Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

Rianxo, luz natural

 

ACTUALIDADE

V CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES, Theis Saxophone Quatet

Comeza o V CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES, co concerto da agrupación Theis Saxophone Quatet. Terá lugar o domingo 01 de outubro ás 12.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.  

Orde do día da sesión ordinaria do pleno da Corporación do 29 de setembro

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o vindeiro xoves 29 de setembro coa seguinte ORDE DO DÍA: ​​​​​​​PARTE RESOLUTIVA 1. APROBACIÓN ACTA Nº 9 DO PLENO EN SESIÓN ORDINARIA DE 28/07/2022 2. RATIFICAR POLO PLENO MUNICIPAL A RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Nº 724/2022 de data 09/09/2022: APROBAR O CONVENIO DE COLABORACIÓN A SUBSCRIBIR ENTRE OS CONCELLOS DE DODRO, PADRÓN, ROIS VALGA E RIANXO PARA A XESTIÓN COMPARTIDA DO;...

Obradoiro de Emprego Pazo de Rianxiño

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia ven de conceder unha subvención ao Concello de Rianxo para o desenvolvemento do OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO PAZO DE RIANXIÑO por importe de 377.990,25 euros. O obradoiro irá destinado a 15 alumnos/as-traballadores/as, con contratos de formación dunha duración de 12 meses e o seu correspondente profesorado. O alumnado recibirá formación no ámbito da INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE XARDÍNS E ZONAS VERDES que se centrarán nos...

Aula Socioculturais e ocio educativo 2022

O programa de Aulas Socioculturais e Ocio Educativo articúlase como unha proposta de animación sociocultural, difusión da cultura popular e educación de adultos, enmarcada nas competencias que lle atribúe os artigos 25.1. e 25.2.m da Lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das Bases do Réximen Local, e os artigos 80.1 e 80.2.n da lei de Galicia 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. A finalidade é Promover e potenciar o desenvolvemento individual e colectivo da...

Música tradicional e canto coral

MÚSICA TRADICIONAL E CANTO CORAL Finalidade.- Enfocada como unha actividade que promove a interacción entre persoas adultas e maiores a través da música vocal, fomentando o ocio creativo e o envellecemento activo en tanto contribución a unha mellor calidade de vida, pretende introducir diversos contidos básicos en canto linguaxe e cultura musical, técnicas de voz, escoita activa, traballo en equipo e interpretación musical en grupo. ...

Descubrindo a arte dramática: o teatro

DESCUBRINDO A ARTE DRAMÁTICA: O TEATRO Finalidade.- Introducir o teatro en tanto xénero literario e feito escénico, contribuíndo ao desenvolvemento integral da persoa a través da expresión física, a linguaxe creativa, o exercicio da memoria e o desenvolvemento de interacción persoal Docente: Amantia Coello Rodríguez Destinatarios.- Maiores de idade. Terán preferencia as persoas maiores de 55 anos. Carga...

Iniciación á escultura en Cartón Pedra

INICIACIÓN Á ESCULTURA EN CARTÓN PEDRA Finalidade.- Introducir as técnicas básicas de traballo co cartón-pedra (materiais, ferramentas, manipulación, etc.), realizando unha peza conxunta entre todos os participantes e unha peza individual cada un deles. Destinatarios.- Maiores de 16 anos (menores de 12 anos: só acompañados dun adulto e traballando na mesma peza individual). Carga horaria: 24:30 horas Localización: Pazo de...

INICIACIÓN Á ESCRITA CREATIVA: A CONSTRUCIÓN DAS SOMBRAS

INICIACIÓN Á ESCRITA CREATIVA: A CONSTRUCIÓN DAS SOMBRAS  Finalidade.- Introducir as técnicas de narración literaria escrita e creación dun conto ou narración individual e colectivo. Docente: Antón Riveiro Coello. Escritora invitada: Berta Dávila Destinatarios.- Maiores de 15 anos Carga horaria: 20 horas Localización: Centro Sociocultural-Auditorio...

INICIACIÓN AO GRAVADO: LINOGRAVADO E PUNTA SECA

INICIACIÓN AO GRAVADO: LINOGRAVADO E PUNTA SECA Finalidade.- Introducir as técnicas básicas de gravado (preparación de matriz, transferencia, entintado, etc.) en linogravado e punta seca. Docente: José Fernández Míguez Destinatarios.- Maiores de 16 anos. Carga horaria: 24 horas Localización: Liceo (baixo) Horario: De 10:00 a 13:00 Calendario: Sábados 15, 22 e 29 de...

Obradoiro de marcapáxinas no Museo

A Casa Museo de Manuel Antonio organiza un obradoiro de marcapáxinas, en colaboración coa Aula Activa do Mar, para a mañá do sábado 1 de outubro na planta baixa do museo situado na rúa de Abaixo. A actividade está destinada a nenas e nenos de 5 a 12 anos, cunha duración aproximada de 45 minutos, á que se poderá acceder ao longo da mañá, entre as 10:30 e as 13:00 horas. É recomendable reservar praza . ...

Goza do Ulla: As Trece Cruces

O Concello de Rianxo organiza a ruta de sendeirismo "As Trece Cruces", dentro do programa Goza do Ulla 2022, o sábado 8 de outubro. O trazado previsto é unha ruta circular que percorre varios lugares destacados da contorna da desembocadura do río Ulla. Destaca a punta Patiño ou de Trece Cruces, onde se atopa un Vía Crucis marítimo-fluvial con fantásticas vistas e espazo de interese para a observación de aves. Tamén...

Asociación Alberto Romero, obradoiro audiovisual

A asociación Alberto Romero organiza un obradoiro audiovisual nos Concellos do Barbanza. Concretamente en Rianxo serán os días 22 e 29 de outubro de 12.30 a 14.00 na Aula de Informática do Concello de Rianxo. Está destinado a rapazada entre 7 e 18 anos. Máis información e inscricións no correo-e info@albertoromero.org ou no teléfono 981 107 906. Sitio web da asociación Alberto...

ASOCIACIÓN ALBERTO ROMERO, queres crear a túa propia película?

A Asociación Alberto Romero vai impartir unha actividade extraescolar Queres crear a túa propia película? para a mocidade entre 7 e 18 anos. A proposta desenvolverase na aula de informática do Auditorio de Rianxo, os xoves de 18.00 a 19.00 horas nos meses de outubro a decembro do 2022. Máis información e inscricións no correo-e info@albertoromero.org ou no teléfono 981 107 906.

Teatro infantil, Ris Ras a cargo de Baobab Teatro

Enmarcado nas propostas de Rede Cultural da Deputación da Coruña a compañía Baobab Teatro achégase ao Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 01 de outubro, ás 18.00 horas, co seu espectáculo Ris Ras. ​​​​​​​Está destinado a un público familiar con crianzas de 1 a 8 anos. Duración: 45 minutos Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa) É un...

Actividades Deportivas Municipais Inverno 2022-2023

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para as Actividades Deportivas Municipais para a tempada de inverno 2022-2023. É unha oferta amplia que como NOVIDADE volve a retomar as actividades de INICIACIÓN DEPORTIVA (4 A 7 ANOS) e a inclusión de Patinaxe Artístico (límite de prazas). Esta oferta chega a un amplo rango da poboación e ten un carácter descentralizado, con propostas en todas as parroquias rianxeiras, co...