Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

Rianxo, luz natural

 

ACTUALIDADE

Obradoiro de marcapáxinas no Museo

A Casa Museo de Manuel Antonio organiza un obradoiro de marcapáxinas, en colaboración coa Aula Activa do Mar, para a mañá do sábado 1 de outubro na planta baixa do museo situado na rúa de Abaixo. A actividade está destinada a nenas e nenos de 5 a 12 anos, cunha duración aproximada de 45 minutos, á que se poderá acceder ao longo da mañá, entre as 10:30 e as 13:00 horas. É recomendable reservar praza . ...

Goza do Ulla: As Trece Cruces

O Concello de Rianxo organiza a ruta de sendeirismo "As Trece Cruces", dentro do programa Goza do Ulla 2022, o sábado 8 de outubro. O trazado previsto é unha ruta circular que percorre varios lugares destacados da contorna da desembocadura do río Ulla. Destaca a punta Patiño ou de Trece Cruces, onde se atopa un Vía Crucis marítimo-fluvial con fantásticas vistas e espazo de interese para a observación de aves. Tamén...

Aula Socioculturais e ocio educativo 2022

O programa de Aulas Socioculturais e Ocio Educativo articúlase como unha proposta de animación sociocultural, difusión da cultura popular e educación de adultos, enmarcada nas competencias que lle atribúe os artigos 25.1. e 25.2.m da Lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das Bases do Réximen Local, e os artigos 80.1 e 80.2.n da lei de Galicia 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. A finalidade é Promover e potenciar o desenvolvemento individual e colectivo da...

Asociación Alberto Romero, obradoiro audiovisual

A asociación Alberto Romero organiza un obradoiro audiovisual nos Concellos do Barbanza. Concretamente en Rianxo serán os días 22 e 29 de outubro de 12.30 a 14.00 na Aula de Informática do Concello de Rianxo. Está destinado a rapazada entre 7 e 18 anos. Máis información e inscricións no correo-e info@albertoromero.org ou no teléfono 981 107 906. Sitio web da asociación Alberto...

ASOCIACIÓN ALBERTO ROMERO, queres crear a túa propia película?

A Asociación Alberto Romero vai impartir unha actividade extraescolar Queres crear a túa propia película? para a mocidade entre 7 e 18 anos. A proposta desenvolverase na aula de informática do Auditorio de Rianxo, os xoves de 18.00 a 19.00 horas nos meses de outubro a decembro do 2022. Máis información e inscricións no correo-e info@albertoromero.org ou no teléfono 981 107 906.

Teatro infantil, Ris Ras a cargo de Baobab Teatro

Enmarcado nas propostas de Rede Cultural da Deputación da Coruña a compañía Baobab Teatro achégase ao Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 01 de outubro, ás 18.00 horas, co seu espectáculo Ris Ras. ​​​​​​​Está destinado a un público familiar con crianzas de 1 a 8 anos. Duración: 45 minutos Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa) É un...

Actividades Deportivas Municipais Inverno 2022-2023

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para as Actividades Deportivas Municipais para a tempada de inverno 2022-2023. É unha oferta amplia que como NOVIDADE volve a retomar as actividades de INICIACIÓN DEPORTIVA (4 A 7 ANOS) e a inclusión de Patinaxe Artístico (límite de prazas). Esta oferta chega a un amplo rango da poboación e ten un carácter descentralizado, con propostas en todas as parroquias rianxeiras, co...

Hórreo vivo, no campo da Carballeira no Araño

Os vindeiros venres 23 e sábado 24 de setembro, o Araño celebra o seu II Ciclo Hórreo Vivo, un evento cultural que busca a posta en valor do patrimonio arquitectónico, ambiental e inmaterial. A tarde-noite do venres 23 iluminarase o hórreo máis grande do mundo para, nese entorno, asistir ó espectáculo teatral "quen ten cu, ten medo" e escoitar unha contada de lendas por parte da veciñanza. O sábado 24, a mañá estará marcada por un roteiro polo río Té para ilustrar a súa...

XII Seminario sobre a memoria, presentación do libro "Caminos de Resistencia" de Francisco Martínez López, El Quico

O sábado 24 de setembro, ás 18.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro "Caminos de Resistencia" de Francisco Martínez López, El Quico, no marco do XII Seminario sobre a memoria.  

XII Seminario sobre a memoria, acto homenaxe ás 27 mulleres do Partido Galeguista de Asados

O sábado 24 de setembro, ás 12.00 horas, terá lugar na Praza de Manuel Antonio en Asados un acto homenaxe ás 27 mulleres do Partido Galeguista de Asados. No acto intervirán o alcalde de Rianxo, persoas da Comisión pola recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, Xesús Santos Suárez e Aurora Marco. Tamén se contará cunha intervención musical de José Luís do Pico Orjais. O acto enmarcase nas propostas do XII Seminario sobre a memoria que se celebra do 23 ao 25 de setembro...

XII Seminario sobre a memoria "Diso non se fala"

O XII Seminario sobre a memoria "Diso no se fala" celebrarase nos Concellos de Rianxo e Boiro, do 23 ao 25 de setembro. A convocatoria do Seminario constitúe, globalmente, unha proposta para a reconstrución da memoria democrática no contexto escolar. Preténdese suxerir aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, especificamente, en Rianxo e Boiro. O obxectivo último do Seminario persegue posibilitar un mellor...

Estrea de República Sideral do Grupo de Teatro Airiños

Nesta fin de semana, o venres 23 e o sábado 24 de setembro, ás 21.00 horas, o grupo de teatro Airiños estrea a súa nova produción República Sideral. A obra é un texto de Esther F. Carrodeguas que foi gañador do Premio Barriga Verde 2020 e está dirixida por Amantia Coello. A entrada ten un custe de 3 € e atópanse á venda anticipada en Asados na perruquería Pelos e no Estanco Xacobiño e en Rianxo no Bar Berberecho. Tamén poden adquirirse os propios...

BAILA CON NÓS, taller Alecrín

“Baila Con Nós”, un programa de obradoiros gratuítos, promovido pola Asociación Cultural Taller Alecrín, que se desenvolverá en diferentes entidades públicas, privadas e asociativas da contorna do Barbanza ao longo de mes de setembro, e que terá como obxectivo xeral a difusión e promoción do baile como actividade que fomente os hábitos saudábeis tanto a nivel individual como de parella. Francisco Muñiz será o responsable da posta en marcha dos dous...

Selección dunha praza de funcionario/a de carreira para técnico de administración xeral para secretaría

Mediante acordo na Xunta de Goberno Local de data 01/09/2022, procedeuse á aprobación e convocatoria das Bases de selección dun funcionario/a de carreira nunha praza de Técnico Administración xeral para secretaria pertencente á Escala de Administración Xeral, Subescala Técnica, Clase Técnico Superior, incluída na oferta de Emprego Público do Concello de Rianxo para o ano 2019.

Becas municipais. Curso 2022-2023

Con data de hoxe (12/09/2022) publicase no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria e bases reguladoras. Publicación BOP Bases reguladoras