Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

ACTUALIDADE

Certame artístico "Cousas", convocado polo IES Félix Muriel de Rianxo

Castelao foi un creador que deixou a súa pegada persoal en moitos ámbitos; mais seguramente foi a narrativa o xénero no que a súa orixinalidade ficou máis explícita coa invención das "cousas". En 1924 comezou a publicar Cousas da vida nas portadas de Galicia e Faro de Vigo. Tratábase dunha serie de debuxos cun breve texto ao pé. Posteriormente, ese texto foi medrando até se converter nun microrrelato ou nun relato curto que unhas veces acentuaba os elementos dramáticos e outras veces o...

Día de Rosalía en Rianxo, traslado para o 17 de maio

Por mor das condicións meteorolóxicas adversas prevista para a tarde do 23 de febreiro, o Acto de lembranza a Rosalía de Castro trasládase para o venres 17 de maio. -------------------------------------------------------------------------- Día de Rosalía en Rianxo. Acto de lembranza a Rosalía de Castro. Recital poético aberto á veciñanza, entidades asociativas, alumando dos centros escolares do concello. Ofrenda floral e Acompañamento musical. ...

Certame Cousas do IES Félix Muriel

1ª convocatoria do Certame artístico Cousas do IES Félix Muriel de Rianxo. No certame poden participar todas as persoas menores de 19 anos que estean cursando ESO, Bacharelato e Formación profesional no curso escolar 2023-24. O prazo para presentar as obras remata o vindeiro 31 de marzo de 2024. Podes consultar as bases na propia web do certame https://certame-cousas97.webnode.pt/

Mércores formativos en Rianxo

Continúan os faladoiros en Rianxo  organizados polo Concello de Rianxo en colaboración con AGADEA. Estas sesións de faladoiros están destinadas ás persoas coidadoras de persoas con demencia e a cidadanía en xeral. Inscrición gratuíta: Nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello (Ctra. Tanxil, 12, Telf:981860061) No email:  comunicacion@agadea.org  E-Saude: https://acortar.link/q8P8Yf...

Cese das emisións da TDT en definición estándar

O Concello de Rianxo dá traslado deste comunicado enviado pola FEGAMP sobre o cese das emisións de TDT en definición estándar: Ante a previsión do fin das emisións en calidade estándar (SD) da TDT para o vindeiro 14 de febreiro de 2024, despois de que se ampliase o prazo desde o 1 de xaneiro de 2023, e das informacións aparecidas nos medios de comunicación sobre a afectación desta situación aos concellos e usuarios que teñen que empregar un decodificador vía satélite en Galicia,...

Axudas de formación en linguas estranxeiras para alumnado de bachillerato

A Xunta de Galicia convoca axudas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B). A axuda recolle os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos, os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade, os gastos de docencia e o material...

Proceso extraordinario de estabilización do persoal do Concello de Rianxo_Lei 20/2021

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o xoves 29 de decembro as bases xerais e específicas do proceso extraordinario de estabilización ao abeiro do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no emprego público e que rexerán os procesos selectivos para a cobertura de 59 prazas de persoal para o Concello de Rianxo. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o venres 30 de decembro a convocatoria dos procesos selectivos...

O Camiño de Santiago 2024: O Camiño Primitivo

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza o “Camiño de Santiago 2024: O Camiño Primitivo”, que se corresponde ao percorrido do Camiño de Santiago con saída desde A Fonsagrada (Lugo). A actividade desenvolverase en 6 etapas, nos meses de Marzo, Abril e Maio, desde A Fonsagrada ata Santiago de Compostela. O prazo de inscrición xa está aberto, e remata o 21 de febreiro ás 14 h. As preinscricións poderán formalizarse do seguinte enlace da plataforma Cluber,...

Horario Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo

Horario Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo

Entroido rianxeiro, programación do venres 09 ao sábado 17 de febreiro

Pincha no cartel para consultar a programación.

Entroido en Taragoña

ENTROIDO EN TARAGOÑA: con inchábeis, obradoiros e xogos diversos; concurso de carrozas e acompañamento musical con Estróupele e Lusco e Fusco. Parodia do programa Luar con Román Castaño e con Todomal.gal e gran fin de festa coa orquestra Metrópolis e DJ Sound Ivan. DÍA:  sábado 17 de febreiro HORA: a partir das 16.30 horas LUGAR: Campo de Pazos (Taragoña) Organizado pola Asociación Cultural Campo Maneiro Comisión de Festas de Taragoña...

Entroido no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro

ENTROIDO NO CENTRO CULTURAL VICENTE VIDAL DE LEIRO, andaina choqueira e posterior cocido. DÍA:  sábado 10 de febreiro HORA: a partir da mañá LUGAR: Centro Cultural Vicente Vidal (Leiro) Organizado polo Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro e o Concello de Rianxo.

Entroido no Araño

ENTROIDO NO ARAÑO, ambiente familiar con filloas, música coa Charanga Vila de Noia e premios por categorías. DÍA:  sábado 10 de febreiro HORA: a partir das 16.30 h LUGAR: centro Cultural da Capela Organizado pola Asociación de Veciños do Araño e o Concello de Rianxo.

Festa de Entroido

FESTA DE ENTROIDO, sesión vermú a cargo do grupo Mar D'Arousa, a partir da 18.00 música con DJ Jalaiko e a noitiña Mar D'Arousa e DJ Matrek DÍA:  sábado 10 de febreiro HORA: todo o día LUGAR: carpa na Praza de Castelao (Rianxo) Organizada pola Comisión de Festas do Carme de Rianxo e o Concello de Rianxo coa colaboración da Asociación Rianxeira de Empresarios.

Entroido Made in Jalisia

ENTROIDO MADE IN JALISIA, coas actuacións The Cuncas e Bruno DeeJay DÍA:  venres 09 de febreiro HORA: a partir das 22.00 h LUGAR: carpa na Praza de Castelao (Rianxo) Organizado polo Concello de Rianxo xunto coa Asociación Festival Rock in Rian e a Comisión Juadalupeñas.