Obras e servizos

PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2025-2026 (MR7O1E) - PROXECTO PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑO RURAL ENTRE OS NÚCLEOS DE MONTEGRANDE E ATALAIA - Concello de Rianxo

OBRAS E SERVIZOS

INFORMACIÓN XERAL

981860401

obras@concelloderianxo.gal

Concellería de Obras e Servizos Municipais

Obras e servizos

PROXECTO PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑO RURAL ENTRE OS NÚCLEOS DE MONTEGRANDE E ATALAIA

PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2025-2026 (MR7O1E)

O 27/05/2025, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) no marco do Plan de mellora de camiños rurais 2025-2026, notifica o concello de Rianxo a concesión de subvención por importe de 53.739,00 € (código de procedemento MR701E); núm. de expediente: PM25-0201 para a execución do proxecto de obra  PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑO RURAL ENTRE OS NÚCLEOS DE MONTEGRANDE E ATALAIA, EN ASADOS

Orzamento total de execución por contrata (€): 65.006,85
Valor estimado(€): 53.724,67
​​​​​​​IVE(€): 11.282,18

A empresa adxudicataria resultou ser GALSUR PROYECTOS Y OBRAS, S.L.U,  por importe de 61.430,11 € Iva incluído.

As necesidades a satisfacer coa execución deste proxecto contemplan actuacións tales como: que a vía que discorre entre os núcleos rurais de Montegrande e Atalaia, disporase unha nova pavimentación completa en todo o ancho libre da vía a través de aglomerado en quente, con reparación previa de fochancas no trazado, eliminación de raíces, ca limpeza e reparación dos bordes e ca apertura e preparación de cunetas. O novo trazado será reposto con marcas viais, tanto ao centro coma laterais

Reportaxe fotográfica