Deportes - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN XERAL
Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.
981 86 63 81 - 661 247 136
Horario inverno: 8 a 15 h.
Horario verán: 8 a 14 h.
deportes@concelloderianxo.gal
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2022
Actividades
Actualidade
AVISO IMPORTANTE Detectouse un erro no prazo de inscrición publicado anteriormente, polo que agora informamos que a nova data límite de presentación de inscricións é o LUNS 29 DE XANEIRO, ÁS 12 H, NO SERVIZO DE DEPORTES (tamén poderán enviarse nese prazo ao correo deportes@concelloderianxo.gal). O sorteo das prazas farase o mesmo luns, 29 de xaneiro, ás 13 h na Casa do Concello. ...
A Peña Cicloturista Castro Barbudo organiza, coa colaboración do Servizo de Deportes, a “VI Marcha BTT Concello de Rianxo” o domingo 4 de febreiro, a partir das 9 h. Trátase dun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña dividida, en función da dificultade, en tres rutas (Curta – 29 km), (Media - 46 km) e (Longa - 66 km) que parten da zona portuaria de Rianxo. De xeito simultáneo...
A Fundación Atlético de Madrid Galicia, coa colaboración do Concello de Porto do Son, organiza un Clinic de Nadal nas instalacións deportivas Emilio García (Porto do Son). A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 5 a 16 anos e desenvolverase do 26 ao 29 de decembro de 10 a 14 h. Para os participantes de Rianxo existe a posibilidade, en función da inscrición, de dispoñer de autobús...
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, o mércores 22 de novembro de 2017 a partir das 9 horas (aproximadamente), por refachos de vento de ata 100km/h que afectarán ás zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña. Ante a devandita situación de risco, o Servizo de Deportes comunica que: 1. Alerta laranxa, de 16 a...
O Servizo de Deportes e a Piscina Municipal organizan unha Andaina en Negro o 25 de novembro, ás 9 h, no marco da campaña RIANXO EN NEGRO da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade de Rianxo. Saída Praza de Padrón (xunto á Rianxeira), no Paseo da Ribeira. 08:45 h. Control de participantes e preparación de material. 09:00 h. Saída da andaina desde o punto sinalado. Percorrido A...
O Servizo de Deportes informa que por razóns de forza maior suspéndense as actividades deportivas que se indican a...
Debido a necesidades organizativas, o Servizo de Deportes vén de facer unha reestruturación nos horarios nas actividades que se detallan a continuación. Desta maneira, a partir do próximo MARTES 24 DE OUTUBRO, os horarios serán os seguintes: EFB: luns e mércores de 17:00 a 17:50 h (unificado con predeporte). FÚTBOL SALA I (2010 e 2009): martes de 17:30 a 18:30 h e xoves de 16:15 a 17:15 h. ...
O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte e o Club Atletismo Rianxo organizan a V Carreira Popular Concello de Rianxo, o mércores 1 de novembro de 2017. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos: V Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña. Circuíto de Carreiras...
O Servizo de Deportes e a Piscina Municipal veñen de chegar a un acordo para ofrecer, na tempada de inverno 2017-18, a Escola Municipal de Tríatlon. Despois do éxito das propostas feitas nos veráns de 2016 e 2017, o obxectivo é dar continuidade durante todo o ano a esta modalidade deportiva. A actividade denominarase Club Tríatlon Rianxo e as condicións de participación son as seguintes: ...
O vindeiro 1 de outubro, o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, en colaboración co Concello de Rianxo e Jealsa, organizan a I Andaina de 25 Km do Barbanza. A proba, que está incluída no IV Open de Andainas de Media Distancia organizado pola Federación Galega de Montañismo, terá a súa saída ás 9 da mañá desde a Área Recreativa de Campo Maneiro (Taragoña). O percorrido será de 25 km,...
O sábado, 2 de setembro, celebrarase en Rianxo o I TRÍATLON POPULAR CONCELLO DE RIANXO. INFORMACIÓN E INSCRICIÓN
A Casa do Concello de Rianxo acolleu a presentación do IX Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo, que se celebrará o sábado 26 de agosto no Pavillón de Rianxo. Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, e Xusto Ordóñez, Concelleiro de Deporte e Patrimonio Histórico, representaron ao Concello mentres que polo Club Xadrez Rianxo, organizador do torneo, participaron o seu presidente, Daniel...
O domingo 27 de agosto celebrarase o III SLÁLOM CONCELLO DE RIANXO. A proba está organizada pola Escudería Rallyactividad Competición coa colaboración do Concello de Rianxo e desenvolverase no Polígono Industrial de Té entre as 12:30 e as 18:30 h, e será puntuable para o Campionato de Galicia de Slálom. Admitiranse vehículos da agrupación I á VI e poderán participar toda clase de vehículos de...
A Casa do Concello de Rianxo foi o escenario da presentación do encontro amigable que disputarán o Monbús Obradoiro - FC Porto Basketball o vindeiro mércores, 30 de agosto, ás 20:30 h. O acto correou a cargo de Óscar Rodríguez, conselleiro do Obradoiro CAB, José Luis Mateo, director xeral do Obradoiro CAB e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo. Abriu a quenda de intervencións Óscar Rodríguez, que...
VENDA DE ENTRADAS: Servizo de Deportes: luns a venres de 8:30 a 14:30 h. Pavillón de Rianxo: Xoves 24: de 10 a 14 e de 19:30 a 22 h. Venres 25: de 10 a 14 e de 19:30 a 22 h. Sábado 26: de 10 a 14:30 e de 16 a 20 h. Luns 28: de 10 a 14 h. e de 19:30 a 22 h. Martes 29: de 10:15 a 12:15 e de 19:30 a 22 h. Mércores 30: de 10 a 13 h. e de 17:30 ao inicio do partido. O...
O 19 de agosto disputarase o XV Trofeo de Fútbol Concello de Rianxo, no que participan os tres clubs de fútbol do concello: C.C.D Taragoña, C.D. Unión e S.D. Araño. Esta edición vai ser organizada pola S.D. Araño, que defende o título acadado o ano pasado, e os partidos xogaranse no Campo Municipal de Vilas no seguinte horario: 18:30 h.: C.D. Unión - C.C.D. Taragoña 19:30 h.: S.D....
NOTA INFORMATIVA Despois da fermosa xornada deportiva vivida o sábado, desde o Servizo de Deportes queremos agradecer a tod@s @s deportistas, máis de 400, a súa participación e contribución ao fin benéfico da carreira, así como o seu bo ánimo e ganas, que converteron a proba nunha auténtica festa. Temos tamén que agradecer e recoñecer o traballo de toda a xente que está detrás dun evento...
Volvemos un ano máis co torneo de voleipraia de Rianxo, organizado polo Club Voleibol Rianxo. Celebrarase o vindeiro venres 19, na praia de Tanxil, ás 16:00 h e contará coas seguintes categorías: Menores (ata 11 anos) Sub 15 Maiores (16 anos en diante) Mixto As categorías menores xogarán todas xuntas. Tanto sub15 coma maiores dividiranse en masculino e feminino. A categoría mixta será...
O Pavillón de Rianxo acollerá o 26 de agosto o IX Trofeo Internacional Concello de Rianxo, valedeiro para o XII Circuíto Galego de Promoción e para o Circuíto. O torneo está organizado polo Club Xadrez Rianxo, conta co patrocinio do Concello de Rianxo, ademais da colaboración da Federación Galega de Xadrez, Congalsa , Conservera de Rianxo, S.A., Construcciones J. Rey e Hotel...
O vindeiro 2 de Setembro 2017 vaise a celebrar a primeira edición do Tríatlon Concello de Rianxo. Limitado a 250 plazas, por rigurosa orde de inscrición A inscrición realizarase en liña, a través da web da Federación Galega de Tríatlon. www.fegatri.org, Inscricións: Ata o martes 29 de agosto. Información e regulamento: http://fegatri.org/…/uplo…/2016/11/Regulamento-Rianxo-v2.pdf
O Salón de Plenos do Concello de Rianxo acolleu a presentación da XVIII SUBIDA AO CASTRO BARBUDO – OPEN GALEGO DE CROSS COUNTRY MARATÓN, coa presenza de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, J. Ramón Castelo Vázquez, presidente da Peña Cicloturista Castro Barbudo. A proba, organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo, o Servizo de Deportes do Concello de Rianxo e a Federación Galega de...
Este sábado, 5 de agosto, o Servizo de Deportes e a Piscina Municipal de Rianxo organizan a 4ª actividade, dentro do programa ACTIVA-T. Nesta ocasión a actividade realizarase na praia das Cunchas. Actividade: ZUMBA. Lugar: praia das Cunchas. Horario: ás 18 h. Gratuíto. Sorteo de agasallos para os participantes. En caso de choiva ou malas condicións meteorolóxicas, suspenderase a...
APRAZADO O venres 4 de agosto, a partir das 20:30 h na Praza de Castelao, celebrarase unha nova edición de DEPORTE NA RÚA, con actividades como: baloncesto 3x3, fútbol 3x3, badminton, xogos tradicionais, zumba,... Na actividade colaborará AQUAFIT, empresa concesionaria da Piscina Municipal de Rianxo, que organizará actividades de fitness, así como entidades deportivas tales como Club...
SUSPENDIDO POR PREVISIÓN DE CHOIVA O sábado, 29 de xullo, na praia de Tanxil, o Servizo de Deportes e a Piscina Municipal de Rianxo organizan a 3ªactividade dentro do programa ACTIVA-T. Actividade: GYNKANA ( Zumba Strong). Lugar: praia de Tanxil. Horario: as 18 h. Gratuíto. Sorteo de agasallos para os participantes. En caso de choiva ou malas condicións meteorolóxicas, suspenderase a...
Onte presentouse no Salón de Plenos do Concello de Rianxo a XIV BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS CONCELLO DE RIANXO, coa presenza de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e Ramón Vicente Vicente, presidente do Club de Remo Rianxo. A Bandeira celebrarase o vindeiro 30 de xullo ás 11:45 h, organizada polo Concello de Rianxo e o Club de Remo Rianxo. Os presentes explicaron os obxectivos e as...
O sábado, 22 de xullo, na praia de Tanxil, o Servizo de Deportes e a Piscina Municipal de Rianxo organizan a 2ªactividade dentro do programa ACTIVA-T. Actividade: XOGOS DE EQUIPO ( Funcional Cross). Lugar: praia de Tanxil. Horario: as 18 h. Gratuíto. Sorteo de agasallos para os participantes. En caso de choiva ou malas condicións meteorolóxicas, suspenderase a actividade
O sábado, 15 de xullo, na praia de Tanxil, o Servizo de Deportes e a Piscina Municipal de Rianxo organizan a 1ªactividade dentro do programa ACTIVA-T. Actividade: ZUMBA. Lugar: praia de Tanxil. Horario: as 18 h. Gratuíto. Sorteo de agasallos para os participantes.
A Piscina Municipal de Rianxo organiza este venres unha clase maxistral a cargo do triatleta Iván Raña, que se desenvolverá na pPraia de Tanxil a partir das 19 h. É todo un luxo ter en Rianxo a un dos grandes deportistas galegos, que nos falará de distintos detalles sobre a súa preparación: a técnica, o adestramento, a superación dos retos ou a perseveranza como medio para acadar metas. Esta...
Onte presentouse no Salón de Plenos do Concello de Rianxo o II TRAIL SUBIDA PICO MURALLA CONCELLO DE RIANXO, coa presenza de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, Manuel Gómez Villanustre, presidente da Sociedade Deportiva Barbantia Roda, Jose Navarro, director deportivo de Barbantia Roda e o atleta rianxeiro desta entidade, Juan Carlos Rodríguez Torres. O trail celebrarase o vindeiro 23 de...
Presentouse a II Carreira-Andaina nocturna benéfica “Castelo da Lúa” que se celebrará o 12 de agosto, a partir das 21:30 h, na Praza de Castelao, coa organización do Concello de Rianxo, Barbantia Roda e Club Atletismo Rianxo. A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Milagros Rey Pérez, Presidenta da Asociación ÁMBAR das persoas con diversidade funcional, Manuel...
Adrián Mosquera, o padexeiro rianxeiro que milita no Club Piragüismo Rías Baixas (Boiro) vai participar coa Selección Española de Piragüismo no Campionato Europeo absoluto que se celebrará en Plovdiv (Bulgaria), a fin de semana do 15 e 16 de xullo. Adrián partirá cara a Bulgaria o vindeiro martes e competirá en k1-l3 na distancia de 200 m. Este xoves, 6 de xullo, o Alcalde de Rianxo, Adolfo...
O Servizo de Deportes e a Piscina Municpal de Rianxo poñen en marcha o programa ACTIVA-T. Este consiste na realización dunha serie de actividades deportivas nas praias, que perseguen ofrecer unha alternativa de diversión diferente, facer promoción turística e converterse nun elemento dinamizador. O calendario desenvolverase ao longo dos meses de xullo e agosto, en horario de tarde. ...
O II Trail Subida ao Pico Muralla "Concello de Rianxo" celebrarase o 23 de xullo ás 10:30 h., organizado polo Servizo de Deportes e a Asociación Barbantia Roda. A principal novidade é o percorrido, que este ano será de 15 km, entre Rianxo e o Pico Muralla, cun desnivel acumulado de 671 m. A dureza da proba será parella á beleza do trazado, que discorrerá nunha grande parte pola ribeira...
O domingo 18 de xuño, a partir das 11:30 h, celebrarase a VII Travesía a Nado "Vila de Rianxo", organizada pola Piscina Municipal de Rianxo, en colaboración co Servizo Municipal de Deportes. A competición desenvolverase no peirao de Rianxo. Haberá 5 categorías coas seguintes distancias: Categoría A: 3000 metros. Categoría B: 2000 metros. Categoría C: 1400 metros. ...
O Campo de Municipal de Vilas vai acoller o II DEPOR CAMPUS, organizado polo Real Club Deportivo da Coruña coa colaboración do C.D. Unión (Samir Sami Matar). Celebrarase do 17 ao 21 de xullo, e vai dirixido a nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos. Información e inscrición na páxina do DEPOR CAMPUS RIANXO
INFO: Rematado o prazo de inscrición formalizaronse 8 solicitudes. O sorteo para adxudicar as 5 prazas farase o 20 de xuño ás 13 h no Salón de Plenos do Concello. A Deputación da Coruña adxudicou 5 prazas ao Concello de Rianxo para participar nos seus Campamentos Deportivos 2017. Van dirixidos a nenos e nenas entre 9 e 14 anos (nados entre o 2008 e o 2003). O prazo de inscrición remata o 16...
O Concello de Rianxo e a Sociedade deportiva Barbantia Roda organizan a Andaina Santa Compaña 2017, que se celebrará o 27 de maio ás 23 horas. O ano pasado participaron 200 persoas e nesta edición temos que rachar esta cifra e chegar a facer unha estela luminosa de 1 km de longo. Convidámosvos a unha andaina nocturna con misterio... Punto de encontro: Campo Maneiro. Distancia: 8 km ...
Información e inscrición DEPOR CAMPUS RIANXO 2017 No Salón de Plenos presentouse a edición 2017 do DEPOR CAMPUS RIANXO, que se desenvolverá no Campo de Fútbol Municipal de Vilas (Asados) do 17 ao 21 de xullo. Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, Samir Sami Mátar, presidente do C.D. Unión, e José Barcala, responsable de Metodoloxía do RCD Deportivo da Coruña, debullaron a información principal...
A selección galega de Rugby concentrarase o sábado, 22 abril, en Rianxo co obxecto de preparar o Torneo Galeuscat de Rugby a disputar polas seleccións sénior de Galicia, Euskadi e Cataluña. Trátase dunha concentración moi importante, pois dela sairá o combinado definitivo galego. Coa participación dos mellores xogadores da comunidade. Destaca a presenza de xogadores de varias...
A Primeira División Senior Autonómica chega este fin de semana ao seu desenlace. Os mellores conxuntos galegos da tempada pelexarán o 22 de abril na Fase Final da categoría. O play off masculino será o sábado en Rianxo, segundo o seguinte programa: Semifinal 1, ás 10 h.: Asesores Vila Castro - Calasancias Coruña Semifinal 2, ás 12 h.: Mexillón de Ouro...
Infórmase do calendario de actividades municipais durante a Semana Santa 2017: Nenos/as: rematan o venres 7 de abril e comezan o martes 18 de abril Adultos: rematan o venres 7 de abril e comezan o luns 17 de abril Horarios de apertura e aluguer de instalacións deportiva
O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza “Camiño de Santiago: o epílogo, de Santiago a Fisterra”, coas etapas correspondentes a continuación do percorrido do Camiño de Santiago ata Fisterra. A actividade desenvolverase en 4 etapas nos meses de abril a xuño, desde Santiago de Compostela ata Fisterra. As etapas 1ª Etapa: Santiago – Piaxe ( Albergue Alto de A Pena) ...
A Deputación da Coruña ven de publicar a Convocatoria de Bolsas para Deportistas da Provincia 2017 (BOP 38 de 23/02/2017), co obxecto de apoiar a práctica e o rendemento deportivo tanto en relación ao perfeccionamento técnico e obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles aos deportistas da...
Dos meses de marzo a xuño imos poñer en marcha a Escola de Triatlón, organizada polo Servizo de Deportes, a Piscina Municipal e o Club Natación Riveira. Calendario 14 de marzo a 17 de xuño. Instalacións Cardio express e natación: Piscina Municipal Bicicleta e técnica de carreira: IES Félix Muriel Grupos e horarios Grupo mínimo: O mínimo de inscritos en cada...
De-porte Choqueiro O vindeiro luns, 27 de febreiro, agardámosvos no pavillón nunha nova edición do De-porte Choqueiro. Entre as 16:30 h. e as 19:30 h. todos os nenos e nenas disfrazados para disfrutar dos inchables, obradoiros, xogos, música e outras actividades. Nota informativa Con motivo da celebración das festas do entroido, non haberá Actividades Deportivas Municipais os seguintes días:...
O 19 de febreiro celebrarase a V Marcha BTT Concello de Rianxo e a 2ª andaina, organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo coa colaboración do Concello de Rianxo. O programa é o seguinte: 8:00 h. Recollida de dorsais 9:00 h. Saída da marcha e da andaina do Porto de Rianxo 11:30 h. Primeiro corte 12:30...
O Club de Piragüismo Rianxo organiza IV REGATA DE KAYAK DE MAR CONCELLO DE RIANXO - I Trofeo Toffe, pertencente á XVIII Liga de Galega de Kayak (IV Copa Sipre) da Federación Galega de Piragüismo. A Rianxo correspondelle celebrar a primeira proba da tempada, que terá lugar o sábado 11 de febreiro. Programa 16:00 h. Inicio Regata. 18:30 h. Remate estimado. 19:00 h. Entrega de trofeos na Lonxa...
O sábado, 14 de xaneiro, ás 16 h., o Barbanza Rugby Club debutará como local nun encontro da 2ª División da Liga Galega de Rugby. Será un día moi especial para o deporte rianxeiro por moitos motivos, entre os que destacamos a celebración do primeiro partido oficial de rugby en Rianxo, a posta de largo do proxecto do Barbanza Rugby Club, que estableceu a súa sede en Rianxo e xa é un mais dos...
O Concello de Rianxo participa un ano mais na "CAMPAÑA DE ESQUÍ 2017", organizada pola Deputación da Coruña. Nesta edición a estancia e manutención desenvolverase en aloxamentos ubicados na Estación Invernal de Leitariegos. A Rianxo fóronlle adxudicadas 8 prazas e a quenda que lle corresponde é a 3ª, dende o 12/03/2017 ao 17/03/2017. As inscricións poderán facerse no Servizo de Deportes,...
A Federación Galega de Piragüismo vai entregar os seus premios 2016 nunha gala que se celebrará no Auditorio Municipal de Rianxo o sábado 14 de xaneiro, ás 19 h.