A Axencia de emprego da Mancomunidade Arousa Norte organiza o curso “Auxiliar de atención sociosanitaria a domicilio”. Está financiado pola Deputación da Coruña no marco do fomento do emprego en igualdade de oportunidades é por elo que vai dirixido principalmente a mulleres desempregadas.
O curso realizarase dende o 10 de febreiro ata o 27 de xuño no Centro Social de Boiro en horario de 9:00 a 14:00h. Contempla un total de 485 horas, das cales 150 h serán prácticas profesionais non laborais.
O curso acolle 15 prazas e darase prioridade a persoas desempregadas, residentes en Arousa Norte, con especial dificultade de inserción laboral e con experiencia profesional relacionada.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o luns 3 de febreiro ás 13:30.
http://arousanortemprego.wordpress.com/curso-atencion-sociosanitaria/