Deportes

- Éxitos do Club Xadrez Rianxo - concelloderianxo

Actualidade

Éxitos do Club Xadrez Rianxo

As rapazas do equipo feminino do Club Xadrez Rianxo veñen de proclamarse CAMPIONAS GALEGAS INFANTÍS, confirmándose o bo traballo que se está a desenvolver na Escola de Xadrez do club, integrada no Programa Deporte Base do Concello de Rianxo.

Destacar tamén a Jorge Méndez Rial, que acadou o primeiro posto na VII Copa Maristas do Circuíto Escolar 2013, celebrado en Ourense o pasado 8 de xuño.

Todos os afeccionados ao xadrez en Rianxo poden estar informados das novidades do club e www.xadrezrianxo.com e en facebook.