Deportes

Deportes - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

ACTIVIDADES DEPORTIVAS O Servizo de Deportes informa que co motivo das celebracións Entroido, non haberá Actividades Deportivas Municipais os seguintes días: Actividades Nenos/as: finalizan o venres 5 e comezan o xoves 11 de febreiro. Actividades Adultos: finalizan o xoves 4 e comezan o mércores 10 de febreiro. Asimesmo recordamos que o vindeiro luns 8 de febreiro, no Pavillón...

Este sábado o Club Baloncesto Rianxo debuta en Rianxo en partido oficial. O club naceu a finais de 2015 da iniciativa dun grupo de rianxeir@s que pretenden fomentar e consolidar este deporte no noso concello. Están participando xa no  Programa Xogade, organizado pola Xunta de Galicia nas categorías benxamín (preminibasket) e alevín (minibasket). Os encontros serán contra o Club Santa Baia...

A Deputación da Coruña organiza a Campaña de Esquí de inverno para rapaces e rapazas nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005, residentes en calquera municipio da provincia. Os participantes gozarán de cinco días na estación invernal de Leitariegos, ademais dos cursos de esquí. As inscricións realizaranse en cada concello, con data límite o 22 de xaneiro de 2016. Información:...

O Servizo de Deportes informa dos horarios de apertura e de aluguer para o Nadal. Horarios de apertura Horarios de reserva/aluguer Boas festas!  

O Servizo de Deportes informa que o vindeiro luns, 7 de decembro, se suspenden as sesións das Actividades Deportivas Municipais en todas as instalacións: pavillón de Rianxo, pavillón de Taragoña e Centro Social do Araño. Asemade, os pavillóns permanecerán pechados o martes, 8 de decembro.

O Servizo de Deportes organiza unha Xornada de Introducción á Marcha Nórdica, que se celebrará o sábado, 21 de novembro, no Pavillón de Rianxo entre as 11 e as 12:30 h. A presentación vai dirixida a persoas maiores de 16 anos, xa que se trata dunha actividade apta para todas as idades e todo tipo de condición física, que desexen coñecer os fundamentos e beneficios desta modalidade de marcha,...

O vindeiro luns celebrarase a 3ª edición da Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo, que este ano acada o record de participación con 1052 deportista, repartidos en 577 en menores e 475 na absoluta. Esperase que sexa unha grande festa do deporte, destacando a gran aceptación entre os nenos/as, que case chegan a 600. O pistoletazo de saída daráo o triatleta Uxío Abuín, recente campión do...

Publícase a convocatoria completa do Curso Federativo de Monitor de Fútbol Base que se celebrará en Taragoña a partir do 16 de novembro, organizado polo Escola Galega de Adestradores da Federación Galega de Fútbol e o CCD Taragoña, coa colaboración do Concello de Rianxo. A cota do curso é de 150,00 € e as sesións impartiranse no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña e no Campo de Fútbol...

Un grupo de persoas está a traballar na creación do Club Baloncesto Rianxo, co obxecto de implantar esta modalidade no noso concello. Os primeiros obxectivos son ampliar a Escola Deportiva de Baloncesto a dúas sesións semanais e formar dous equipos para participar no PLAN XOGADE 2015/16 (alevíns e benxamíns). A iniciativa contará co apoio do Concello de Rianxo a través do seu Servizo de...

O Servizo de Deportes informa que desde o 26 de outubro se pechan as inscricións, debido á elevada demanda, nas actividades de Fútbol Sala (Rianxo) e Predeporte (Rianxo). Informarase debidamente no caso de volver a abrir as inscricións.

O Salón de Plenos do Concello acolleu a presentación da Regata de Piragüismo Banco Sabadell Gallego, organizada polo Club Piragüismo Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e o patrocinio do Banco Sabadell Gallego. A presentación correu a cargo de David Alcalde, Vicepresidente do Club Piragüismo Rianxo, Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Xusto Ordóñez, Concelleiro de Deporte e Patrimonio...

Presentouse no  Salón de Plenos do Concello o Curso de Monitor de Fútbol Base, organizado pola Escola Galega de Adestradores e a Federación Galega de Fútbol, en colaboración co C.D.D. Taragoña. A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde de Rianxo, Manuel Mosquera, Director da Escola Galega de Adestradores da Federación Galega de Fútbol, Carlos Campaña, Secretario do...

Presentouse no Salón de Plenos do Concello a III Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo, organizada polo Concello de Rianxo e Club Atletismo Rianxo e que pertence ao III Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde Rianxo, Xusto Xosé Ordóñez Figueira, Concelleiro de Deporte e Patrimonio Histórico, ...

O Servizo de Deportes informa que o venres, 16 de outubro, celebrarase no Pavillón Municipal de Rianxo a XXVII Gala dos Dolmen de Ouro, organizada pola Federación de Empresarios do Barbanza (FEB). Con motivo da preparación do evento, suspéndese toda a actividade deportiva no pavillón desde o martes 13 ao sábado 17 de outubro. Os usuarios/as das actividades deportivas poderán asistir ás...

ULTIMA INFORMACIÓN   O vindeiro luns celebrarase a 3ª edición da Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo, que este ano acada o record de participación con 1052 deportista, repartidos en 577 en menores e 475 na absoluta. Esperase que sexa unha grande festa do deporte, destacando a gran aceptación entre os nenos/as, que case chegan a 600. O pistoletazo de saída daráo o triatleta Uxío...

AVISO Por mor do mal tempo previsto para este martes, a actividade aprázase ao vindeiro venres, 18 de setembro. O venres de Guadalupe, na Praza de Castelao, o persoal do Barbanza Golf ofrecerá a posibilidade de descubrir o Golf Pitch&Putt, unha modalidade de golf mais económica, divertida, mais rápida de xogar e de aprender, accesible a calquera idade... Entre as 11 e as 13:30 h. poderase...

Actualizaronse os horarios de apertura e aluguer dos pavillóns para a segunda semana de setembro. Lembrase que para facer a reserva hai que pasar polo Pavillón de Rianxo ou chamar ó 981 86 61 10. Horarios de apertura e aluguer.

Celebrouse na Casa do Concello a presentación do VII Torneo Internacional Concello de Rianxo ca presencia de Xusto Ordóñez, Concelleiro de Deportes, de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, e Néstor Martínez, Secretario do Club Xadrez Rianxo. Adolfo Muíños resaltou a importancia deste evento para Rianxo e traballo feito polo Club Xadrez Rianxo ao longo destes anos, especialmente coas categorías de...

Ven de presentarse no Salón de Plenos do Concello o  I Torneo de Rugby Praia de Rianxo, que se disputará a partir das 11 horas do sábado 22 de agosto na Praia de Tanxil  (Rianxo), organizado polo Club Barbanza Rugby e os Irlandeses de Rianxo. A presentación correu a cargo de: Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde Rianxo Xusto Xosé Ordóñez Figueira, Concelleiro de Deporte e Patrimonio...

CADROS E CALENDARIO DE COMPETICIÓN Publícanse os horarios das distintas modalidades deportivas. As competicións desenvolvernase desde o venres 4 ao xoves 10 de setembro. Tenis Fútbol 3x3 Fútbol 3x3 e Baloncesto 3x3 Badminton Chave Fútbol Sala Petanca Tenis de Mesa Voleibol 3x3   O Servizo de Deportes organiza as Competicións Deportivas Guadalupe, que se celebrarán do 7  ao...

Actualizaronse os horarios de apertura e aluguer dos pavillóns municipais para a segunda quincena de agosto. Para facer reservas hai que pasar polo Pavillón de Rianxo ou chamar ao 981 86 61 10.

A Federación Galega de Rugby vai organizar un CAMPUS DE RUGBY E MULTIDEPORTE do 15 ao 25 de agosto en Rianxo (Pazo de Rianxiño), dirixido a nenos e nenas de 7 a 16 anos. Os obxectivos principais sonpromocionar o rugby en Rianxo e no Barbanza, así como iniciar ao rapaces/as rianxeiros nesta modalidade, na que ademais de practicar deporte se lle da unha grande importancia aos valores como o...

AVISO! APRÁZASE O TORNEO DE PETANCA. CELEBRARASE OS DÍAS 18 E 19 DE AGOSTO EN TANXIL. O 18 e 19 de agosto disputarase na Praia de Tanxil unha nova edición do Torneo de Petanca. Esta competición, de carácter amigable e recreativo, ven celebrándose desde 1991 e nela poden participar persoas de tódalas idades. A competición é por parellas e a inscrición farase o martes 18 na propia praia, a...

O venres, 7 de agosto, a partir das 20:30 h. na Praza de Castelao celebrarase unha nova edición do DEPORTE NA RÚA, con actividades para tódalas idades: baloncesto 3x3, fútbol 3x3, badminton, xogos tradicionais... Na actividade colaborará AQUAFIT, empresa concesionaria da Piscina Municipal de Rianxo, que organizará actividade de fitness. As inscricións son de balde e faranse na Praza de...

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para o vindeiro 31de xullo unha nova edición da andaina nocturna. O punto de encontro será na Praza de Castelao ás 22:30 e percorreremos distintos camiños do concello nunha ruta de dificultade media. Actualización 28-07-2015     Roteiro circular Praza de Castelao – Praia de Tanxil – Praia das Cunchas – Aldea Vella (Abuín) –...

O Club de Remo Rianxo e o Concello de Rianxo organizan a XII Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo - Conservera de Rianxo. Celebrarase no peirao de Rianxo o día 25 de xullo, sábado, entre as 17:30 e as 20 h. e pertence ao calendario oficial da Liga Galega de Traiñeiras - B. A competición comezará ás 17:30 coa regata de Liga Feminina e a continuación disputarase a competición da LGT-B.

A Asociación Terra e Mar organiza, co gallo das celebracións das Festas de Taragoña, unha nova edición do Torneo de Fútbol Praia 5x5. O torneo vai dirixido a maiores de 15 anos e disputarase os días 17 e 18 de xullo na Praia da Torre (Taragoña). O custo inscrición é de 10 €. Mais información no 638 064 048 e no Pavillón de Rianxo. A actividade conta coa colaboración do Servizo de Deportes do...

Actualizanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais ata o 15 de agosto. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 86 61 10). Horario de apertura Horario de aluguer  

O Servizo de Deportes organiza unha andaina para o 4 DE XULLO. As inscricións poderán formalizarse na oficina de Deportes (981 86 63 81 - deportes@concelloderianxo.gal) ou no pavillón polideportivo de Rianxo (981 86 61 10) ata o venres 3 DE XULLO:   1.Punto de Encontro: Pavillón Polideportivo Taragoña (Campo Maneiro) 2. Saída: 8:30 h. 3. Lonxitude: 24 km. Tracks en kmz Tracks en kml...

O Servizo de Deportes presenta a súa programación para o Verán 2015. O luns 15  ábrese o prazo de información e inscricións e as actividades darán comezo o día 1 de xullo, excepto o campamento urbano e deportivo, que dará comezo o 6 de xullo. Información Programa Actividades Deportivas Municipais Verán 2015 Información Campamento Urbano 2015 Información Actividades Piscina Municipal ...

O C.D. organiza a terceira edición do Torneo de Fútbol Base - III Memorial EBO, que se disputará os días 29, 30 e 31 de maio no Campo Municipal de Fútbol de Vilas (Asados). O torneo vai dirixio ás categorías prebenxamín, benxamín e alevín e a competición desenvolverase segundo o seguinte programa: Venres 29: de 18:30 a 21:30 h. Sábado 30 e Domingo 31: de 9 a 21:30 h. Entre os...

Modifícanse os horarios de apertura e reserta das instalacións deportivas municipais durante o mes de xullo, coincidindo co remate das actividades de inverno 2014/15.

O Servizo de Deportes informa que o vindeiro venres, 29 de maio, rematan as Actividades Deportivas Municipais para nenos/as e para adultos correspondentes á tempada de inverno 2014/15. Na segunda quincena de xuño informaremos sobre as actividades de Verán 2015, que darán comezo o 1 de xullo.  

A Deputación da Coruña organiza unha nova edición dos Campamentos Deportivos, nos que nenos e nenas de toda a provincia disfrutarán dun amplo programa de actividades coma deportes náuticos, equitación, multiaventura, kayak, paseos en barco, tenis, voleibol, capoeira..., ademais de actividades culturais, veladas nocturnas... A Rianxo fóronlle adxudicadas 6 prazas (Grupo A) na primeira quenda,...

O mércores 29 de abril presentouse o I Depor Campus de Fútbol, organizado polo R.C. Deportivo da Coruña en colaboración co C.D. Unión e o Concello de Rianxo, e que se celebrará en Rianxo do 27 ó 31 de xullo do 2015. A presentación correu a cargo de Adolfo Adolfo Muiños, Alcalde de Rianxo, Joaquín Domínguez, Concelleiro de Deportes, Samir Sami Matar, Presidente do CD Unión, e os representantes...

O Servizo de Deportes informa que do martes 28 ao xoves 30 de abril suspéndense as Actividades Deportiva Municipais  no Pavillón Polideportivo de Rianxo, con motivo das tarefas de preparación da instalación para acoller a “II Pasarela de Moda Castelo da Lúa”. As actividades reanudaranse o luns, 4 de maio.  

O Auditorio Municipal vai acoller esta fin de semana a Copa Galicia por equipos,  organizada polo Club Xadrez Rianxo en colaboración coa Federación Galega de Xadrez e o Concello de Rianxo. COPA GALICIA DE CLUBS 2015, CATEGORÍA CADETE. DATA: Sabado, 09 de Maio de 2015. LOCAL DE XOGO: Auditorio Municipal de Rianxo (A Coruña). INSCRICIÓNS: Ata as 19:00 horas do 06 de Maio de 2015...

Este sábado, 25 de abril, desenvolverase unha Exhibición de Judo e Parkour no Pavillón Municipal de Rianxo, organizada polo CLUB IPPON DOJO. A entrada será libre e o programa de actividades é o seguinte: Exhibición de Judo: 12 h. Exhibición de Parkour: 12:20 h. Proba o Ju Parkour Do: 12:40 h. Exhibición de KATA: 12:50 h.

O Club de Piragüismo Rianxo organiza II REGATA DE KAYAK DE MAR CONCELLO DE RIANXO - CONSERVERA DE RIANXO, pertencente á XVI Liga de Galega de Kayak (II Copa Sipre). Celebrarase o sábado, 4 de abril, a partir das 16 h., no porto de Rianxo e trátase da segunda regata da liga, que se disputa a un total de nove probas. Deseñouse un triángulo de 5.000 m. na enseada de Rianxo, ao que os deportistas...

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para o vindeiro sábado 28 de marzo unha Andaina circular que discorre polo término municipal de Rianxo, percorrendo as parroquias de Rianxo, Asados, Araño e Taragoña. A actividade vai dirixida a adultos, podendo participar menores a partires dos 12 anos (de 12 a 14 anos é obrigatorio que vaian acompañados dun adulto). A andaina partirá da...

Este sábado, 7 de marzo, celebrouse a novena edición do DÍA DO DEPORTE, no que o Concello de Rianxo recoñeceu o traballo dos clubs e deportistas rianxeiros en prol do desenvolvemento do noso deporte durante 2013 e 2014. Estivo o Auditorio case cheo, pois arredor de 250 persoas, entre público e integrantes da familia do deporte rianxeiro, presenciaron a gala, que foi presentada por Xian...

Este sábado, 7 de marzo, celebrarase a novena edición do DÍA DO DEPORTE, no que o Concello de Rianxo vai recoñecer o traballo dos clubs e deportistas rianxeiros en prol do desenvolvemento do noso deporte durante 2013 e 2014. 14 clubs deportivos, 10 deportistas e 13 patrocinadores serán os principais protagonistas deste na gala que se celebrará no Auditorio Municipal a partir das 21 h. Ademais,...

O Concello de Rianxo está a preparar unha nova edición do DÍA DO DEPORTE, no que se vai recoñecer o traballo dos clubs e deportistas rianxeiros en prol do desenvolvemento do noso deporte nas anualidades 2013 e 2014. Os clubs deportivos, os deportistas máis destacados e os patrocinadores que apoian o deporte serán os principais protagonistas deste acto que xa chega á súa novena edición. Na...

Publícanse os horarios de aluguer para as datas do Entroido. O sábado 14 pola mañá o pavillón de Rianxo permanecerá pechado, e o luns acollerá o De-porte choqueiro e o espectáculo musical de Paco Nogueira "Brinca Vai de aquí a acolá".

O vindeiro luns vaise celebrar no pavillón de Rianxo unha nova edición do De-porte Choqueiro. Só tedes que disfrazarvos para poder participar. As actividades darán comezo ás 16:30 e o programa é o que segue: 16:30 a 19 h. Inchables, obradoiros, xogos... 19 a 20 h. Espectáculo musical Paco Nogueira "Brinca Vai de aquí a acolá", organizado e patrocinado pola Piscina Municipal de Rianxo...

O Servizo de Deportes informa que durante as celebracións do Entroido non haberá Actividades Deportivas nas seguintes datas: Actividades nenos/as: rematan o xoves 12 e comezan o xoves 19 de febreiro. Actividades adultos: finalizan o xoves 12 e comezan o mércores 18 de febreiro. O luns, 16 de febreiro, celebrarase unha nova edición do de-porte choqueiro, no pavillón de Rianxo: 16:30 a...

O 22 de febreiro celebrarase a III Marcha BTT Concello de Rianxo, organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo coa colaboración do Concello de Rianxo. O programa é o seguinte: 8:00 h.      Recollida de dorsais 9:30 h.      Saída das marchas do Porto de Rianxo 14:30 h.    Hora estimada da chegada. O obxectivo  desta...

Disfruta do Nadal na Piscina Municipal cun amplo programa lúdico e deportivo para toda a familia. Infórmate na recepción da Piscina (981 86 00 86 - rianxo@aquafitgestion.com). Aproveitamos para lembrar que os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro a Piscina estará pechada, e que o 24 e 31 de decembro, así coma o 5 de xaneiro, abrirá só en horario de mañá. visita de papá noel O martes, 23 de...

O Servizo de Deportes informa que o período vacacional das Actividades Deportivas Municipais durante o Nadal é o seguinte: Nenos/as: Rematan o martes 16 de decembro no pavillón de Rianxo. No resto de instalacións rematan o xoves, 18 de decembro. Adultos: Rematan o martes 16 de decembro no pavillón de Rianxo. No resto de instalacións rematan o xoves, 18 de decembro. O luns, 12 de...

Mostrando o intervalo 201 - 250 de 380 resultados.