Deportes

Deportes - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

VER CLASIFICACIÓNS DA VI CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte e o Club Atletismo Rianxo organizan a VI Carreira Popular Concello de Rianxo, o xoves 1 de novembro de 2018. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos: VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares,...

O Servizo de Deportes pon en marcha o programa de actividades deportivas municipais para a tempada 2018/19, que arrancará o vindeiro 1 de outubro con oferta en todas as parroquias do concello. A partir do mércores 19 de setembro poderán formalizarse as inscricións nas oficinas do servizo, no pavillón de Rianxo e en liña. Engádese tamén a información das escolas deportivas dos clubs...

O Club de Montaña Vintedouspés organiza a II Andaina de 25 km do Barbanza, do V Open Andainas de Regularidade de Galicia. A cita é o 30 de setembro e percorrerá camiños do concello de Rianxo. Hai dous percorridos distintos: Andaina 25 km Dificultade Media Duración estimada 5 h Saída da área recreativa de Campo Maneiro, na parroquia de Taragoña, para dirixirse ao Castro Barbudo, cunha...

O domingo 26 de agosto disputarase, no Campo de Fútbol Municipal de Vilas, a XVI edición do Torneo de Fútbol Concello de Rianxo. Participan os tres clubs do concello con equipos en categoría sénior: CCC Taragoña, que este ano exerce de organizador; S.D. Araño, que defende o título acadado o ano pasado; e C.D. Unión. Horarios dos partidos: 18:30 h. S.D. Araño - C.D. Unión 19:30 h. C.C.D....

O X Torneo Internacional Concello de Rianxo, organizado polo Club Xadrez Rianxo coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes, celebrarase o vindeiro 25 de agosto no Pavillón Municipal de Rianxo. O torneo é valedoiro para para Elo FIDE e forma parte do XIII Circuito Galego de Promoción. Información e inscricións en: xadrezrianxo.com

Os vindeiros 31 de agosto e 3 de setembro vaise celebrar unha nova edición do Torneo de Tenis Guadalupe 2018. Dúas son as categorías nas que se poderá participar: de 7 a 10 anos (minitenis), e de 10 ata 14 anos (tenis). As inscricións poderán formalizarse ata o 28 de agosto no Pavillón Municipal de Rianxo.    

O Concello de Rianxo, Barbantia Roda e o Club Atletismo Rianxo organizan a III Carreira-Andaina nocturna benéfica “Castelo da Lúa”, que terá lugar o 11 de Agosto de 2018, a partir das 21:30 h, na Praza de Castelao. Tanto a carreira coma a andaina nocturna teñen carácter popular, e nelas poderá participar calquera persoa, pois os percorridos teñen un perfil e unha distancia accesibles a...

O Servizo de Deportes publica os horarios dispoñibles para o aluguer de instalacións deportivas do 30 de xullo ao 5 de agosto. Información e reservas no Pavillón de Rianxo ou no Servizo de Deportes. As instalacións que se poden reservar son as seguintes: Pavillón de Rianxo (tenis, baloncesto, fútbol sala, balonmán, voleibol). Pavillón de Taragoña (tenis, baloncesto, fútbol sala, balonmán,...

O venres, 27 de xullo, a partir das 20:30 h. na Praza de Castelao celebrarase unha nova edición do DEPORTE NA RÚA, con actividades para tódalas idades: baloncesto 3x3, fútbol 3x3, badminton, xogos tradicionais, artes marciais, rugby, actividades de fitness... Na actividade colaborará a Piscina Municipal de Rianxo, o Club Baloncesto Rianxo, o Club de artes Marciais e Deportes de Combate de...

CLASIFICACIÓN III TRAIL SUBIDA AO PICO MURALLA CONCELLO DE RIANXO. Publicamos a clasificación e os tempos da proba celebrada o 25 de xullo: Clasificación Trail Pico Muralla. _______________________________________________________________   Xa temos nova data para o III Trail Subida ao Pico Muralla - Concello de Rianxo, organizada polo Servizo de Deportes e Barbantia Roda. A proba...

O Servizo de Deportes publica os horarios dispoñibles para o aluguer de instalacións deportivas do 23 ao 29 de xullo. Información e reservas no Pavillón de Rianxo ou no Servizo de Deportes. As instalacións que se poden reservar son as seguintes: Pavillón de Rianxo (tenis, baloncesto, fútbol sala, balonmán, voleibol) Pavillón de Taragoña (tenis, baloncesto, fútbol sala, balonmán,...

O domingo 22 de xullo diputarase en Rianxo a XV Bandeira de Traiñeiras "Concello de Rianxo", organizada polo Club de Remo Rianxo e o Concello de Rianxo. A regata pertence ao calendario da LGT-A 2018, da que o Club de Remo Rianxo forma parte. A cita é partir das 11:45 h. no peirao de Rianxo.

O Servizo de Deportes publica os horarios dispoñibles para o aluguer de instalacións deportivas do 16 ao 22 de xullo. Información e reservas no Pavillón de Rianxo ou no Servizo de Deportes. As instalacións que se poden reservar son as seguintes: Pavillón de Rianxo (tenis, baloncesto, fútbol sala, balonmán, voleibol) Pavillón de Taragoña (tenis, baloncesto, fútbol sala, balonmán,...

O vindeiro 21 de xullo celébrase a XX edición do Autocross O Castro, organizado pola Escudería Rallyactividad Competición.

O Servizo de Deportes publica os horarios dispoñibles para o aluguer de instalacións deportivas do 9 ao 15 de xullo. Información e reservas no Pavillón de Rianxo ou no Servizo de Deportes. As instalacións que se poden reservar son as seguintes: Pavillón de Rianxo (tenis, baloncesto, fútbol sala, balonmán, voleibol) Pavillón de Taragoña (tenis, baloncesto, fútbol sala, balonmán, voleibol)....

O sábado 4 de agosto disputarase en Rianxo o II TRÍATLON POPULAR CONCELLO DE RIANXO. Regulamento do II Tríatlon Concello de Rianxo Federación Galega de Triatlon (info + inscricións)

O Servizo de Deportes publica os horarios dispoñibles para o aluguer de instalacións deportivas do 18 ao 24 de xuño que,  con pequenas variacións, serán aplicables ao resto do mes de xuño. Información e reservas no Pavillón de Rianxo ou no Servizo de Deportes. As instalacións que se poden reservar son as seguintes: Pavillón de Rianxo (tenis, baloncesto, fútbol sala, balonmán,...

Publicamos o programa da última etapa do Camiño Portugués, entre Padrón e Santiago. Programa etapa 5  

O Servizo de Deportes publica os horarios dispoñibles para o aluguer de instalacións deportivas do 11 ao 17 de xuño que,  con pequenas variacións, serán aplicables ao resto do mes de xuño. Información e reservas no Pavillón de Rianxo ou no Servizo de Deportes. As instalacións que se poden reservar son as seguintes: Pavillón de Rianxo (tenis, baloncesto, fútbol sala, balonmán,...

A Deputación Provincial da Coruña, no seu labor de promoción e difusión do deporte, convoca unha serie de bolsas para axudar aos deportistas a progresar naqueles deportes que teñan un carácter individual e pertenzan a algunha das disciplinas olímpicas. Establécense tres grupos: Grupo A, 12-17 anos: deportistas nados/as a partir do 1 de xaneiro de 2001 ( incluído) que non teñan o...

A delegación do RCEPPA (Real Club Español del Perro Pastor Alemán) organiza a a LXXIX Exposición monográfica de Pastor Alemán, do 1 ao 3 de xuño. As actividades desenvolveranse no Campo de Rugby da Santa Lucía (Asados) e no Auditorio Municipal de Rianxo. Venres, 1 de xuño Adestramentos oficiais proba körung 16 h. Campo de Rugby da Sta. Lucía. Sábado, 2 de xuño Proba de körung, con...

Publicamos o programa da Etapa 4 do Camiño de Santiago, entre Caldas de Reis e Padrón. Programa Etapa 4  

A Deputación da Coruña adxudicou 5 prazas ao Concello de Rianxo para participar nos seus Campamentos Deportivos 2018. Van dirixidos a nenos e nenas entre 9 e 14 anos, ambas idades incluidas, cumpridos no presente ano 2018. O prazo de inscrición remata o 15 de xuño e celebraranse do 15 ao 20 de xullo nas instalación do Centro Calvo Sotelo ( A Coruña). INFORMACIÓN XERAL LUGAR: Centro Calvo...

O Motoclub Jas a Tope, coa colaboración do Concello de Rianxo, organiza  a XI Concentración Moteira Concello de Rianxo. As actividades desenvolveranse en Rianxiño, ao carón do IES Félix Muriel, do 1 ao 3 de xuño. Rutas mototurísticas, concertos, espectáculo de stunt e outras actividades completan o programa da concentración. Ademais haberá servizo de duchas, zona de acampada e piscina no...

O Servizo de Deportes informa que a tempada de inverno das ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS remata o venres 1 de xuño, despois de máis de 1.100 sesións en 12 modalidades de actividades físico-deportivas, nas que participaron preto de 400 persoas nas 6 parroquias do concello. A tempada de verán dará comezo o luns 2 de xullo, e o prazo de inscrición abrirase o 18 de xuño.  

A Sociedade deportiva Barbantia Roda, coa colaboración do Concello de Rianxo, organizan a Andaina Santa Compaña 2018, que se celebrará o 7 de xullo ás 22:30 horas. Convidámosvos a unha andaina nocturna "espiritual"... na que o ano pasado participaron mais de 400 persoas Punto de encontro: Campo Maneiro. Distancia: 8 km Material: lanterna ou farol. Hora de inicio: 22:30 h. Información,...

Rianxo vai ser unha das sedes, xunto co resto de Concellos de Arousa Norte, do Campionato de España de Voleibol na categoría infantil masculina. A competición, que xunta aos mellores equipos da canteira nacional, celébrase do mércores 16 ao domingo 27 entre A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira e contará con tres equipos galegos, Emevé, Santa María del Mar e Jealsa Boiro. O Pavillón...

O Servizo de Deportes informa que: O mércores 16 e o venres 18 de maio, co motivo da celebración do Campionato de España de Voleibol Infantil, non haberá Actividades Deportivas Municipais no Pavillón de Rianxo.   O martes 22 de maio, co motivo da festividade de Santa Rita, patroa dos traballadores da administración local, non haberá Actividades Deportivas e os pavillóns polideportivos...

O Concello de Rianxo presentou o ciclo de cursos de RCP e desfibrilación semiautomática dirixido ao persoal municipal e que se van a desenvolver os meses de maio e xuño. A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, e Eduardo Ces, o Técnico en Emerxencias sanitarias que impartirá os cursos. Adolfo Muíños explicou que esta formación está vinculada á adquisición por parte do...

Xa temos nova data para o III Trail Subida ao Pico Muralla - Concello de Rianxo, organizada polo Servizo de Deportes e Barbantia Roda. A proba celebrarase o 25 de xullo de 2018, mércores, e a saída da categoría absoluta será ás 10:30 h. A distancia é de 15 km cun desnivel acumulado de 671 m. Inscricións Ata o domingo, 22 de xullo, nas seguintes ligazóns de Emesports: Andaina - 3 € Trail...

Presentouse na Casa do Concello de Rianxo o CURSO CAFD DE SOCORRISMO en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas, organizado pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, coa colaboración do Servizo de Deportes e da Piscina Municipal de Rianxo. A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, Óscar Rial, director da Piscina Municipal de Rianxo, e Ramón...

Rianxo vai ser sede dun Curso CAFD Socorrismo en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas, organizado pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, coa colaboración do Servizo de Deportes e a Piscina Municipal de Rianxo. O curso ten unha duración de 535 horas formativas, cada un, repartidas como segue: 100 h. formativas, 160 h. prácticas a realizar nun centro de libre...

O 5 de maio disputarase en Rianxo unha xornada da Liga Galega de Grappling. Trátase dun Open,  aberto a todos os clubs e para todas as categorías, organizado polos clubs Club de Loita do Morrazo e  Artes Marciais Mixtas MMA Rianxo. Pola mañá serán as pesaxes e os preparativos no pavillón. O horario no que pode asistir o público é a partir das 14:30 h: Deporte Base: 16 h ...

O sábado 5 de maio desenvólvese a terceira etapa do Camiño de Santiago: as etapas do Camiño portugués en Galicia, entre Pontevedra e Caldas de Reis (23 km). Programa da etapa Plano de aparcadoiros e duchas Track      

A Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, organiza a “XIX Subida ao Castro Barbudo”  en bicicleta de montaña e, simultaneamente, unha andaina que se celebrarán o domingo 27 de maio de 2018,  con saída no lugar de Campo de Pasos e chegada na Área Recreativa de Campo Maneiro, Taragoña. A saída darase ás 09:00 horas. O prezo da...

O Servizo de Deportes informa que o vindeiro luns, 30 de abril, non haberá Actividades Deportivas Municipais para Nenos/as. O resto de actividades desenvolveranse no horario habitual.  

O 14 e 15 de abril celebrarase no Porto de Rianxo a Regata de Bateis Territorial Norte, organizada polo Club de Remo Rianxo. As xornadas clasificatorias disputaranse o sábado a partir das 17 h, e as finais serán o domingo a partir das 11:30 h.

O Pavillón Municipal de Rianxo vai acoller este sábado, 14 de abril, o Campionato Galego de Voleibol na categoría sénior masculina. O Club Voleibol Rianxo, despois de acadar o terceiro posto na liga regular, vai pelexar por un posto no máis alto do podio. Os horarios son os seguintes: 10 h. Semifinal 1 Casa y Baño Oleiros - Asesores Vila Castro Ourense.   12 h. Semifinal 2 ...

O domingo 8 de abril disputarase o III Trail Castro Barbudo, a proba que pecha o circuíto Revolutrion Trail Series Arousa Norte 2018. A presentación do evento tivo lugar na Casa do Concello e participaron Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, e Eduardo Iglesias, de Arousa Neo, organizador da proba. Adolfo Muíños falou da aposta decidida dos concellos e da mancomunidade Arousa Norte polas probas...

Presentáronse na Casa do Concello as I Xornadas de Actividade Física e Deporte, organizadas polo Seminario Galego de Deporte Base coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes e da Piscina Municipal de Rianxo. As xornadas desenvolveranse na Piscina Municipal de Rianxo nos meses de abril, maio e xuño, e abordaranse temas de nutrición, primeiros auxilios e adestramento da forza e da...

Publícase programa a listaxe de persoas inscritas para a Etapa 1. O prazo para aboar o prezo público remata o xoves, 5 de abril, ás 14 h.   Programa Etapa 1 (7 de abril) Listaxe de participantes

O 5 de maio desenvolverase a segunda das xornadas, co tema Primeiros Auxilios e impartida por Roberto Barcala-Furelos. Aínda estás a tempo de inscribirte!     O Seminario Galego de Deporte Base Concello de Rianxo organiza en Rianxo as Xornadas de Actividade Física e Deporte, coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes e da Piscina Municipal de Rianxo. As xornadas...

AVISO DE SUSPENSIÓN DA ETAPA 1 - CAMIÑO DE SANTIAGO 2018 Informamos da suspensión da etapa 1, prevista para este sábado 10 de marzo, por mor das malas previsións meteorolóxicas. Segundo o artigo 7 das bases da organización, “No caso de suspenderse unha etapa, trasladarase esa etapa á data da seguinte e así sucesivamente. “ Polo tanto, a etapa 1 desenvolverase o 7 de abril.   Publicamos...

Unha vez que rematou o prazo de inscrición (as 14 h do 2 de marzo), rexistráronse un total de 138 solicitudes para as 105 prazas ofertadas nas bases de organización da actividade. Co obxecto de atender a demanda, o Servizo de Deportes decidiu ampliar o número de prazas, co cal todas as persoas solicitantes teñen praza confirmada para a participar no Camiño de Santiago. A inscrición non se...

BASES DA ORGANIZACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO: “As etapas do Camiño portugués en Galicia”   Bases de organización Ficha de inscrición   Artigo 1.- Organización O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza o “Camiño de Santiago: as etapas do Camiño portugués en Galicia”, correspondentes ao percorrido do Camiño portugués por terras galegas. A actividade...

O Club de Piragüismo Rianxo organiza V REGATA DE KAYAK DE MAR CONCELLO DE RIANXO - II Trofeo Toffe, pertencente á XIX Liga Galega de Kayak (V Copa Sipre) da Federación Galega de Piragüismo. A Rianxo correspóndelle celebrar a primeira proba da tempada desta liga, que terá lugar o sábado 17 de febreiro. Programa 16:00 h. Inicio da regata. 18:30 h. Remate estimado. 19:00 h. Entrega de trofeos...

O Servizo de Deportes informa que, co motivo da celebración do Entroido, non haberá Actividades Deportivas Municipais os seguintes días: Actividades para nenos/as: rematan o venres 9 de febreiro e comezan o xoves 15 de febreiro.   Actividades para persoas adultas: rematan o xoves 8 de febreiro e comezan o mércores 14 de febreiro. Lembramos tamén que o vindeiro luns 12 de febreiro,...

AVISO IMPORTANTE Detectouse un erro no prazo de inscrición publicado anteriormente, polo que agora informamos que a nova data límite de presentación de inscricións é o LUNS 29 DE XANEIRO, ÁS 12 H, NO SERVIZO DE DEPORTES (tamén poderán enviarse nese prazo ao correo deportes@concelloderianxo.gal).   O sorteo das prazas farase o mesmo luns, 29 de xaneiro, ás 13 h na Casa do Concello.  ...

Mostrando o intervalo 51 - 100 de 378 resultados.