido á emerxencia sanitaria hai entidades que non teñen oferta deportiva no verán 2020. Mais información na oficina do servizo de deportes ou nas propias entidades deportivas.