Portada

Concello de Rianxo - concelloderianxo

ACTUALIDADE

Exposición Son Agasallo no Auditorio de Rianxo

Do 4 ao 26 de decembro no Auditorio de Rianxo poderá visitarse a exposición Son Agasallo. Artesanía en madeira. O acto de inauguración será o venres 4 ás 12.30 horas.

A viaxe de José do Campo, un espectáculo de O Fiadeiro

O sábado 5 de decembro, ás 20.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar o espectáculo A viaxe de José do Campo, unha historia musical dende o Courel ata Nova Orleáns interpretado pola Asociación Cultural e Folclórica o Fiadeiro xunto co antigos alumnos e alumnas da ESAD de Galicia. A entrada é con reserva de localidade no correo-e auditorio@concelloderiaxo.gal ​​​​​​​(preferente) ou no teléfono 664 183 217,...

O Correlingua, en Rianxo

O Correlingua é unha proposta escolar de dinamización lingüística de carácter lúdico-educativo que nos convida a defender e a reivindicar o uso da nosa lingua en todos os ámbitos da vida.  Este ano o Correlingua estase a celebrar nos centros de ensino, ante a imposibilidade de organizar a actividade central: a carreira pola lingua. Así, chega a Rianxo en formato concerto do grupo Biribirlocke (segundo clasificado no concurso Cantalingua), que actuará ante o alumnado do CEIP...

O Pleno da Corporación aproba por unanimidade a exención da taxa de terrazas durante os anos 2020 e 2021

Os 5 grupos que compoñen o Pleno da Corporación (BNG, Cidadáns, PP, PSOE e Rianxo en Común) votaron de forma unánime unha modificación da Ordenanza fiscal número 17, reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público municipal con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa ("a taxa por terrazas") de forma que se engade unha disposición transitoria que suspende temporalmente a vixencia da ordenanza fiscal ata o 31 de decembro de 2020,...

Mercarianxo.gal, o portal de venda online do comercio de Rianxo

A Asociación de Empresarios de Rianxo vén de lanzar o portal de comercio e venda en liña mercarianxo.gal , coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo.

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da corporación do 26 de novembro

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da corporación municipal para o xoves 26 de novembro de 2020, coa seguinte ORDE DO DÍA Parte resolutiva 1. Aprobación da acta núm. 11 do Pleno ordinario do 29 de outubro de 2020. ​​​​​​​2. Ratificación, segundo o punto oitavo, da Resolución da Alcaldía núm. 146/2020 do 2 de marzo de aprobación do convenio de colaboración entre os concellos de Rianxo, Padrón, Valga, Rois, Pontecesures e Dodro para a...

Exposición nos baixos da Biblioteca Municipal

A Asociación Ondiñas Mainas organiza nos baixos da Biblioteca Municipal unha exposición itinerante sobre o alfombrismo de Galicia. Pode visitarse do 24 de novembro ao 8 de decembro. Máis información na páxina web de Ondiñas Mainas  

Teatro familiar: Nanda na encrucillada, por Teatro do Improvisto

O sábado 28 de novembro, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, desenvolverase a proposta teatral Nanda na encrucillada, escrita e dirixida por Gustavo Dieste e interpretada por Teatro do Improvisto. Destinada a un público familiar con crianzas de 8 anos en adiante. Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​(preferente) ou no teléfono 664 183 217, do 20 ao 26 de novembro de 9.00 a 13.30  h en días laborais. É...

Escola de familias: Educando nas novas masculinidades, con Jorge García Marín

Relatorio e presentación do libro do sociólogo Jorge García Marín, Papa, por que non pintas as unllas de cores?, Educando (construíndo) masculinidades disidentes. Editorial Galaxia. Día: mércores, 25 de novembro Hora: 17:00 Lugar: Auditorio de Rianxo Nunha época de feminismo, as masculinidades aínda precisan construírse conforme aos novos tempos. É preciso, xa desde a educación infantil, abordar o modelo de home que necesitamos para esta...

Tradición en feminino, encontro da Asociación de Gaiteiras Galegas

A Asociación de Gaiteiras Galegas organiza o vindeiro domingo 22 de novembro o encontro Tradición en feminino, no Pazo de Rianxiño. PROGRAMA: 10.45 - Apertura 11.00 – “Conversa con Eclíptica Orbita, ‘Maruxa dos Rosales’ ” 12.10 – Descanso 12.30 – Obradoiro “Mulleres que contan. Obradoiro de recolla e posta en valor da música de tradición oral”, Xulia Feixoo 13.45 – Xantar 16.00 – Relatorio...

VI edición do "+ que tapas" en Rianxo

O 20, 21 e 22 de novembro, o + que tapas recunca en Rianxo da man da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa. Durante a fin de semana, pide unha tapa nos establecementos participantes e puntúa a súa calidade mediante un código QR. Ademais de escoller a tapa gañadora, partiparás no sorteo dun lote de produtos por cada concello participante que consistirá en dúas caixas de cervexas variadas (48 unidades) e dúas botellas de viño de DO Terra de Barbanza e Iria....

Escola de familias: Quererse ben, a urdime do bo trato, coa psicóloga Natalia Guedella

Día: mércores, 18 de novembro Hora: 16:30 Lugar: Auditorio de Rianxo Debido á conmemoración do 25N (Día da Eliminación da Violencia contra a Muller), o Proxecto Apego do Concello de Rianxo organizará unha serie de actividades a través das cales procurará a participación activa dos homes do Concello baixo o lema: “Para vivirmos nun Rianxo feminista, trae un home”. A Escola de familias de Rianxo, organizada...

Quen a ferro mata, nos Venres de Cine no Auditorio

O programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña desenvólvese na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo os vindeiros venres 20 e 27 de novembro, ás 20.00 horas. VENRES 20 DE NOVEMBRO - 20.00 h - "Ola de crímenes" dirixida por Gracia Querejeta Público recomendado: maiores de 16 anos Duración: 1 hora 38 minutos Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​(preferente) ou no teléfono 664 183 217, do 13 ao...

Venres de cine no Auditorio de Rianxo

O programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña desenvólvese na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo os vindeiros venres 20 e 27 de novembro, ás 20.00 horas. VENRES 20 DE NOVEMBRO - 20.00 h - "Ola de crímenes" dirixida por Gracia Querejeta Público recomendado: maiores de 16 anos Duración: 1 hora 38 minutos Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal...

Comunicado do Servizo de Deportes

A Xunta de Galicia publicou a Orde do 4 de novembro de 2020 polo que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución na situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Á vista da devandita orde, o Concello de Rianxo decidiu manter a suspensión das actividades deportivas municipais, co obxecto de colaborar de xeito activo coas medidas de prevención para facer fronte á crise...

Teatro: Patapatúm, de Elefante Elegante

O vindeiro sábado, 14 de novembro,  ás 19.00 horas, a compañía Elefante Elegante achégase á sala Arcos Moldes co espectáculo Patapatúm, peza gañadora do Premio María Casares: Mellor Espectáculo Infantil 2019. Duración: 45 minutos Público recomendado: infantil e familiar a partir de 4 anos Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e...

Escola de Familias: En familia, de conto. Con Ana Facchini

Día: mércores, 11 de novembro Hora: 17:30 Lugar: Auditorio de Rianxo En familia, de conto! é unha sesión de “encantacontos” que nace co obxectivo de poñer á disposición das nais e pais diferentes recursos e estratexias para compartir coas súas crianzas unha experiencia íntima de lecer e aprendizaxes mutuas. Contos, poemas, adiviñas, xogos de man, imaxes, obxectos e as cancións, como fío condutor, favorecen un primeiro encontro sensorial coa literatura,...

Teatro, Tres vellas (polo menos) de Excéntricas

ENTRADAS ESGOTADAS Excéntricas presenta na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o espectáculo Tres vellas (polo menos), con Celso Sanmartín, Quico Cadaval e José Luis Gutierrez (Guti). A función terá lugar o vindeiro sábado 7 de novembro, ás 20.00 horas. Está destinada a un público adulto e ten unha duración de 2 horas. A entrada é de balde, previa reserva en

Programa compostaxe Rianxo20

  O Concello de Rianxo, en colaboración coa Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), vai desenvolver unha campaña de compostaxe caseira que consiste en entregar un composteiro a aquelas persoas interesadas. Para poder participar, os únicos requisitos son: 1. Residir no termo municipal. 2. Dispor dun espazo co chan de terra (patio, xardín, horta...). O procedemento para solicitar o composteiro será o seguinte: 1. Cubrir unha instancia xenérica...

Convocatoria das axudas do PEL-Reactiva a persoas autónomas e microempresas para paliar o impacto económico e social ocasionado pola COVID-19

O Concello de Rianxo convoca as axudas do Fondo de Financiamento promovido pola Deputación da Coruña (PEL-Reactiva), coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír a paliar os danos derivados da pandemia da COVID-19 ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas. O orzamento é de 161.791,86 €, dos que corresponden nun 80% á Deputación da Coruña (129.433,49 €) e nun 20% ao Concello de Rianxo (32.358,37 €). ...

Publicación do listado de requirimentos

Hoxe publicouse o listado dos requirimentos no taboleiro da sede electrónica do concello

III Memorial Mireya Dieste

O vindeiro venres 6 de novembro celebrarase no Auditorio de Rianxo o III Memorial Mireya Dieste, organizado pola Irmandade da Musica Galega e o Concello de Rianxo. Ás 18:00 horas, no Salón de Actos, celebrarase a presentación do traballo doutoral A guitarra na Galiza, de Isabel Rei Samartim, e presentado por Alejo Amoedo. Ás 20:00 horas, na Sala Arcos Moldes, celebrarase o concerto de piano Adalid a quatro maos, a cargo de Margarita Viso e Juan Durán, e...

Regata da Liga Provincial de Piragüismo

A ORGANIZACIÓN TOMOU A DECISIÓN DE SUSPENDER A REGATA O vindeiro sábado, 31 de outubro, vaise celebrar no peirao do porto de Rianxo, a V edición da Liga Provincial de Piragüismo. A proba, que dará comezo ás 14 h, reúne a máis de 200 padexeiros de toda a provincia e contará cun protocolo especial para garantir a seguridade dos e das participantes. Non se permitirá o acceso ao recinto a persoas alleas á proba. A antedita proba está organizada...

Estado do despregue da rede de fibra óptica en Rianxo

A compañía de telecomunicacións Telefónica de España, dentro do programa de extensión da banda larga de nova xeración (PEBANG 2018 e PEBANG 2019) do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, está a despregar nova rede de fibra óptica nos núcleos de poboación do municipio de Rianxo. As entidades de poboación incluídas no PEBANG 2018 son as seguintes: Entidade de poboación número de...

Exposición de pintura, reivindicación das mariscadoras de Vilanova de Arousa

Do 30 de outubro ao 28 de novembro pode visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición de pintura: Reivindicación das mariscadoras de Vilanova de Arousa realizada polo pintor Francisco Pérez Alonso. ​​​​​​​O acto de apertura será o venres 30 de outubro ás 20.00 horas.  

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da corporación do 29 de outubro de 2020

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da corporación municipal para o xoves 29 de outubro de 2020, coa seguinte ORDE DO DÍA Parte resolutiva Aprobación da acta do Pleno ordinario do 24 de setembro de 2020​​ Aprobación do Proxecto modificado de 29/06/2020 da obra POS+2020: Dotación e ampliación da rede de abastecemento de auga no lugar de Outeiro, na parroquia de Taragoña REC 9/2020. Aprobación das facturas incluídas na...

Protocolo Fisicovid pavillóns polideportivos de Rianxo

Desde o Servizo de Deportes publicamos os protocolos Fisicovid dos pavillóns polideportivos. Estes documentos poden consultarse nos taboleiros de información dos pavillóns polideportivos de Rianxo e Taragoña. Podes consultalo e descargalo pinchando no seguinte link: Medidas de protección e prevención...

Comunicado do Servizo de Deportes

A Xunta de Galicia ven de publicar a Orde do 21 de outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución na situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOGA 212-Bis, do 21 de outubro). Á vista da devandita orde, o Concello de Rianxo decidiu, en coordinación coa xefatura de servizo do Centro de Saúde, suspender as actividades deportivas municipais, co obxecto de...

Inicio das obras de saneamento en Foxacos

A empresa Nemesio Ordóñez iniciou os traballos de construción do saneamento da aldea de Foxacos, no Araño. Durante tres meses, e cun importe final de 135.000 euros, acometerase esta actuación, que dará servizo á totalidade de vivendas do núcleo. Trátase ademais dunha actuación que supón a depuración autónoma con dous depósitos que evitarán o uso de bombeos ou de electricidade. Os fondos dependen do Plan Único da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo.

Escola de Familias: Recursos para educar en galego

Nova actividade encadrada na programación da Escola de Familias de Rianxo Día: mércores, 28 de outubro Hora: de 17:30 a 19:30 Lugar: Auditorio de Rianxo Fabaloba achéganos contos, música, xogos e moitos outros recursos para educarmos as nosas crianzas en galego. Dirixido a familias con crianzas, profesorado, monitores/as de tempo libre e demais público interesado. Prazas limitadas. Inscrición previa en

Modificación no procedemento de tramitación das facturas

Información de interese para os/as contratistas e provedores/as do Concello de Rianxo Modificación no procedemento de tramitación das facturas No Pleno do 26/08/2020 aprobouse inicialmente a modificación das bases de execución do orzamento prorrogado en 2020 e entrou en vigor o 15/10/2020. Entre as ditas modificacións figura a introdución da base de execución 14ª ter que reflicte o procedemento da tramitación das facturas, cuxa novidade máis importante é a...

Listaxe de contratación temporal 2020_reforzos limpeza COVID

O Concello de Rianxo vai iniciar un proceso de selección con carácter urxente para a creación dunha listaxe de contratación laboral temporal de persoal de limpeza (limpador-a) con validez limitada ata o día de remate das actividades lectivas do curso 2020-2021 (previsto para o 22/06/2021). Para a realización deste proceso presentarase oferta xenérica no Servizo Público de Emprego de Galicia-Oficina de Boiro. As persoas aspirantes deberán comprobar que están...

Escola de familias: Obradoiro de lingua de signos en familia

Terceira semana de actividades do programa Escola de familias de Rianxo Obradoiro de lingua de signos en familia Día: mércores, 21 de outubro Hora: de 16:30 a 19:30 h Lugar: Auditorio de Rianxo Nesta actividade falaremos da importancia da lingua de signos como sistema de comunicación temperá, de como favorece o desenvolvemento da linguaxe e como nos pode axudar á hora de introducir unha terceira ou cuarta lingua. Aprenderemos os primeiros signos, así...

V Certame Audiovisual de Curtas Alberto Romero

Dende a Asociación C. Alberto Romero informan de que xa están abertas as inscricións para a V edición do certame de curtas Alberto Romero, o prazo remata o 31 de decembro. Toda a información e bases novas na web: www.albertoromero.org

Inicio das obras de instalación dun ascensor na Clínica Vella de Rianxo

A empresa Obras Gallaecia SL iniciou esta semana as obras para a instalación dun ascensor na Clínica Vella de Rianxo. Foi adxudicada por un importe de 55.465,09 € e ten un prazo de execución de 3 meses. Forma parte do Plan Único da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo e dará servizo a tres andares da antiga edificación que albergará servizos municipais e o Instituto Social da Mariña. Resolve, neste senso, os problemas de accesibilidade que afectaba aos centos de beneficiarios/as e...

Teatro: O mel non caduca, por Ibuprofeno Teatro

O venres 23 de outubro,  ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a compañía Ibuprofeno Teatro achégase á nosa vila coa produción: O mel non caduca. A peza teatral ten en escena a Avelino González e a Marián Bañobre, co texto e dirección de Santiago Cortegoso. "O mel non caduca" é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos...

Adhesión do Concello de Rianxo ao programa PEL Reactiva

O Concello de Rianxo vén de adherirse o programa PEL Reactiva, impulsado pola Deputación Provincial da Coruña. Contará cun orzamento de 161.791 €, dividido do seguinte xeito: Deputación da Coruña: 129.433,49 € ​​​​​​​Concello de Rianxo: 32.358,37 € ​​​​​​​Total: 161.791,86 € As persoas destinatarias finais das axudas son as traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas,...

Conto-concerto con Xoán Curiel

Este espectáculo está configurado a partir da primeira novela-CD da literatura galega "Estamos no verán!!!", que nos conta a historia duns amigos que no verán queren formar un grupo de música. Este é un espectáculo absolutamente participativo, onde se mesturan a música (cunha gran variedade de estilos como o funk, o rock, o pop, o reggae ou a bossa nova) con elementos teatrais ou de clown. Outro xoves da biblioteca Xoves 22 de outubro as 18:00 h no Auditorio de Rianxo. ...

Rosa e azul

Outro xoves da Biblioteca. Xoves, 15 de outubro, ás 18:00 h no Auditorio de Rianxo. Reserva a túa praza. A entrada é de balde previa reserva en: biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581, do 08 ao 15 de outubro de 11.00 h a 20.00 h. É preciso indicar de todas as persoas para as que se solicita reserva a seguinte información: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva efectuarase unicamente cando se confirme desde a...

Escola de familias: Obradoiro de primeiros auxilios pediáticos

Segunda actividade do programa da Escola de familias de Rianxo: Obradoiro de primeiros auxilios pediátricos Día: mércores, 14 de outubro Hora: de 16:00 a 20:30 h Lugar: Auditorio de Rianxo Formación avalada pola SEMFYC na que aprenderemos os primeiros auxilios básicos para saber reaccionar no caso de que aconteza unha emerxencia. Inclúe prácticas individuais con manequíns. (Entregarase diploma oficial). Dirixido a familias con...

Manoele de Felisa en concerto

O venres 16 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes terá lugar un concerto a cargo de Manoele de Felisa. A entrada é de balde con reserva previa no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(preferentemente) ou no teléfono 664 183 217, do 05 ao 14 de outubro, de 09.00 a 13.30 horas, en días laborais. É necesario indicar de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva...

DANZA: Gaia, pola compañía Entremans

A compañía de danza Entremans achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co seu espectáculo Gaia. A función será o vindeiro sábado 17 de outubro ás 19.00 horas. Destinada para un público infantil e familiar, crianzas maiores de 3 anos. Forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada é de balde previa reserva de localidade en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente)...

Cataturxia polo grupo de teatro Airiños

O grupo de teatro Airiños organiza unha cata de textos breves do teatro galego contemporáneo CATATURXIA, o venres 9 e o sábado 10 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O venres 9, opción A, serán unha escolma de textos dos torneos de dramaturxia de Galicia e o sábado, opción B, presentación do libro DramaturGA 20: 11 textos breves. A entrada é de balde ata completar capacidade. Necesaria reserva previa de localidade no correo-e...

CATATURXIA, cata de textos breves do teatro galego contemporáneo polo grupo de teatro Airiños

O grupo de teatro Airiños organiza unha cata de textos breves do teatro galego contemporáneo CATATURXIA, o venres 9 e o sábado 10 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O venres 9, opción A, serán unha escolma de textos dos torneos de dramaturxia de Galicia e o sábado, opción B, presentación do libro DramaturGA 20: 11 textos breves. A entrada é de balde ata completar capacidade. Necesaria reserva previa de localidade no correo-e

A máquina do tempo

XOVES DA BIBLIOTECA. A máquina do tempo por teatro Ghazafelhos xoves 8 de outubro as 18:00h A doutora Mon e o seu axudante Pe, logran construír unha máquina do tempo coa que nos amosaran a verdadeira historia das civilizacións mandando a Pe e a “algún voluntario ou voluntaria” a distintas épocas da nosa historia. A entrada é de balde previa reserva en: biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581, do 02 ao 08 de outubro de 11.00h a 20.00...

Convocatoria das axudas destinadas á adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar, e roupa e material deportivo.

PERSOAS DESTINATARIAS DAS AXUDAS 1. O alumnado de infantil poderá acceder ás axudas de: Dispositivos electrónicos e accesorios Material escolar Roupa e material deportivo 2. O alumnado de ensino obrigatorio poderá acceder ás axudas de: Dispositivos electrónicos e accesorios Roupa e material deportivo. TIPO DE AXUDA ...

Obradoiro de emprego de garantía xuvenil "Carnero Valenzuela II"

O Concello de Rianxo vai poñer en funcionamento o Obradoiro de garantía xuvenil “Carnero Valenzuela II” co obxectivo de formar a 16 alumnos/as traballadores/as na especialidade de Confección e publicación de páxinas web. As persoas aspirantes deberán estar desempregadas e inscritas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Deberán comprobar que están axeitadamente inscritas no Servizo Público de Emprego. ...

Xogando coa música

Xogando coa música é un conto que fala dunha soprano que tivo a desgracia de que un rapaz se rira dela nunha actuación e non conseguía volver a cantar ata que o polvo Neón e o peixe don Feixe lle deron a solución: pasar un día coa serea Medea para voltar a recuperar a través dunha serie de actividades a ilusión e a vontade de cantar. poderá voltar a cantar? Esperanza Mara será a nosa soprano convidada. Hai un tempo que non consegue cantar e precisa de que a axudes para...

Cantos, contos e outras animaladas de Ana Facchini, inaugura a Escola de familias 2020

Bota a andar o programa da Escola de familias 2020, que en Rianxo se enmarca dentro do Proxecto Apego, campaña de dinamización lingüística para a primeira infancia impulsada por preto de trinta concellos de Galiza. A Escola de familias 2020 tiña previsto botar a andar no mes de abril, mais por mor da alerta sanitaria tivo que cancelarse. De volta co curso escolar, os/as máis pequenos/as e as súas familias van poder gozar dunha serie de actividades deseñadas exclusivamente para...

Remate do curso de acollemento e integración lingüística

A concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Adelina Ces Quintáns, entregou onte no Auditorio de Rianxo os diplomas que certifican a asistencia do alumnado ao Curso de acollemento e integración lingüística que impartiu ao longo deste mes de setembro Tono Formoso, profesor da Cooperativa Fabaloba. Este curso básico de lingua e cultura galega serviulle ao alumnado para preparar as probas Celga que se van celebrar proximamente en Santiago de Compostela. O certificado Celga...