Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

ACTUALIDADE

Ciclo de Novos Intérpretes, Aida Saco (piano)

Retómase o Programa de música de Cámara 2021, nesta ocasión cun concerto a cargo de Aida Saco ao piano, no que interpretará pezas de Liszt, Ravel e outros. O concerto será o vindeiro venres 8 de outubro ás 20.30 horas. Entrada de balde, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14.00 horas do mércores 6 de outubro. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme dende o auditorio. Compositora e pianista concertista...

Teatro, Estrela do día a cargo de Producións Excéntricas

Estrela do día, a nova peza teatral de Producións excéntricas achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, será o vindeiro sábado 9 de outubro ás 20.30 horas. A representación está indicada para un público maior de 13 anos e ten unha duración de 100 minutos. Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14 horas do xoves 7 de outubro. A reserva...

Tríptico teatral, Soga e cinsa a cargo de Aporía Escénica

O venres 1 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a representación do tríptico teatral para 11 bruxas en 101 minutos Soga e Cinsa a cargo da compañía Aporía Escénica. Está recomendada para un público maior de 13 anos. Duración 101 minutos. As entradas son gratuítas, previa reserva de localidades no enderezo concelloderianxo.gal/reservas ata as 14.00 horas do mércores 29 de setembro. A reserva...

Espectáculo de danza, DeMente a cargo da compañía de Fran Sieira

O vindeiro sábado 2 de outubro, ás 20.30 horas, a compañía de danza de Fran Sieira achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co espectáculo DeMente. A entrada é gratuíta previa reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas (preferentemente) ata as 14.00 horas do xoves 30 de setembro. A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da...

Roteiro guiado: Vila de Rianxo

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza un roteiro guiado con prazas limitadas para dar a coñecer algúns dos puntos de interese rianxeiros máis destacados. O lugar e hora de inicio da ruta será o indicado a continuación. HORARIO E LUGAR DE INICIO: Sábado 9 de outubro – 11:00 – Praza de Rafael Dieste (Coordenadas: 42.650543, -8.818816). - INSCRICIÓN (obrigatoria): Nos puntos de Información turística de Rianxo ou no teléfono 604023753. - Prazo límite de...

Obradoiros de tecnoloxía STEAM, derrubando estereotiopos.

A (Asociación Galega de empresas de Software Libre (AGASOL), no marco do seu convenio de colaboración coa AMTEGA, ofrece dous talleres dentro do proxecto Girl STEAM, derrubando estereotiopos, que está xirando por 18 concellos. O obxectivo deste proxecto é motivar as vocacións tecnolóxicas entre a mocidade, especialmente entre as rapazas, para que aposten por carreiras STEAM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas) e polas profesións...

Obradoiro de iniciación ao gravado

En Rianxo vai desenvolverse un obradoiro de iniciación ao gravado os sábados 9, 16, 23 e 30 de outubro de 10.00 a 13.00 horas, enmarcado no proxecto polo centenario de Faustino Rey Romero. Está destinado para persoas maiores de 16 anos. É gratuíto pero necesítase unha inscrición previa no correo-e cultura@concelloderianxo.gal ​​​​​, ata as 12.00 horas do xoves 7 de outubro e/ou ata esgotar prazas 15 dispoñibles. As...

IX Xornadas arredor da música tradicional

AGG organiza o vindeiro venres 24 e sábado 25 de setembro, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e coa participación do Concello de Rianxo, a novena edición das Xornadas arredor da música tradicional, con relatorios de investigación vencellados á nosa cultura e a presentación novas publicacións e cuxo programa podes ver a continuación: PROGRAMA: VENRES 24 SETEMBRO 17.00 – Relatorio I “’De raíz galega’: os...

Youtubeiras 2021, Magnetismo en liña

Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña Os galardóns, que este ano teñen como lema ‘Magnetismo en liña’, repartirán un total de 7.500 euros entre as persoas gañadoras da ducia de categorías nas que se divide o certame: canle, vídeo, youtubeiro/a, calidade...

TEATRO, Cataturxia a cargo de Teatro Airiños

Volve o teatro á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo da man do grupo de teatro Airiños, o sábado 25 e o domingo 26 de setembro realizarán dúas funcións de Cataturxia, cata de textos breves do teatro galego contemporáneo. A entrada ten un custe de 3 € (a pagar no momento de acceder á función) e para reservala envía unha mensaxe no correo-e entradasairinhos@gmail.com ​​​​​​​(máximo 6 entradas por persoa)

TEATRO, Cataturxia a cargo de Teatro Airiños

Volve o teatro á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo da man do grupo de teatro Airiños, o sábado 25 e o domingo 26 de setembro realizarán dúas funcións de Cataturxia, cata de textos breves do teatro galego contemporáneo. A entrada ten un custe de 3 € (a pagar no momento de acceder á función) e para reservala envía unha mensaxe no correo-e entradasairinhos@gmail.com ​​​​​​​(máximo 6 entradas por persoa)

Bolsas municipais curso 2021-2022

O Concello de Rianxo publica con data 09/09/2021 no Boletín Oficial da Provincia (núm. 172) a aprobación das bases para a convocatoria das bolsas municipais para o curso 2021-2022. Anuncio BOP Bases

Roteiro da Guadalupe

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza un roteiro guiado con prazas limitadas para dar a coñecer a historia e a devoción pola Moreniña no municipio rianxeiro. O lugar e hora de inicio da ruta será o indicado a continuación. HORARIO E LUGAR DE INICIO: 15 de setembro - 11:00 - Diante da Capela da Guadalupe de Rianxo (Coordenadas: 42.653038, -8.818022 https://goo.gl/maps/1rdMqhGupEmjRWTz8 ) - INSCRICIÓN...

Obradoiros de arte reciclado, da asociación Amicos

A asociación Amicos imparte, en colaboración co Concello de Rianxo, varios obradoiros de arte reciclado, destinados a crianzas de 4 a 16 anos. Os obradoiros realizaranse o martes 7 e o mércores 8, ás 11.00 h para o grupo 1 e ás 12.00 h para o grupo 2, no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo. É necesaria a inscrición previa no enderezo hola@amicos.org.

Proxección do documental Cesteiros de Mondariz

O vindeiro venres 10 de setembro, ás 20.00 h, proxectase o documental Cesteiros de Mondariz na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O documental foi dirixido por Fon Cortizo, e está producido polo Concello de Mondariz, polo programa autonómico O Teu Xacobeo e pola compañía EscénaTe. Chega a Rianxo dentro da xira de presentación de documental nos Roteiros Xacobeos. Só con reserva de localidades no enderezo web 

Listaxe de contratación laboral temporal de persoal técnico de museos e centros de interpretación

O Concello de Rianxo publicou o día 03/09/2021 (BOP núm. 168) o anuncio para a creación dunha listaxe de contratación laboral temporal de persoal técnico de museos e centros de interpretación. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación. No suposto de que se presente a instancia fóra do Rexistro Xeral do Concello, será necesario adiantala por fax ao núm. 981 866 628 ou por correo electrónico a...

Listaxe de contratación laboral temporal de axentes de igualdade

O Concello de Rianxo publicou o día 03/09/2021 (BOP núm. 168) o anuncio para a creación dunha listaxe de contratación laboral temporal de axentes de igualdade. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación. No suposto de que se presente a instancia fóra do Rexistro Xeral do Concello, será necesario adiantala por fax ao núm. 981 866 628 ou por correo electrónico a emprego@concelloderianxo.gal, antes do remate...

Descubre Barbanza Arousa

A Mancomunidade Barbanza Arousa organiza visitas guiadas durante o mes de Setembro en Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo. En Rianxo poderás facer un percorrido histórico do Castelo da Lúa os sábados 11, 18 e 25 de setembro nos seguintes horarios: 11:00h, 13:00h, 16:30h e 18:30h. Visitas de aproximadamente de 45 min.  Aforo limitado. Inscricións abertas ata o día anterior de cada visita en:...

Termalismo Social do Imserso

O programa desenvolverase durante o período comprendido entre o mes de outubro e o mes de decembro de 2021. As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días ou de 10 días cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa en habitacións dobres de uso compartido. Incluíra tratamentos termais, actividades de lecer e tempo libre e a póliza colectiva de seguro turístico. PERSOAS BENEFICIARIAS Pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de...

Programa de educación de adultos - Graduado de Secundaria

Comeza a inscrición para o próximo curso de Educación de Adultos/as, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en obter o Título de Graduado en Educación Secundaria (ESO). O prazo de inscrición é do 6 ao 30 de setembro, no Centro Social Liceo de Rianxo (Rúa de Rinlo, 23) ou nos teléfonos 881 987 471 - 881 862 225, en horario de 10.00 a 13.00 h. Os requisitos para a inscrición son ter 18 anos cumpridos a día 31 de decembro de 2021 e posuír unha das seguintes...

Prazas esgotadas para o espectáculo MEZZO

As prazas do espectáculo MEZZO, tanto para asistir como para a listaxe de reserva, están esgotadas. Desculpen as molestias.

Recollida veciñal de residuos na contorna da senda litoral

A Asociación Ondiñas Mainas organiza, dentro do proxecto Viladomar, máis alá dos muros, unha acción veciñal para a limpeza da senda litoral de Taragoña. A acción desenvolverase o vindeiro luns, 30 de agosto, ás 18.30 h.

Exposición de Arte Reciclado da Asociación Amicos

Dende o 27 de agosto ao 14 de setembro, poderá visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición de Arte Reciclado da Asociación Amicos. O acto de apertura será o venres 27 de agosto ás 12.30 h. Web de Amicos

MEZZO. O fantástico circo de insectos xigantes do Dr. Mezzo

O espectáculo MEZZO. O fantástico circo de insectos xigantes do Dr. Mezzo presentase en Rianxo o vindeiro 5 de setembro, ás 19.30 h, no exterior do Ceip Castelao de Rianxo. Programa ao abeiro da Rede Cultural 2021 da Deputación da Coruña. Só con reserva de localidades no enderezo web  concelloderianxo.gal/reservas (preferentemente) ata as 12.00 h do mércores 01 de setembro. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio. ​​​​​​ O fantástico...

Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Solidariedade convoca axudas para facilitar a obtención do permiso de condución B e C á mocidade galega. Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude: a) Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil....

Concerto Sabela King & The Heartbreakers

O vindeiro venres 3 de agosto, ás 22.00 h, Sabela King & The Heartbreakers actuarán na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, dentro do programa Música na noite. Programa ao abeiro da Rede Cultural 2021 da Deputación da Coruña. O concerto, inicialmente previsto para o venres 27 no Exterior do CEIP Castelao, tivo que ser adiado por cuestións de organización. Só con reserva de localidades no enderezo web ...

Mindfulness para familias e crianzas en acollida

Programa de Mindfulness gratuíto para familias e crianzas en acollida da comarca do Barbanza. Nesta actividade introdúcese o Mindfulness como unha estratexia  para a toma de conciencia das emocións, sensacións e pensamentos derivados da viaxe que todas as familias acolledoras comparten. Unha actividade para realizar coas crianzas en acollida. A actividade terá lugar no concello da Pobra do Caramiñal. Para inscribirse é preciso cubrir o formulario no seguinte...

Festival Rock in Rian 2021

O 13 e o 14 de agosto terá lugar o Festival Rock in Rian, que nesta ocasión deixa de coincidir coas Festas da Guadalupe e estará marcado polas restricións derivadas da pandemia da COVID-19.

Paseos por Rianxo

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza un programa de roteiros guiados con prazas limitadas para dar a coñecer diferentes lugares de interese rianxeiros durante o mes de agosto. O lugar e hora de inicio de cada ruta serán os indicados a continuación: Vila de Rianxo 19 de agosto - 11:00 - Praza de Rafael Dieste (Coordenadas: 42.650543, -8.818816) Hórreo do Araño 20 de agosto - 11:00 - Aparcadoiro fronte ao hórreo do...

Rianxo sinaliza a súa primeira Ruta do Apego interactiva

O Concello de Rianxo inaugura a súa primeira Ruta do Apego sinalizada e interactiva. Esta ruta, ideada pola Asociación Avoar en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do concello rianxeiro, procura crear un espazo de lecer nun contorno natural para o desfrute libre das crianzas e as súas familias. A ruta conta con 10 puntos informativos onde, a través dunha serie de códigos QR, as persoas que se animen a percorrela accederán a contidos educativos sobre os recursos naturais e...

Concesión dos postos vacantes na Praza de Abastos do Concello de Rianxo

Por Resolución da Alcaldía núm. 672/2021 do 9 de agosto de 2021, aprobouse a apertura da nova licitación que deseguido se recolle: 1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Rianxo b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral 2. Obxecto do contrato: concesión demanial dos postos vacantes no mercado municipal 3. Prazo duración da concesión: A duración das concesión administrativas demaniais que se outorgan será polo tempo...

Comezo das obras na fachada sur do Pavillón Polideportivo de Rianxo

Deron comezo por parte da empresa Irmáns Romay as obras de mellora do illamento da fachada sur do Pavillón polideportivo de Rianxo. A obra conta cun orzamento total de 36.574,46 euros dos que 29.259,56 euros son financiados a través dun Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Rianxo, na persoa do alcalde de Rianxo. A obra prevese rematar en dúas ou tres semanas deste mes de agosto e obrigou a instalar unha estada que ocupa...

Bono Coidado

O programa ten por obxecto a concesión de axudas económicas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021, de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares. Para os efectos, entenderanse como períodos de vacacións escolares os seguintes: Do 1 ao 7 de xaneiro Do 15 ao 17 de febreiro ...

Concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo

A Banda da Escola de Música de Rianxo realizará o domingo 29 de agosto, ás 21.00 h, no exterior do CEIP Castelao,  o seu tradicional concerto de peche do Ciclo de Bandas. Entradas de balde. Só con reserva previa de localidades ata as 12:00 h do xoves 26 de agosto, a través de formulario no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente). A reserva será efectiva unicamente cando se confirme...

Observación Astronómica, do programa O Camiño das Estrelas-As Estrelas do Camiño (O Teu Xacobeo)

O vindeiro luns 16 de agosto, ás 22.00 h, no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, realizarase unha nova Observación Astronómica, no marco do programa O Camiño das Estrelas-As Estrelas do Camiño (O Teu Xacobeo). Organiza: Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, Colaboran: Concello de Rianxo, Xunta de Galicia Xacobeo 21-22. Só con reserva de localidades no enderezo web  concelloderianxo.gal/reservas (preferentemente) ata as 12.00 h do vernes 13 de agosto. A...

Concerto da Banda de Música "Ateneo Musical" da Pobra do Caramiñal

A Banda de Música "Ateneo Musical" da Pobra do Caramiñal ofrecerá un concerto no marco do XVI Ciclo de Bandas, o vindeiro domingo 22 de agosto, ás 21.00 h, no exterior do CEIP Castelao. Entradas de balde. Só con reserva previa de localidades ata as 12:00 h do xoves 19 de agosto, a través de formulario no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente). A reserva será efectiva unicamente cando se...

Traslado do concerto Volando Libre ao Auditorio de Rianxo

Debido á climatoloxía adversa, o concerto de Volando Libre, dentro da programación do Festival Noites de Jazz,  trasladase ao Auditorio de Rianxo. Hoxe, 6 de agosto, ás 22.00 h.

Horarios de Información Turística

O Servizo de Información Turística do Concello de Rianxo permanecerá aberto a partir do 5 de agosto no seguinte horario, repartido entre diferentes puntos de interese rianxeiros. O punto de información turística da praza de Castelao (Cuartel Vello) dará servizo durante as mañás en días laborables, mentres que a Casa Museo de Manuel Antonio (rúa de Abaixo) abrirá as súas portas de mércores a venres en horario de tarde e as fins de semana en horario de mañá. Lembren que...

Consulta pública sobre deficiencias na cobertura 4G

A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais (SETELECO) somete á consulta de todas as partes interesadas (operadoras, administracións públicas, CNMC...) a relación preliminar de zonas nas que se identificou que non existe na actualidade cobertura das redes de comunicacións móbiles 4G de calidade. O obxecto da consulta é a obtención dun mapa definitivo de zonas elixibles para a concesión de axudas públicas do Estado para a realización de proxectos de...

Becas para estudos de niveis postobrigatorios 2021/2020

​​​​​​​ O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas para o estudantado que vaia cursar estudos postobrigatorios, con validez en todo o territorio nacional, para o vindeiro curso académico 2021-2022. Poderán solicitar as axudas para estudos de bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e deportivos, idiomas, estudos relixiosos e militares, e para estudos universitarios. Os prazos de solicitude son: Estudos non...

Traslado do concerto da Banda de Música Municipal de Teo

Aviso TRASLADO do concerto da Banda de Música Municipal de Teo ao Auditorio de Rianxo, debido ás condicións atmosféricas.

Noites de Cine 2021

Nesta nova edición de Noites de Cine proxectaranse as películas Ons e A illa das Mentiras. Programa ao abeiro da Rede Cultural 2021 da Deputación da Coruña. ONS: xoves 12 de agosto ás 22.00 h, no Exterior do Ceip Castelao. Público recomendado: maiores de 12 anos. Duración: 87 minutos. Máis información do filme Ons Só con reserva de localidades no enderezo web 

Barahúnda en concerto

O concerto do grupo Barahúnda realizarase o vindeiro venres 13 de agosto, ás 22.00 h, no exterior do Ceip Castelao, concerto enmarcado na Música da Noite do Verán Cultural 2021. Só con reserva de localidades no enderezo web  concelloderianxo.gal/reservas (preferentemente) ata as 12.00 h do mércores 11 de agosto. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.

Concerto da Banda de Música Cultural de Teo

O domingo 1 de agosto, ás 21.00 h, no exterior do CEIP Castelao, a Banda de Música Cultural de Teo realizará o primeiro concerto do XVI Ciclo de Bandas Concello de Rianxo. Proposta enmarcada na Rede Cultural da Deputación da Coruña 2021. Entradas de balde. Só con reserva previa de localidades ata as 12:00 h do xoves 30 de xullo, a través de formulario no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente).

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 29 de xullo de 2021

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 29 de xullo de 2021 coa seguinte ORDE DO DÍA Parte resolutiva 1. Aprobación da acta nº 8/2021 do Pleno en sesión ordinaria do 24 de xuño de 2021 2. CE 2/2021: Aprobación inicial do expediente de créditos extraordinarios 2/2021 Parte de control 3. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno...

Bando informativo polo Día da Patria 2021

Bando informativo polo Día da Patria 2021

Festa da Xouba 2021

Ante a escaseza de xouba, a exaltación deste ano 2021 farase a través de dous showcookings de 2 cociñeiros profesionais. Hoxe, día 24, e mañá día 25, na canle de Youtube do Concello e nas redes sociais, publicaranse os vídeos gravados para a ocasión. https://www.youtube.com/c/ConcellodeRianxoTV/ ​​​​​​​

Concerto de Oscar Ibáñez & Tribo: Nova data

O vindeiro domingo 8 de agosto, ás 21.30 h, celebrarase o concerto de Óscar Ibáñez& Tribo no exterior do CEIP Castelao, concerto enmarcado nas Noites Folc do Verán Cultural 2021. Programa ao abeiro da Rede Cultural 2021. Só con reserva de localidades no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente), ata o xoves 5 de agosto ás 12:00 h. ​​​​​​ Máis información na web de Óscar Ibáñez Web...

Exposición Trazos de Jazz: A visión de Matisse

Con motivo da celebración do Festival Noites de Jazz Rianxo 2021, do 2 ao 22 de agosto poderá visitarse no Centro Sociocultural- Auditorio de Rianxo a exposición Trazos de Jazz: A visión de Matisse. Edición facsimilar do libro de artista JAZZ de Henri Matisse  (Fondos da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital). En colaboración coa Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital e coa Deputación da Coruña.

Festival Noites de Jazz Rianxo 2021

O Festival Noites de Jazz Rianxo 2021 celebrarase do 4 ao 7 de agosto. A programación inclúe concertos, accións formativas e a exposición Trazos de Jazz: A visión de Matisse. Os concertos celebraranse no exterior do CEIP Castelao, ás 22.30 h. Mércores 4: Miro Lamas Quartet Xoves 5: Valentín Caamaño Quartet Venres 6: Volando Libre Sábado 7: Havana Soul Entradas de...