Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

Rianxo, luz natural

 

ACTUALIDADE

XVI Festival de Corais Arousa Norte

O sábado 10 de decembro, ás 19.30 horas, na sala Arcos Moldes celebrarase o XVI Festival de Corais Arousa Norte organizado polo Centro Cultural "Simón Varela" de Asados. Nesta edición acompañarán á Coral Polifónica Abraira de Asados a Coral Polifónica Hermano Gómez de Santiago de Compostela e a Coral Polifónica San Salvador de Camanzo de Vila de Cruces.

Teatro, Os nenos da varíola de Pérez & Fernández

O vindeiro venres 09 de decembro, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a representación teatral Os nenos da varíola a cargo de Pérez & Fernández. Está recomendada para un público maior de 8 anos. A entrada é de balde ata completar capacidade, poden retirarse dende unha hora antes na billeteira do auditorio. A proposta forma parte da II edición do  Circuíto de Igualdade da Deputación da Coruña. "Os nenos da...

Espectáculo de Danza e liberdade a cargo do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación

Grazas a colaboración do Conservatorio de Danza da Deputación podemos ofrecer un programa creado polo profesor Armando Marten e o seu alumnado que rinde homenaxe a tódalas mulleres. Actividade patrocinada por a Deputación da Coruña, na súa campaña DE FRONTE   venres 2 de decembro ás 19.30 h Auditorio Municipal de Rianxo    

Xornada informativa sobre a Factura da Luz

A Escola Galega de Consumo  ofrece o venres 16 de decembro as 11:00 da mañá no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo unha formación sobre a Factura de Luz. Un dos principais gastos dentro da economía doméstica é o destinado ao pago da factura eléctrica. Consciente da importancia que a factura eléctrica ten para o conxunto das persoas consumidoras e usuarias, a Escola Galega do Consumo conta co programa Consumo Responde. Esta xornada pretende facilitar os coñecementos...

Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo

O sábado 17 de decembro, ás 20.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo.

Festival de nadal de Vai de Roda

O vindeiro sábado 03 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o Festival de Nadal organizado pola Asociación de música e baile tradicional Vai de Roda.  

Concerto, Arte de piano

O vindeiro venres 16 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar un concerto de piano na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a cargo do alumnado da mestra Ilona Timchenko.

"Onde mais doe"

Dentro das actividades do 25N o Concello de Rianxo expón o documental "Onde mais doe", que narra a historia dun home que tras ameazar durante anos a súa exparella, asasina a golpes cunha pa a seu fillo de 11 anos. Un ano despois, un xurado popular condénao por homicidio,  facendo pleno uso das súas facultades, e determina que o crime contra o menor non buscaba outra cousa que castigar á nai. No feito no que nos baseamos concorren a violencia, o acoso, o asasinato dun fillo para...

Charla "Suicidio e Xénero"

Andaina Pro Saude Mental ofrecerá o martes 29 de novembro as 17:30 no Auditorio de Rianxo unha charla informativa sobre a prevención da conduta suicida con perspectiva de xénero, dentro do Programa Integral para a mellora na detección e intervención en risco de suicidio  nas comarcas de Ordes e Ulla-Sar.

Auxiliares administrativos para coberturas puntuais de postos en caso de necesidade urxente

O Concello de Rianxo está realizando un proceso de selección para o nomeamento de funcionarios interinos como auxiliares administrativos-as para posibles coberturas puntuais de postos en caso de urxente necesidade. Tal como establecen as bases, presentouse a oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, na súa oficina de Boiro, e recibiuse a listaxe de persoas aspirantes.

OBRADOIRO NA AULA ACTIVA DO MAR

Obradoiro Crea o teu fondo mariño na Aula Activa do Mar, o sábado 26 de novembro de 11.30 a 13.00 horas. Máis información e inscricións no teléfono 698148569 ou no correo-e museodemanuelantonio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou aulaactivadomar@concelloderianxo.gal

Selección dunha praza de funcionario/a de carreira para técnico de administración xeral para secretaría

Mediante acordo na Xunta de Goberno Local de data 01/09/2022, procedeuse á aprobación e convocatoria das Bases de selección dun funcionario/a de carreira nunha praza de Técnico Administración xeral para secretaria pertencente á Escala de Administración Xeral, Subescala Técnica, Clase Técnico Superior, incluída na oferta de Emprego Público do Concello de Rianxo para o ano 2019.

Lectura do Manifesto contra a Violencia de Xénero e concerto de A Banda Da Loba

O 26 de novembro, tras a Andaina en Negro, contra as violencias machistas, organizada polo Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, as 13:00 expoñerase un manifesto na Praza de Castealo por Esperanza Mara, no que mezclará a lectura co canto e a continuación “A banda dá Loba” estará en concerto.

PLAN MADRUGA, CURSO ESCOLAR 2022-2023.

CONVOCATORIA PARA O PLAN MADRUGA DO CONCELLO DE RIANXO, NO CURSO ESCOLAR 2022-2023. Obxecto da convocatoria: Ofrecer un servizo de conciliación ás familias, mediante a ampliación do horario lectivo do alumnado dos centros escolares C.E.I.P. ADR Castelao, C.E.P. Brea Segade, e C.E.I.P Ana María Dieguez. O servizo é un espazo de recepción e atención dos nenos e nenas nas horas previas ao comezo da xornada escolar. Na que poderán levar o almorzo e na que...

Obradoiro dual de emprego "PAZO DE RIANXIÑO"

O Concello de Rianxo vai poñer en funcionamento o Obradoiro dual de emprego “PAZO DE RIANXIÑO” co obxectivo de formar a 15 alumnos/as traballadores/as na especialidade de "Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes". As persoas aspirantes para participar no proceso do alumnado terán que estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia; tamén deberán comprobar que están axeitadamente inscritas no Servizo Público de Emprego e que reúnen os requisitos...