Portada

Concello de Rianxo - concelloderianxo

INFORMACIÓN ESPECIAL DURANTE A CRISE DA COVID-19

 

 

ACTUALIDADE

Servizo de información sobre as medidas económicas que está levando a cabo o Goberno debido á situación de alarma.

O Concello de Rianxo ofrece un servizo de información sobre as medidas económicas que está levando a cabo o Goberno de España para combater a situación de alarma provocada polo COVID-19. Este servizo está destinado a traballadores ou traballadoras que poidan sufrir un ERTE, familias con hipotecas ou persoas autónomas afectadas pola situación. As persoas que o desexen poden contactar co Concello a través de: Teléfono: 604 022 090 Correo electrónico:...

Novas medidas contra o coronavirus

Novas medidas de axudas a empresas ante o COVID-19.  

APP gratuíta para manterse en forma desde a casa

Aquafit, xestora concesional da Piscina Municipal, e o Concello de Rianxo, chegaron a un acordo para poñer ao alcance de toda a veciñanza unha aplicación gratuíta para que poida seguir mantendo a súa actividade física mentres que dure o confinamento. Coa aplicación accédese a máis de 300 clases virtuais que se poden realizar desde casa e cando se queira. Desde

Consellería do Medio Rural: Medidas de carácter obrigatorio en relación co Covid-19

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha orde da Consellería do Medio Rural pola que adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co Covid-19 (ver esta ligazón) - Prohibe a venda directa de produtos en mercados, ata o 31 de...

Servizo de Emprego de Galicia

Como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 as oficinas de emprego pecharon ao público, pero continúan traballando para ti, ofrecendo atención telefónica e telemática para os trámites máis urxentes. Para iso, Emprego Galicia, en coordinación co Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), adoptou as seguintes medidas: Non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020. Se estás afectado/a por un...

Tramitación da prestación por cese de actividade motivado polo COVID-19

Se es unha persoa traballadora por conta propia ou autónomo/a e queres tramitar a prestación por cese temporal de actividade: a) Se tes as continxencias comúns e as profesionais cunha mutua, deberás de tramitalo coa propia mutua. b) Se tes as continxenias profesionais cunha entidade xestora da Seguridade Social, deberás de tramitalo directamente co SEPE. Máis información nesta

Prestación da Seguridade Social por cese de actividade por COVID-19

Con motivo do COVID-19 estableceuse unha prestación extraordinaria por cese de actividade para as persoas afectadas pola declaración do estado de alarma, dirixida a traballadores/as por conta propia ou autónomos/as: - A duración da prestación será dun mes (a partir de 14 de marzo) ou ata o último día do mes en que finalice o estado de alarma, de prolongarse este durante máis dun mes. - Dirixida a traballadores/as por conta propia ou autónomos/as, cuxas actividades queden...

Bando informativo sobre a xestión de residuos durante a pandemia da COVID-19

  ​​​​​​​Bando informativo sobre as medidas sanitarias respecto dos residuos que deben tomar os fogares durante a corentena, especialmente de haber algún positivo en COVID-19.  

Rianxo Streaming Festival, creación de contidos dixitais contra o aburrimento na corentena

O Concello de Rianxo propón investir parte do tempo de confinamento durante esta crise cunha iniciativa de creación de contidos dixitais de todo tipo: música, contos, monólogos, divulgación... para seren publicados na canle de YouTube ou compartidos nas propias redes sociais co hashtag #RXtreaming A fin é a de ​​​​​​​combater o aburrimento e fomentar a creatividade, ao tempo que reforzar o sentimento de pertenza a unha comunidade veciñal tan activa como a...

Teléfono do Centro de Atención á Muller do concello de Boiro

O Centro de Información á Muller do concello de Boiro  pon á disposición das mulleres que, de forma especial durante a crise provocada pola pandemia da doenza COVID-19, precisen de asesoramento ou sofran unha situación de maltrato, un teléfono de atención de 9 a 20 h. 669 582 674

Recordatorio nota Informativa

En atención ao bando informativo do Concello de Rianxo de data 13 de marzo, relativo ás medidas adoptadas para a prevención e loita contra a pandemia do Coronavirus COVID-19, recordamos sobre aquelas relacionadas do eido deportivo e que se estenderán aos vindeiros 15 días: 1.- As instalacións deportivas municipais permaneceran pechadas ao público e suspéndese todas as actividades municipais e de clubs deportivos que se desenvolven habitualmente nelas. 2.- No caso de...

Servizo de axuda a persoas en situación de dependencia e especial vulnerabilidade durante a pandemia da COVID-19

O Concello de Rianxo pon en marcha, debido á situación excepcional do estado de alarma pola pandemia da doenza COVID-19, un servizo de axuda a persoas en situación de dependencia e especial vulnerabilidade​​​​​​​, destinado a atender as necesidades básicas de alimentos, produtos de primeira necesidade e medicinas. As persoas que por diversos motivos non poidan ou non deban saír da casa para desprazarse para obter estes produtos de primeira...

Medidas extraordinarias en relación coa prestación do Servizo de Axuda no Fogar

Con motivo da situación excepcional que se está atravesando e o estado de alarma actualmente en vigor en virtude do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, é necesario establecer unha serie de medidas temporais en canto á prestación do Servizo de Axuda no Fogar: SAF DEPENDENCIA: 1. A prestación de servizos mínimos, cunha soa franxa horaria de atención, para as persoas usuarias que conviven con familiares. 2. Prestación do SAF coa intensidade habitual, ás persoas...

Suspensión de prazo a efectos de presentación de revisións anuais de Pensións non Contributiva (PNC)

Con motivo do estado de alarma actualmente en vigor en virtude do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, e de acordo coa Resolución de 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Servizo de Prestacións da Consellería de Política Social comunicou a paralización dos prazos procedimentais tanto de Risga como de PNC, incluida a presentación das revisións anuais das pensións non contributivas, ata próximo aviso. ...

Bando informativo sobre as medidas de contención da doenza COVID-19

O Concello de Rianxo e a Xunta de Portavoces quere comunicar a súa veciñanza que vai tomar medidas de prevención e loita contra a pandemia do Coronavirus COVID-19 que estamos a sufrir. A partir deste 13 de marzo todas as actividades municipais, deportivas, culturais e de servizos sociais quedan suspendidas durante os vindeiros 15 días, condicionado á evolución da enfermidade.  Afectados os seguintes centros municipais: OFICINA DE TURISMO, INSTALACIÓNS DEPORTIVAS (PAVILLÓNS,...

Suspensión das Actividades Deportivas Municipais e peche das instalacións

O Concello de Rianxo, seguindo as recomendación da Xunta de Galicia, suspende as Actividades Deportivas Municipais e pecha as instalacións desde o venres 13 de marzo ata novo aviso. Desculpade as molestias.

Axenda Barbanza, nova ferramenta da Mancomunidade Arousa Norte

A Mancomunidade Arousa Norte acaba de sacar unha nova ferramenta a Axenda Barbanza, para estar ao tanto de todas as propostas culturais da comarca. Podes filtralas por concello, data ou categoría. Podes consultala  no seguinte enlace https://axendabarbanza.gal/Inicio/ ​​​​​​​  

Comezo do ciclo de Novos Intérpretes

A Escola de Música de Rianxo comeza o IV Ciclo de Novos Intérpretes, que contará con cinco concertos de Música de Cámara. O Ciclo conta coa colaboración do Concello de Rianxo e está subvencionada pola Deputación da Coruña. O deseño dos carteis están feitos por @_riquino VENRES 20 DE MARZO - 20.30 h Diego Mata Pose (piano) e  Lucia Mata Pose (fagot) VENRES 17 DE ABRIL - 20.30 h ...

APRAZADA, a ópera Madama Butterfly en Rianxo

PromÓpera entidade organizadora da proposta Madame Butterfly achéganos esta nota informativa: "Para previr e conter a epidemia de COVID-19, a ópera MADAMA BUTTERFLY programada para o sábado día 14 de marzo no Auditorio de Rianxo, quedará aprazada ó 13 de xuño no mesmo lugar e á mesma hora. Todas as persoas que compraron entrada en Eventbrite, recibirán moi pronto un correo electrónico e poderán pedir a devolución do importe da mesma se non puideran ir na nova data, ou conservar...

Exposición, XIV Premio Luís Ksado de creación fotográfica

Do 12 ao 31 de marzo, no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, terá lugar a exposición dos traballos do XIV Premio Luís Ksado de creación fotográfica da Deputación da Coruña.  

Axudas de Emerxencia Social municipal (AES)

Ordenanza que regula as Axudas municipais de Emerxencia Social

SUSPENDIDA: Presentación do libro Irmandiñas, de Aurora Marco

SUSPENDIDA O vindeiro venres 13 de marzo, ás 20.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro de Aurora Marco Irmandiñas.   No acto, amais da autora, estará presente Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo), Encarna Pego (profesora e socia de Barbantia) e Xesús Santos (historiador local e socio de Barbantia). Tamén se contará coa actuación de Barahunda e Tero Rodríguez.

Orde do día da sesión extraordinaria do Pleno do 9 de marzo de 2020 - Sorteo das mesas electorais

Convocada unha sesión extraordinaria do Pleno da corporación municipal para o luns 9 de marzo de 2020, coa seguinte ORDE DO DÍA 1. Sorteo dos membros das mesas electorais para as eleccións do 5 de abril ao Parlamento de Galicia.

Rianxo cociña o mar, guía de receitas da gastronomía rianxeira

Rianxo cociña o mar é unha publicación que recolle, da man de hostaleiros locais, as receitas máis tradicionais da gastronomía rianxeira, xunto con creacións culinarias máis innovadoras de profesionais da hostalería que reinterpretan a elaboración dos produtos locais. A guía de receitas está dispoñible para a súa descarga en formato PDF. Rianxo cociña o mar   ...

Listaxe de contratación laboral temporal de persoal para a Oficina de Turismo

O Concello de Rianxo publicou o día 27/02/2020 (BOP núm. 39) o anuncio para a creación dunha listaxe de contratación laboral temporal de persoal para a Oficina de Turismo. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación. No suposto de que se presente a instancia fóra do Rexistro Xeral do Concello, será necesario adiantala por fax ao núm. 981 866 628 ou por correo electrónico a emprego@concelloderianxo.gal,...

Licitación da rede wifi pública do proxecto WiFi4EU

O Concello de Rianxo acaba de sacar a licitación o subministro de WiFi aberta e de balde para espazos públicos do Concello. Serán máis de dez os puntos previstos que inclúen canda menos un punto por parroquia nos centros culturais, en prazas e mesmo algunha praia que este mesmo verán podería ter ese servizo. Unha vez adxudicado hai un período dun mes para executar os traballos. O Concello de Rianxo foi seleccionado como beneficiario do proxecto WiFi4EU da Axencia Executiva de...

Entroido en Taragoña, aprazado para o sábado 7 de marzo

Por mor das condicións meteorolóxicas adversas, infórmase de que o desfile de carrozas se apraza, se o tempo o permite, para o sábado 7 de marzo. A veciñanza de Taragoña organiza un desfile de carrozas de Entroido acompañado de música tradicional, obradoiros e inchables.  

Fase de zona Club de debate 2020

Este venres, 28 de febreiro, desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra a fase de zona do Club de Debate organizada polos concellos de Rianxo, Redondela e Pontevedra. O Club de Debate é unha actividade das concellarías de Normalización Lingüística para desenvolver as destrezas orais da lingua galega en distintos contextos, fomentar o debate e consolidar foros de discusión sobre temas de actualidade e de interese social. • Obxectivos: - Favorecer o uso da lingua...

Música en Feminino, ensembles da Escola de Música de Rianxo

O vindeiro sábado 7 de marzo, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto de ensembles de música da Escola de Música de Rianxo que leva por título Música en Feminino.  

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da corporación do 27 de febreiro de 2020

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da corporación municipal para o xoves 27 de febreiro de 2020 coa seguinte ORDE DO DÍA: PARTE RESOLUTIVA 1.  Aprobación da acta 1/2020 do Pleno en sesión ordinaria do 30/01/2020.  Aprobación da acta núm. 2/2020 do Pleno en sesión extraordinaria do 16/01/2020. PARTE DE CONTROL 1. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e actas da Xunta de Goberno 2. Dación de conta do Informe de seguimento...

Novo servizo de soporte do plan PEL-Concellos a cidadás e asociacións

A Deputación da Coruña está a desenvolver o proxecto PEL-Concellos no Concello de Rianxo. Dentro das actuacións, dirixidas a mellorar a dixitalización das entidades locais da provincia e a comunicación electrónica coa cidadanía, por medio de axentes dinamizadoras, o proxecto pon en marcha un novo servizo presencial de atención á cidadanía e ás entidades asociativas. O vindeiro mércores 26 de febreiro, de 9 a 14 h, unha axente do PEL estará dispoñible na Aula de informática...

De-Porte Choqueiro

O vindeiro luns, 24 febreiro, vaise celebrar, no pavillón de Rianxo, unha nova edición do De-porte Choqueiro. Só tedes que disfrazarvos para poder participar. As actividades darán comezo ás 16:30 e o programa é o que segue: 16:30 a 19:30 h. Inchables, obradoiros, xogos... Agardámosvos no pavillón!!!

Vacacións Entroido 2020

Nota informativa Con motivo da celebración das festas do Entroido, non haberá actividades deportivas municipais os seguintes días: Actividades nenos/as: rematan o venres 21 de febreiro e comezan o xoves 27 de febreiro . Actividades adultos: non paran durante o Entroido e manteñen os seus horarios habituais., agás o luns 24 de febreiro no pavillón polideportivo de Rianxo, que non haberá actividades debido á celebración do De-Porte...

Día de Rosalía de Castro 2020 en Rianxo

Luns, 24 de febreiro Caldo de Gloria no menú, como tapa ou ración, nos seguintes establecementos hostaleiros de Rianxo: Bar Abuín Parrillada Ourense O Costillar Cafetaría Braisa Bar Atalaia O Curral do Marqués Cafetaría Santa Columba Xoves, 27 de febreiro ​​​​​​​Actos de homenaxe á poeta Rosalía de Castro 9:45 h: Lecer con Rosalía, polas rúas de Rianxo - Entrega de versos de...

A mina contamina

Sábado, 22 de febreiro, ás 12:00, na Biblioteca Municipal de Rianxo. A mina contamina con pinga e lavandeira. Contacontos para familias con crianzas a partir de 6 anos. Teremos ao grupo Barahúnda, que nos poñerá a música en vivo e a colaboración especial de Tero Rodríguez

Gala entrega de premios Certame Audiovisual de Curtas Alberto Romero

O vindeiro sábado 29 de febreiro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a Gala de entrega de premios do Certame Audiovisual de Curtas Alberto Romero. A entrada é con convites, non haberá ningunha dispoñible na billeteira do Auditorio. Podes seguir a gala en directo: - Na canle da televisión do Canal Barbanza - Nas redes sociais da Asociación Alberto Romero - No sitio web www.albertoromero.org Presenta o acto Vanesa...

Conversas na de Dieste, xoves 20 de febreiro

O xoves 20 de febreiro, ás 20.30 horas, terá lugar na Casa Dieste outra conversa organizada pola Asociación Cultural Bubela de Abuín coa colaboración do Concello de Rianxo e do proxecto da Uned Senior. Nesta ocasión presentarase o libro de Xico de Carinho titulado Na harmónica e a intervención artística correrá a cargo de Xico de Carinho, Manolo Cespón, José Nine, Alba María, Os Quinquilláns, Helena de Alfonso, José Lara Gruñeiro e Orjais. A...

Uned Senior, segundo cuadrimestre

O prazo de preinscrición para o segundo cuadrimestre da Uned Senior remata o mércores 26 de febreiro. As materias que se van impartir son as seguintes: Canto tradicional e canto coral Iniciación aos teléfonos intelixentes e tabletas. Módulo II Iniciación á informática e á Internet. Módulo II Cociñando para alimentarse ben II Práctica instrumental

Entroido Rianxeiro 2020

Avance da programación do Entroido en Rianxo no 2020 promovido polo Concello de Rianxo.

Curso básico de lingua e cultura galega en Rianxo

O Concello de Rianxo organiza un Curso básico de lingua e cultura galega. O que se pretende con esta actividade formativa é acoller lingüística e culturalmente as persoas de fóra de Galiza e tamén servir de ferramenta de integración para a cidadanía que aínda non dispón dos niveis iniciais do certificado de lingua galega (Celga 1 e 2).  O curso desenvolverase entre os meses de marzo e abril, xa que para maio prevese que sairá a convocatoria de exames Celga que anualmente...

Campionato Galego de Kenpo

O vindeiro domingo, 16 de febreiro, vaise celebrar o XII Campionato Galego de Kenpo e Kumite. Ademais, tamén se vai levar a cabo o 1º Encontro Galego de Parakenpo. Galiza é o único departamento con web propia, a primeira en celebrar un Campionato Oficial con proba en Submission a nivel nacional e a primeira en celebrar tamén un encontro en Parakenpo. O inicio deste campionato será ás 9:30 h e desenvolverase no Pavillón Polideportivo de...

ENTROIDO 20, certame de carrozas

Na tarde do domingo 23 de febreiro, dentro da programación do Entroido 2020, terá lugar un Certame de Carrozas. Podedes obter máis información na seguinte documentación: Bases completas

Cursos Celga 2020

A Xunta de Galicia convoca cursos de lingua galega preparatorios das probas para a obtención dos Celga 2020. O prazo para a presentación das solicitudes é de 15 días, contados a partir do 30 de xaneiro. (O prazo remata o 19 de febreiro). Este ano haberá cursos de teleformación para preparar Celga1, Celga2, Celga3 e Celga 4. Cursos presenciais só haberá nas cidades. A convocatoria pódese consultar na seguinte

Exposición II Mostra de Arte Moderna...evolución de F. Farrapos

A sala de exposición do Auditorio de Rianxo acolle a II Mostra de Arte Moderna ... evolución de F. Farrapos, do 7 de febreiro ao 7 de marzo. A apertura de exposición terá lugar o venres 7 de febreiro ás 21.00 horas. ​

Actos Castelao, traslado para o Salón de Plenos do Concello

Por mor da choiva, o acto previsto para hoxe dentro da programación dos Actos Castelao 2020, trasládase para o Salón de Plenos do Concello de Rianxo. A ofrenda floral realizarase no Paseo da Ribeira (diante do busto de Castelao) e as intervencións de autoridades e o acompañamento musical, no Salón de Plenos do Concello.

VIII BTT Concello de Rianxo

O domingo 9 de febreiro celebrarase a “VIII Marcha BTT Concello de Rianxo”, con saída e chegada no porto de Rianxo e que percorrerá os camiños e montes rianxeiros, entrando tamén nos de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo e polo Concello de Rianxo. Trátase dun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña, dividida en función da dificultade, en tres rutas (curta – 32 km), (media - 50 km) e (longa - 72 km). De xeito...

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 30 de xaneiro de 2020

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 30 de xaneiro de 2020 coa seguinte ORDE DO DÍA: PARTE RESOLUTIVA 1. Aprobación da acta extraordinaria urxente núm. 18/2019 do 18 de decembro de 2019, e da acta ordinaria núm. 19/2019 do 26 de decembro de 2019 2. Aprobación modificación da periodicidade das sesións do Pleno 3. Delegación instrución e recadación de sancións de tráfico na Deputación PARTE DE CONTROL ...

Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión

REQUISITOS Reunir os requisitos para ser consumidor vulnerable severo establecido no artigo 3 do Real decreto 897/2017, cos límites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo. Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Ser o/a titular do contrato de subministración eléctrica. Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable...

Presentación do libro, Relatos e lembranzas de Xosé Plácido Betanzos García

Presentación do libro Relatos e lembranzas, homenaxe póstumo a Plácido Betanzos, coa participación de José Muñiz Santalla (comisión de homenaxe a Plácido Betanzos), Manuel Cartea Gómez (Barbantia) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Presenta o acto, Xosé Deira Triñanes.

Actos Castelao, presentación do venres 31 de xaneiro

Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o venres 31 de xaneiro, continúan as propostas dos Actos Castelao 2020 organizados polo Concello de Rianxo. A partir das 20.30 horas terá lugar a presentación do núm. 151 d'A Voz de Barbantia e do libro Escribirme de Hector Pose Porto, da Editorial Do Peirao. No acto, ademais do autor, estarán presentes Xesús Laíño e Milagros Torrado, da Asociación Barbantia e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo.