Portada

Concello de Rianxo - concelloderianxo

INFORMACIÓN ESPECIAL DURANTE A CRISE DA COVID-19

​​​​​​​   


Solicitude de cita previa cos servizos municipais

 

 

ACTUALIDADE

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da corporación do 28 de maio de 2020

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da corporación municipal para o xoves 27 de febreiro de 2020 coa seguinte ORDE DO DÍA: PARTE RESOLUTIVA 1. Aprobación da acta do Pleno ordinario do 27 de febreiro de 2020 2.   APROBACIÓN   do Plan   provincial   de   cooperación   ás   obras   e   servizos   de   competencia municipal (Plan único de...

Consulta do censo electoral para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020

1. No Diario Oficial de Galicia de data 19 de maio de 2020, publicouse o DECRETO 72/2020, do 18 de maio, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o domingo día 12 de xullo de 2020. 2. En cumprimento da Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral, de 19 de xuño, establécese un servizo de consulta do CENSO ELECTORAL, co obxecto de que calquera persoa poda presentar reclamación administrativa sobre os seus datos censuais. Prazo:...

Medidas da Fase II do desconfinamento

O municipio de Rianxo pertence ás zonas que entran o luns 25 de maio na fase II do desconfinamento. Ábrese a mobilidade sen restricións horarias e para grupos máis amplos, e retómase a actividade comercial e cultural co aforo restrinxido. Sempre, mantendo as medidas de protección e as distancias coas persoas coas que non se convive, e evitando as aglomeracións. Ábrense as praias para o baño, que no caso do Concello de Rianxo serán de acceso libre, coas restricións de distanciamento...

Reunións por videoconferencia con persoas autónomas ou persoas que rexentan un pequeno negocio no Concello de Rianxo

Forma de conectarse: A través de JITSI, que é unha plataforma para falar por videoconderencia, premendo na seguinte ligazón: https://jitsi.concelloderianxo.gal/comerciolocal

Letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho Calero

O Concello de Rianxo quere homenaxear a Don Ricardo Carvalho Calero, no Día das Letras Galegas 2020, mediante unha pequena publicación onde se afonda un chisco no coñecemento do escritor ferrolán. Pinchade na descarga para descubrila. Descarga da publicación

Rianxo, xuntos por un novo comezo.

Spot de promoción do comercio local.

Agora máis ca nunca, merca no comercio local

Mercar no comercio de proximidade é a mellor forma de previr a crise económica e xerar riqueza que repercute no concello, na veciñanza, no tecido comercial e tamén no social. O comercio de proximidade, o das nosas veciñas e o dos nosos veciños, estivo aí para nós durante a crise sanitaria. A mellor forma de agradecérllelo é mercar nas súas tendas e contratar os seus servizos. Inviste en Rianxo. Merca no comercio local.

Solicitude de cita previa cos servizos municipais

Os servizos municipais atenderán, durante a desescalada do estado de alarma provocado pola epidemia da COVID-19, de forma telemática preferentemente, e para os casos nos que sexa imprescindible facelo de forma presencial, mediante a concertación dunha cita previa​​​​​​​. Solicitude de Cita Previa cos servizos municipais

Ampliación de prazo de solicitude do acollemento a local non tarifado para a taxa do lixo

Amplíase o prazo ata o venres 15 de maio

Medidas da Fase I do desconfinamento

O municipio de Rianxo pertence ás zonas que entran o luns 11 de maio na fase I de desconfinamento. Ábrese a mobilidade, pero sempre mantendo as medidas de protección e as distancias coas persoas coas que non se convive, e evitando as aglomeracións.

Facilidades para a tramitación electrónica durante o estado de alarma

Dende que se decretou o estado de alarma, deuse prioridade á tramitación electrónica, agás para aqueles trámites imprescindibles. Isto supuxo un problema para os veciños e veciñas que non dispoñían xa dun dos medios de autenticación na Sede Electrónica do concello (certificado electrónico, DNI electrónico ou Cl@ve), pois debido ás restricións de circulación, non era posible obter novos certificados. Conscientes deste feito, dende este Concello...

Rianxo con boa letra. Documental sobre a industria e a actividade económica no Concello de Rianxo

O sábado 2 de maio estreouse por streaming o documental Rianxo con boa letra, da produtora Xurdir, no que interviron Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e Ignacio Seijo, director de Xurdir. O acto foi presentado por Eva Iglesias.

O proceso de implantación de Software Libre do Concello de Rianxo, destacado polo Open Source Observatory da Unión Europea

O Open Source Observatory and Repository (OSOR), un proxecto da Unión Europea, vén de facerse eco do proceso de implantación de Software Libre no Concello de Rianxo, a través dunha entrevista co noso Departamento de Informática. Tras coñecer a posta en marcha do servidor propio de Jitsi, o sistema libre de vídeo-conferencia, Gijs Hillenius, integrante do OSOR, contactou co Departamento de Informática do Concello de Rianxo para interesarse pola situación do noso concello en canto á...

Bando informativo sobre a taxa de lixo para locais comerciais durante a crise da COVID-19

Os locais comerciais afectados pola crise da COVID-19 poden acollerse a un cambio de tarifa a outra máis vantaxosa durante o segundo cuadrimestre. MDTL Declaración para a modificacion da tarifa da taxa do lixo a local non tarifado pola COVID-19  

Recursos activos ante a violencia de xénero

A campaña Estamos contigo do Ministerio de Igualdade, da Delegación do Goberno, da Secretaría Xeral da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña pon ao noso dispor recursos de como actuar ante a violencia de xénero nestes momentos. + preto de ti  

Rianxo con boa letra. Estrea do documental sobre a industria e a actividade económica no Concello de Rianxo

O sábado 2 de maio estrearase por streaming o documental Rianxo con boa letra, da produtora Xurdir, no que intervirán Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e Ignacio Seijo, director de Xurdir. O acto será presentado por Eva Iglesias. A emisión en directo será ás 20.30 h pola canle de Youtube da produtora Xurdir: https://www.youtube.com/channel/UCGGEa0hV7mTHBfNm--HfXGA ​​​​​​​

O Concello de Rianxo implanta Jitsi, a ferramenta de videoconferencia libre

Jitsi é un proxecto libre de código aberto que desenvolve unha plataforma de vídeo-conferencia múltiple, que pode utilizar o público en xeral como unha alternativa a outras solución privativas como Skype, Hangouts, Duo ou Zoom. Pódese utilizar dende o navegador web dun computador (Linux, Windows ou macOS) sen necesidade de instalar software adicional, ou dende a App para móbiles Android e iPhone. As comunicacións son seguras, non requiren de rexistro previo e as...

Préstamo de equipos informáticos e conexións wifi entre o alumnado

O Concello de Rianxo iniciou o reparto de equipos informáticos entre o alumnado de primaria, que se completará ao longo desta semana con conexións wifi para todos aqueles alumnos e alumnas que non dispoñan do equipamento e a conectividade necesarios para poderen seguir o terceiro trimestre do curso de forma telemática. A listaxe do alumnado con estas necesidades específicas foi proporcionado polos centros educativos tras unha enquisa cos pais e coas as nais. Os equipos, que...

Nova liña de axudas para adaptar a  produción das PeME's galegas á fabricación de material sanitario e de protección

Co obxectivo de que as empresas galegas poidan reorganizar a súa produción cara a fabricación urxente de material sanitario e de protección, a Xunta aprobou unha liña de axudas dotada con 2,5 millóns de euros, cofinanciada a través do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020. O programa impulsará a reorganización produtiva para facer fronte á emerxencia sanitaria. As axudas, de ata 100.000 € en concorrencia non competitiva, cubrirán o 75% dos investimentos e...

Aviso ante correos e mensaxes fraudulentas

Aproveitando a situación de crise sanitaria e o aumento do teletraballo e as comunicacións electrónicas polo confinamento, estase a producir un incremento de correos e mensaxes de móbil falsas (que semellan vir da Axencia Tributaria, entidades bancarias, etc.) que están pensados para enganarnos e obter os nosos datos privados ou claves de acceso, coa intención de roubarnos información ou suplantarnos no acceso ás nosas contas ou equipos. SE RECIBES UN CORREO OU...

Nota informativa. Taller de memoria

Ponse en coñecemento daquelas persoas que participan nos talleres de memoria que se imparten no Araño, Asados, Leiro, Rianxo e Taragoña, que ante a imposibilidade de recibir as clases de forma presencial, poden seguir realizando a actividade recibindo as fichas de traballo a través de correo electrónico. Para recibir estes traballos, deberán poñerse en contacto telefónico con: - Concha Tfno.: 696 798 204 -Chus Tfno.: 676 157 672

Subsidio de desemprego excepcional por fin de contrato temporal

Persoas beneficiarias: Persoas traballadoras que reúnan os seguintes requisitos: Extinción de contrato de duración determinada de, polo menos, 2 meses de duración. A data de fin do contrato ha ser posterior ao 14 de marzo de 2020 (data da declaración do estado de alarma). Carecer de rendas doutro tipo, superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional, segundo art. 275 da Lei...

AVISO URXENTE sobre as máscaras que repartiu onte o Concello

URXENTE ​​​​​​​No reparto de máscaras realizado onte dábase a coñecer unha dose excesiva no microondas para este produto, que debe reducirse a un máximo dun minuto por cara da máscara. Sentimos as molestias causadas que se irán corrixindo nos vindeiros repartos.

Teléfono social 900 400 800

A Xunta de Galicia activou o Teléfono Social (900 400 800) co obxectivo de ofrecer apoio e acompañamento á poboación galega nesta situación de crise sanitaria, especialmente a aquelas persoas máis vulnerables. Neste sentido, o teléfono social diríxese a varios colectivos, entre eles as persoas que viven ou se sinten soas e queren manter unha conversa. Estas chamadas, que son atendidas por preto de 100 voluntarios e voluntarias inscritos e supervisados pola Xunta de Galicia, serven...

Axudas de Emerxencia Social Municipal (AES)

Regulamento publicado no Boletín Oficial da Provincia. Anexo 1: Solicitude. Anexo 2: Declaración de...

Modificacións fiscais establecidas para este período de abril e maio

Dentro do marco legal actual das administracións públicas, as disposicións legais sobre taxas e recadación do Concello, coa valoración do necesario equilibrio dos recursos dispoñíbeis para pagos a provedores e servizos, estas son as medidas para estes vindeiros meses, agardando mellore progresivamente a situación sanitaria e socioeconómica.

Modificación do calendario fiscal 2020. Aprazamento

O decreto da Alcaldía de 27 de marzo de 2020 modifica o calendario fiscal para o exercicio 2020 quedando tal e como se detalla a continuación: Concepto Período de cobro anterior Ampliación do período de cobro voluntario Data de carga dos recibos domiciliados Imposto sobre vehículos de...

Subsidio para empregadas do fogar afectadas polo cese ou redución de actividade

Subsidio para empregadas do fogar afectadas polo cese ou redución de actividade. ​​​​​​​Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19 As persoas que estean rexistradas como traballadoras do fogar antes da entrada en vigor do estado de alarma, que deixaron de prestar...

IG257- Préstamos avalados para apoiar as PEME's e autónomos no contexto do actual brote da COVID-19 (2020)

  Para máis información e consultas, premer na ligazón ou: - No Servizo de Atención Telemática, a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47 - A través de www.igape.es ou en informa@igape.es Finalidade / Obxectivo Favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para acceso a liquidez para as PEME's e autónomos cuxas actividades se atopen afectadas polo actual brote de...

A Xunta aboará os menús dos comedores escolares xestionados pola Administración

Axudas comedor escolar- xestión directa. COVID-19 A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación...

Servizo de información sobre as medidas económicas que está levando a cabo o Goberno debido á situación de alarma

O Concello de Rianxo ofrece un servizo de información sobre as medidas económicas que está levando a cabo o Goberno de España para combater a situación de alarma provocada pola COVID-19. Este servizo está destinado a traballadores ou traballadoras que poidan sufrir un ERTE, familias con hipotecas ou persoas autónomas afectadas pola situación. As persoas que o desexen poden contactar co Concello a través de: Teléfono: 604 022 090 Correo electrónico:...

Novas medidas contra o coronavirus

Novas medidas de axudas a empresas ante o COVID-19.  

APP gratuíta para manterse en forma desde a casa

Aquafit, xestora concesional da Piscina Municipal, e o Concello de Rianxo, chegaron a un acordo para poñer ao alcance de toda a veciñanza unha aplicación gratuíta para que poida seguir mantendo a súa actividade física mentres que dure o confinamento. Coa aplicación accédese a máis de 300 clases virtuais que se poden realizar desde casa e cando se queira. Desde

Consellería do Medio Rural: Medidas de carácter obrigatorio en relación co Covid-19

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha orde da Consellería do Medio Rural pola que adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co Covid-19 (ver esta ligazón) - Prohibe a venda directa de produtos en mercados, ata o 31 de...

Servizo de Emprego de Galicia

Como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 as oficinas de emprego pecharon ao público, pero continúan traballando para ti, ofrecendo atención telefónica e telemática para os trámites máis urxentes. Para iso, Emprego Galicia, en coordinación co Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), adoptou as seguintes medidas: Non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020. Se estás afectado/a por un...

Tramitación da prestación por cese de actividade motivado polo COVID-19

Se es unha persoa traballadora por conta propia ou autónomo/a e queres tramitar a prestación por cese temporal de actividade: a) Se tes as continxencias comúns e as profesionais cunha mutua, deberás de tramitalo coa propia mutua. b) Se tes as continxenias profesionais cunha entidade xestora da Seguridade Social, deberás de tramitalo directamente co SEPE. Máis información nesta

Prestación da Seguridade Social por cese de actividade por COVID-19

Con motivo do COVID-19 estableceuse unha prestación extraordinaria por cese de actividade para as persoas afectadas pola declaración do estado de alarma, dirixida a traballadores/as por conta propia ou autónomos/as: - A duración da prestación será dun mes (a partir de 14 de marzo) ou ata o último día do mes en que finalice o estado de alarma, de prolongarse este durante máis dun mes. - Dirixida a traballadores/as por conta propia ou autónomos/as, cuxas actividades queden...

Bando informativo sobre a xestión de residuos durante a pandemia da COVID-19

  ​​​​​​​Bando informativo sobre as medidas sanitarias respecto dos residuos que deben tomar os fogares durante a corentena, especialmente de haber algún positivo en COVID-19.  

Rianxo Streaming Festival, creación de contidos dixitais contra o aburrimento na corentena

O Concello de Rianxo propón investir parte do tempo de confinamento durante esta crise cunha iniciativa de creación de contidos dixitais de todo tipo: música, contos, monólogos, divulgación... para seren publicados na canle de YouTube ou compartidos nas propias redes sociais co hashtag #RXtreaming A fin é a de ​​​​​​​combater o aburrimento e fomentar a creatividade, ao tempo que reforzar o sentimento de pertenza a unha comunidade veciñal tan activa como a...

Teléfono do Centro de Atención á Muller do concello de Boiro

O Centro de Información á Muller do concello de Boiro  pon á disposición das mulleres que, de forma especial durante a crise provocada pola pandemia da doenza COVID-19, precisen de asesoramento ou sofran unha situación de maltrato, un teléfono de atención de 9 a 20 h. 669 582 674

Recordatorio nota Informativa

En atención ao bando informativo do Concello de Rianxo de data 13 de marzo, relativo ás medidas adoptadas para a prevención e loita contra a pandemia do Coronavirus COVID-19, recordamos sobre aquelas relacionadas do eido deportivo e que se estenderán aos vindeiros 15 días: 1.- As instalacións deportivas municipais permaneceran pechadas ao público e suspéndese todas as actividades municipais e de clubs deportivos que se desenvolven habitualmente nelas. 2.- No caso de...

Servizo de axuda a persoas en situación de dependencia e especial vulnerabilidade durante a pandemia da COVID-19

O Concello de Rianxo pon en marcha, debido á situación excepcional do estado de alarma pola pandemia da doenza COVID-19, un servizo de axuda a persoas en situación de dependencia e especial vulnerabilidade​​​​​​​, destinado a atender as necesidades básicas de alimentos, produtos de primeira necesidade e medicinas. As persoas que por diversos motivos non poidan ou non deban saír da casa para desprazarse para obter estes produtos de primeira...

Medidas extraordinarias en relación coa prestación do Servizo de Axuda no Fogar

Con motivo da situación excepcional que se está atravesando e o estado de alarma actualmente en vigor en virtude do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, é necesario establecer unha serie de medidas temporais en canto á prestación do Servizo de Axuda no Fogar: SAF DEPENDENCIA: 1. A prestación de servizos mínimos, cunha soa franxa horaria de atención, para as persoas usuarias que conviven con familiares. 2. Prestación do SAF coa intensidade habitual, ás persoas...

Suspensión de prazo a efectos de presentación de revisións anuais de Pensións non Contributiva (PNC)

Con motivo do estado de alarma actualmente en vigor en virtude do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, e de acordo coa Resolución de 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Servizo de Prestacións da Consellería de Política Social comunicou a paralización dos prazos procedimentais tanto de Risga como de PNC, incluida a presentación das revisións anuais das pensións non contributivas, ata próximo aviso. ...

Bando informativo sobre as medidas de contención da doenza COVID-19

O Concello de Rianxo e a Xunta de Portavoces quere comunicar a súa veciñanza que vai tomar medidas de prevención e loita contra a pandemia do Coronavirus COVID-19 que estamos a sufrir. A partir deste 13 de marzo todas as actividades municipais, deportivas, culturais e de servizos sociais quedan suspendidas durante os vindeiros 15 días, condicionado á evolución da enfermidade.  Afectados os seguintes centros municipais: OFICINA DE TURISMO, INSTALACIÓNS DEPORTIVAS (PAVILLÓNS,...

Suspensión das Actividades Deportivas Municipais e peche das instalacións

O Concello de Rianxo, seguindo as recomendación da Xunta de Galicia, suspende as Actividades Deportivas Municipais e pecha as instalacións desde o venres 13 de marzo ata novo aviso. Desculpade as molestias.

Axenda Barbanza, nova ferramenta da Mancomunidade Arousa Norte

A Mancomunidade Arousa Norte acaba de sacar unha nova ferramenta a Axenda Barbanza, para estar ao tanto de todas as propostas culturais da comarca. Podes filtralas por concello, data ou categoría. Podes consultala  no seguinte enlace https://axendabarbanza.gal/Inicio/ ​​​​​​​  

APRAZADA, a ópera Madama Butterfly en Rianxo

PromÓpera entidade organizadora da proposta Madame Butterfly achéganos esta nota informativa: "Para previr e conter a epidemia de COVID-19, a ópera MADAMA BUTTERFLY programada para o sábado día 14 de marzo no Auditorio de Rianxo, quedará aprazada ó 13 de xuño no mesmo lugar e á mesma hora. Todas as persoas que compraron entrada en Eventbrite, recibirán moi pronto un correo electrónico e poderán pedir a devolución do importe da mesma se non puideran ir na nova data, ou conservar...

Exposición, XIV Premio Luís Ksado de creación fotográfica

Do 12 ao 31 de marzo, no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, terá lugar a exposición dos traballos do XIV Premio Luís Ksado de creación fotográfica da Deputación da Coruña.  

SUSPENDIDA: Presentación do libro Irmandiñas, de Aurora Marco

SUSPENDIDA O vindeiro venres 13 de marzo, ás 20.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro de Aurora Marco Irmandiñas.   No acto, amais da autora, estará presente Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo), Encarna Pego (profesora e socia de Barbantia) e Xesús Santos (historiador local e socio de Barbantia). Tamén se contará coa actuación de Barahunda e Tero Rodríguez.