Actividades Tempada Inverno 23/24

Actividades Tempada Inverno 23/24 - Concello de Rianxo

Actividades Tempada 23/24

Actividades deportivas tempada  2023/2024, do 2 de outubro ao 31 de maio.

NOTA INFORMATIVA - 2 DE OUTUBRO

​​​​​​​
Con data de hoxe damos inicio ás actividades deportivas municipais para a tempada 2023/24, coa excepción das que teñen sede no Pavillón Municipal de Rianxo Jose Manuel Abuín "Chema", onde está previsto que se inicien o 9 de outubro, unha vez rematen as obras de substitución da cuberta.

​​​​​​​Do mesmo xeito, informamos que esta semana, a actividade de XIMNASIA DE MAIORES unicamente terá sesión o luns, suspendéndose a do mércores.

​​​​​​​Mais información no Servizo de Deportes.

Inscrición en liña: (A partir do 21 de seembro) :unha vez que se cubran os datos na mensaxe de confirmación aparecerán as instrucións para completar o pago.

​​​​​Por teléfono (981 86 63 81).

No Servizo de Deportes e nos pavillóns polideportivos de Rianxo e Taragoña. Lembra que se tes problemas para pasar pola oficina en horario de mañá, no pavillón atendémoste tamén en horario de tarde.

Horarios

Consulta os horarios das actividades premendo na seguinte ligazón:

Prazo de inscrición

  • Actividades deportivas: a partir do 21 de setembro.
  • Escolas deportivas clubs: contactar cos clubs.
  • Actividades na Piscina Municipal: prazo xa aberto.

Calendario de actividades

Actividades deportivas:

  • 2 de outubro a 31 de maio.

Actividades na piscina:

  • Consultar na Piscina Municipal.