Deportes

- Recordatorio nota Informativa - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

Recordatorio nota Informativa

En atención ao bando informativo do Concello de Rianxo de data 13 de marzo, relativo ás medidas adoptadas para a prevención e loita contra a pandemia do Coronavirus COVID-19, recordamos sobre aquelas relacionadas do eido deportivo e que se estenderán aos vindeiros 15 días:

1.- As instalacións deportivas municipais permaneceran pechadas ao público e suspéndese todas as actividades municipais e de clubs deportivos que se desenvolven habitualmente nelas.

2.- No caso de entidades que conten con instalacións propias, recoméndase a non celebración de adestramentos ou calquera outra actividade.

3.- O Servizo de Deportes seguirá funcionando vía telefónica e/ou telemática.

Agardamos comprensión ante estas medidas e apelamos á responsabilidade individual e dos clubs deportivos antes esta situación excepcional.

CONTACTO SERVIZO DEPORTES

Telf. 981 866 381 – 661 247 136
deportes@concelloderianxo.gal