Novas Tecnoloxías

- Rianxo Streaming Festival, creación de contidos dixitais contra o aburrimento na corentena - concelloderianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Rianxo Streaming Festival, creación de contidos dixitais contra o aburrimento na corentena

O Concello de Rianxo propón investir parte do tempo de confinamento durante esta crise cunha iniciativa de creación de contidos dixitais de todo tipo: música, contos, monólogos, divulgación... para seren publicados na canle de YouTube ou compartidos nas propias redes sociais co hashtag #RXtreaming

A fin é a de ​​​​​​​combater o aburrimento e fomentar a creatividade, ao tempo que reforzar o sentimento de pertenza a unha comunidade veciñal tan activa como a rianxeira.

O modo de participación é doado:

1. Crea o teu vídeo
Música, monólogo... o que se che ocorra!

2. Envíanolo ou Publícao
 rs@concell​​​​​​​oderianxo.gal ou publícao e etiquétao co hashtag #RXtreaming

3. Avísanos
 Por Telegram ou WhatsApp no 667 18 55 77

​​​​​​​4. Publicarémolo nas nosas redes sociais e, de ser o caso, na nosa canle de YouTube: https://www.youtube.com/playlist?list=PLh5xocokVD9BcWxQV2arzPWeEolZrr9GZ

De forma puntual, lanzaremos algún reto. Anímate e participa!