Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

Rianxo, luz natural

 

ACTUALIDADE

Listaxe de persoal laboral temporal_traballador/a social

O Concello de Rianxo vai convocar procesos de selección para a creación da listaxe de contratación laboral temporal de Traballador-a Social Bases e instancias no Rexistro Xeral do Concello, na sede electrónica sede.concelloderianxo.gal e no sitio web concelloderianxo.

Campamento tecnolóxico de verán para a mocidade

O Concello de Rianxo organiza un campamento tecnolóxico para mozos e mozas durante a primeira quincena de agosto. O campamento consistirá en actividades tecnolóxicas de marcado carácter creativo, orientadas a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 12 e 17 anos. Terá lugar na Aula de Informática do Auditorio de Rianxo e o número de prazas é de 16. A finalidade destes obradoiros é favorecer un uso práctico e creativo, pero tamén crítico, da tecnoloxía, á vez que...

18 Encontro internacional, Zona da Zanfona

Nos vindeiros 2, 3 e 8, 9, 10 de xullo 2022 aCentral Folque organiza a Zona da Zanfona. Encontro Internacional en Rianxo. Un evento que cumpre as dezaoito edicións ininterrompidas organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo onde teñen pasado os nomes máis senlleiros da escena europea nas últimas dúas décadas. Zona da Zanfona é o festival da manivela musical, da revolución silenciosa e mecánica do arco infinito. Esta edición terá unha programación especial...

Festival de verán da Escola de Música de Rianxo

O venres 1 e o sábado 2 de xullo, terá lugar no Pazo de Rianxiño, o Festival de verán do alumnado da Escola de Música de Rianxo.

Campamento Urbano Audiovisual

O Servizo de Xuventude vai desenvolver o Campamento Urbano Audiovisual, dirixido á mocidade de 12 a 17 anos (nados do 2004 ao 2009). O campamento urbano audiovisual de Rianxo é un obradoiro de verán xuvenil centrado na difusión artística, principalmente audiovisual e escénica. É unha ferramenta coa que pretendemos aproximar a mocidade á creación artística e á súa libre manifestación a través de fórmulas que non se lles adoitan achegar habitualmente, coma a expresión corporal,...

Campamento de Teatro para mocidade

O Servizo de Xuventude do Concello de Rianxo vai desenvolver o Campamento de Teatro, dirixido a mozos e mozas de 12 a 17 anos. O Campamento desenvolverase en 4 quendas: do 11 ao 22 de xullo, do 26 de xullo ao 5 de agosto, do 8 ao 19 de agosto e do 22 de agosto ao 1 de setembro. O horario será de 09:30 a 14.00 horas. O campamento de teatro pretende ofertar unha actividade lúdica e eminentemente práctica que achegue coñecementos básicos do teatro aproximando esta vía de...

Reunión informativa do Campamento de Verán

O venres 01 de xullo celebrarase a reunión informativa sobre o Campamento. Os horarios e ubicacións son: 10.00 h - Ceip Ana Mª Diéguez Asados 11.00 h - Cep Brea Segade Taragoña 12.00 h - Auditorio de Rianxo Para aquelas familias que non poidan acudir a reunión, ao rematar poñeremos a información neste mesmo apartado da web.

Obradoiro xuvenil A Vila do Maña

O Concello de Rianxo organiza o obradoiro xuvenil "A Vila do Maña", dirixido a mozos e mozas maiores de 10 anos. O obradoiro desenvolverase dende o 4 ao 8 de xullo, de 16.00 a 20.00 horas. “A Vila do Mañá, Rianxo” parte de tomar a vila de Rianxo, como un taboleiro de xogo e laboratorio de experimentación, transformando o lugar que habito en algo novo, en algo a descubrir se se mira e percorre con outros ollos. O obradoiro trata de transformar as nosas vilas mediante a intervención...

XVII Ciclo de Bandas, Banda da Escola de Música de Rianxo e Píscore

XVII Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña concerto con fusión a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo e Píscore no Campo de Arriba.

XVII Ciclo de Bandas, Banda Escola de Música de Beade

XVII Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña concerto da Banda Escola de Música de Beade.

XVII Ciclo de bandas, concerto da Banda de música de Visantoña

XVII Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña coa concerto da Banda de Música de Visantoña

XVII Ciclo de Bandas

Comezo do XVII Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña coa concerto monográfico John Willians a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo no Campo de Arriba.

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 30 de xuño

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o vindeiro xoves 30 de xuño coa seguinte ORDE DO DÍA: 1. APROBACIÓN ACTA Nº 7/2022 DO PLENO EN SESIÓN ORDINARIA DO 26/05/2022 2. CESIÓN Á CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL PARA INSTALACIÓN DUNHA BASE DE UNIDADES OPERATIVAS -BUO- DO SERVIZO DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS 3. CE 1/2022. FACTURAS PENDENTES DE COBERTURA ORZAMENTARIA E ACTUACIÓNS A REALIZAR EN 2022 4. SC 1/2022....

Orghullo Rianxo 2022

🏳️ORGHULLO RIANXO 2022🏳️ Actividades programadas pola Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo con motivo do 28 de Xuño, día do Orghullo 1. Exposición no Auditorio de Rianxo dos carteis participantes no I Concurso de Carteis Orghullo Rianxo. Está exposición estará ó publico dente o 20 de xuño ata o 1 de xullo. 2. O 28 de xuño coincidindo con día do Orghullo farase unha lectura do Manifesto e Extractos de Poemas, diante do...

Gañadores do I Concurso de Carteis do Orghullo do Concello de Rianxo

Tras reunirse o xurado cualificador do I Concurso de Carteis do Orghullo para ditaminar cal é a rapazada gañadora do concurso citado resolven: 1º Premio: - Sabela Rodríguez Iglesias - Miguel Otero Otero - Yago Villanustre Pérez Alumnado de 5º de Primaria do C.E.I.P.  ADR Castelao de Rianxo. Acta