Deportes

- Andaina FESTA DO MEXILLÓN DE RIANXO - concelloderianxo

Actualidade

Andaina FESTA DO MEXILLÓN DE RIANXO

Con motivo da Cuarta Festa do Mexillón de Rianxo, a organización da festa quere presentar unha andaina que leve ós participantes a descubrir un dos concellos máis vencellados co mar e ca auga; por isto discorre polo paseo marítimo de A Torre, pola senda do río Te ata o lugar de Araño, e por parte das praias máis emblemáticas deste territorio que fai porta de entrada á bisbarra do Barbanza pola zona da ría de Arousa.

Andaina da Festa do mexillón:

Hora: 9:30 h.
Saida: Praza de Castelao (fronte ó Concello de Rianxo)
Organiza: Festa do Mexillón de Rianxo
Colabora: Clube de Remo de Rianxo, Arousa Natureza e Ocio e o Concello de Rianxo
Distancia: 15 km. (aproximadamente)
Dificultade: Baixa
Tempo máximo: 4 horas
Custe da inscrición: 5 €
Data límite inscrición: Xoves 8 de agosto

Información e inscrición:  Na web www.arousa.com