Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
DESTACAMOS
ACTUALIDADE
Proceso extraordinario de estabilización do persoal do Concello de Rianxo_Lei 20/2021
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o xoves 29 de decembro as bases xerais e específicas do proceso extraordinario de estabilización ao abeiro do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no emprego público e que rexerán os procesos selectivos para a cobertura de 59 prazas de persoal para o Concello de Rianxo. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o venres 30 de decembro a convocatoria dos procesos selectivos...
REGULAMENTO DO FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERA DO CONCELLO DE RIANXO
Consulta previa
REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL (ROM) DO CONCELLODE RIANXO
Consulta previa
Obradoiro de Banda Deseñada con Inés Vázquez
Obradoiro de Banda Deseñada con Inés Vázquez, dirixido a mocidade de 08 a 13 anos. Proposta do programa de dinamización lingüística Falaredes. Cando: Venres 08 novembro, ás 19.00 h. Onde: Centro Sociocultural- Auditorio de Rianxo Precisase inscrición previa, no correo cultura@concelloderianxo.gal ou no teléfono 981 100 688. Inscricións ata o venres 08 ás 14.00 h ou ata esgotar prazas.
Concerto: A Pedreira - Basal
Concerto de presentación do disco Basal de A Pedreira, liderados pola artista galega Ugía Pedreira. O disco Basal é unha fusión de estilos diversos pintando a música galega desde o magma da composición. Cando: sábado 16 de novembro, ás 20.30 h Onde: Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Proposta ao abeiro do programa Outono das Artes da Deputación da Coruña. SOBRE BASAL O amor pola sonoridade e o signicado das palabras que...
Contando en feminino: Contos sobre a igualdade
Contando en feminino: Contos sobre a igualdade, a cargo de Asociación Lisitrata, coa contadora Ana Hermida. Cando: Venres 15 novembro, ás 19.00 h. Onde: Centro Sociocultural Faustino Rey Romero - Casa da República - Isorna Público familiar. Entrada de balde ata completar a capacidade. Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Contando en feminino Historias contadas desde a perspectiva de xénero e...
VII Memorial Mireya Dieste
VII Memorial Mireya Dieste: Presentación de A Mansión dos anxos. Música de Salao de compositores pontevedrinos do século XIX. Coa presenza do editor Javier Jurado e co concerto a cargo de Alejo Amoedo ao piano. Proposta organizada pola Irmandade da Música Galega, en colaboración co Concello de Rianxo e de Dos Acordes. Cando: sábado 09 de novembro, ás 21.00 h Onde: Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.
Regueifeando pola Coruña
Regueifeando pola Coruña! un desafio oral entre os grandes regueifeiros da Comarcar de Bergantiños, con Antonio e Suso de Xornes. Cando: Venres 08 de novembro, ás 20.00 h Onde: Centro Cultural Vicente Vidal - Leiro. Entrada de balde ata completar a capacidade. Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Incentivos á contratación Obradoiro de Emprego MONTE NOSO
O Concello de Rianxo convoca os incentivos para a contratación laboral temporal por conta allea a favor do alumnado/traballador do Obradoiro de Emprego MONTE NOSO. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada...
Xuntos polo Nadal
A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. O programa levarase a cabo na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) entre o día 24 de decembro e o día 7 de xaneiro. ...
Ampliación das listaxes de contratación temporal de traballador-a social
O día 14/10/2024, mediante a Resolución da Alcaldía número 924/2024, aprobáronse as bases e a convocatoria da ampliación das listaxes de traballador-a social; as ditas bases tamén están publicadas no taboleiro de edictos da sede electrónica municipal sede.concelloderianxo.gal. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte á publicación do anuncio no BOP.
X Carreira Popular Concello de Rianxo.
O Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo organizan a X Carreira Popular Concello de Rianxo, o 1 de novembro de 2024. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos, rexidos polas seus respectivos regulamentos, que complementan ao presente: X Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña. VII Circuíto Carreiras Populares Barbanza Arousa 2024, promovido e...
Programa Integrado de Emprego dos Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra
O Programa Integrado de Emprego 2024/2025 está destinado a 100 persoas da comarca inscritas como demandantes de emprego que, durante 12 meses, van recibir formación específica acorde aos sectores produtivos da zona así como xornadas destinadas a mellorar as habilidades de empregabilidade e inserción laboral. Nesta edición a oferta formativa inclúe técnicas de limpeza e departamento de pisos; Eventos, cátering e banquetes; Cociña básica; Elaboración de pezas cárnicas; Preparación de...
Presentación da novela A MIÑA VIDA NOUTRO LUGAR de Rosa Suárez
Logo da acollida que xa que xa tivo este pasado verán no marco da Feira do Libro de Rianxo, o Auditorio de Rianxo, acolle o vindeiro venres día 25 a presentación da novela A MIÑA VIDA NOUTRO LUGAR da autora rianxeira ROSA SUÁREZ REDONDO. Esta nova cita coa autora será ás 20:30 h e desta volta estará acompañada na presentación pola escritora Mª Carmen Carames Gorgal, o escritor e investigador Xosé Ramón Brea Rey e o Concelleiro de Cultura, Julio Alcalde. Mercedes volveu dos EUA...
Serán de Rianxo
O campo de Arriba de Rianxo volverá a vivir unha xornada chea de tradición e música coa celebración dunha nova edición do SERÁN organizado pola Asociación Vai de Roda. O evento terá lugar o vindeiro sábado 26 de outubro. Está previsto comezar ás 20.00 horas co seranciño para o goce das crianzas máis pequechas. Coa celebración dos seráns, unha tradición moi arraigada na cultura galega, preténdese recuperar e poñer en valor o noso rico e...