
Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
DESTACAMOS
ACTUALIDADE
Acto solemne e público de nomeamento de Fillo Predilecto de Rianxo a D. Santiago Agrelo Martínez, Arcebispo Emérito de Tánxer
O vindeiro sábado 01 de abril, ás 12.00 h, celebrarase no Auditorio de Rianxo o Acto solemne e público de nomeamento de Fillo Predilecto de Rianxo a D. Santiago Agrelo Martínez, Arcebispo Emérito de Tánxer. Intervirá Adolfo Muíños Sánchez (alcalde do Concello de Rianxo), Xosé Luís Axeitos Agrelo (académico da RAG, profesor e investigador) e o propio homenaxeado. Apertura e peche musical a cargo do grupo Barahunda. Entrada libre ata completar as localidades.
Visita á Estación Fitopatolóxica do Areeiro e ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán do alumnado do Obradoiro de Emprego Pazo de Rianxiño
O alumnado-traballador do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, coa intención ampliar e completar a súa formación, visitou as instalacións da Estación Fitopatolóxica do Areeiro e o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, ambas situadas en Pontevedra. A Estación Fitopatolóxica Areeiro ten un alto prestixio no ámbito da sanidade vexetal, na investigación e experimentación sobre cultivos forestais, agrícolas e ornamentais, como a camelia, e na defensa e conservación do...
Festa da chuvia 2023
O Concello de Rianxo prepárase para celebrar a Festa da Chuvia o próximo sábado 01 de abril baixo o nome de CH 2023 Nunca choveu que non escampara. O evento contará con ampla variedade de actividades e actuacións tanto durante o día como pola noite. Ao mediodía, os asistentes poderán gozar das actuacións dos Monifates e de Latexo Percursión. Pola noite, no escenario serán os protagonistas cos concertos de Boroa, Mái e Maskarpone OU. Compañía do Ruído é a encargada de...
EVENTO FITNESS – VIRGINIA TORRES, NO PAVILLÓN DE RIANXO, O 1 DE ABRIL
Presentamos o I EVENTO FITNESS, que se celebrará o vindeiro sábado, 1 de abril, no Pavillón Municipal de Deportes de Rianxo “José Manuel Abuín”. Este evento sae da colaboración entre a nosa veciña Virginia Torres e a Concellería de Deportes. Será unha xornada de 2h de duración para desfrutar do mundo fitness, as novas tendencias deportivas, a presenza de adestradores profesionais e as últimas novidades musicais. Virginia leva no ámbito do deporte e a nutrición...
Automatización da emisión dos certificados de empadroamento na Sede Electrónica
A partir de hoxe é posible obter os certificados de empadroamento individuais, histórico e negativo ao momento na Sede Electrónica do Concello de Rianxo, sen agardas nin desprazamentos. O proceso é doado. Abonda con acceder á Sede Electrónica do Concello de Rianxo cun certificado electrónico ou Cl@ve e iniciar un...
Teatro, República Sideral a cargo do Grupo de Teatro Airiños de Asados
O domingo 26 de marzo, ás 19.00 horas, o Grupo de Teatro Airiños presenta República Sideral na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Baixo a dirección de Amantia Coello e cun texto de Esther F. Carrodeguas que resultou gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). A función é benéfica en apoio a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, e está organizada polo Grupo de Teatro Airiños. A entrada...
Talleres de certificado dixital e uso de móbil e tablet
O Concello de Rianxo organiza dous talleres de iniciación á tecnoloxía. Taller de certificado dixital e Sede Electrónica: aprenderase a obter un certificado dixital e a realizar xestións con el nas sedes electrónicas das administracións. O 25 de marzo será unha xornada previa na que se darán os pasos necesarios para solicitar un certificado electrónico, que se obterá ao longo da semana. Tamén se pode participar co certificado propio. O taller terá...
Lembrando a "Manuel Antonio"
O vindeiro 24 e 25 de marzo celebrarase no Auditorio de Rianxo unha serie de actividades audiovisuais arredor da figura do poeta rianxeiro Manuel Antonio. Venres 24, 20.30 h: exhibición do documental “O APARECIDO”, documental de J.A. Jiménez e F. Naveira, seguido dun coloquio. "O aparecido" ten como base a curtametraxe de ficción realizada no ano 1981 sobre a figura do poeta Manuel Antonio. Sábado 25, 20.30 h: exhibición da curtametraxe "Manuel Antonio", seguido...
Ben Vennas Maio, concerto polo día europeo da música antiga
Ben Vennas Maio, un espectáculo de Pablo Sanmamed, Elena Tarrats, Begoña Olavide, Iago Mourinho e Chus Pazos para conmemorar o día europeo da música antiga. O concerto terá lugar o vindeiro martes 21 de marzo, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo do espectáculo. A proposta musical Ben Vennas Maio, de Pablo Sanmamed, é un...
PRESENTACIÓN DO LIBRO, Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida
O vindeiro venres 17 de marzo, ás 20.30 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida (elaborado durante o confinamento) do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego. No acto interverán Ricardo PerezVerdes do Museo Etnolúdico de Galicia, Xosé Manuel Barreiro Insua de Brinquedia, a investigadora rianxeira Manuela Vázquez Coto e o alcalde de Rianxo Adolfo Muíños. Con xogos para todas e...
Teatro, N.E.V.E.R.M.O.R.E a cargo de Chévere
O vindeiro sábado 18 de marzo, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá a nova produción do grupo de teatro Chévere, N.E.V.E.R.M.O.R.E. Unha co-produción de Chévere co Centro Dramático Nacional, co apoio da Agadic-Xunta de Galicia e a colaboración do Auditorio de Galicia/Concello de Santiago de Compostela. A función será ás 20.30 horas. Público recomendado: maiores de 12 anos. Entrada de balde ata completar...
Teatro Arraianos a cargo de Sarabela Teatro
O venres 31 de marzo, ás 20.30 horas, a compañía Sarabela teatro achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa produción Arraianos. Unha das obras fundamentais da literatura galega, unha suma de relatos que estremecen e fan reflexionar. Ou, se acaso, fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza de alma e de vida. Un microcosmos rural de marxe e de fronteira, construído cunha lingua, así mesmo, límite e nos lindes da realidade e...
CAMPUS ITINERANTE IV CICLO
A Mancomunidade Barbanza Arousa coordina, cos concellos que a conforman, o Campus Itinerante IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela; dirixido a persoas maiores de 50 anos e profesionais de atención ao maior. Trátase dun programa de envellecemento activo posto en marcha pola Universidade de Santiago de Compostela co financiamento da Dirección Xeral de Maiores e Servizos Sociosanitarios da Consellería de Política Social e Xuventude. O campus consistirá en...
Consulta pública cidadá sobre a Ordenanza reguladora da Administración Electrónica
Seguindo o disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común, publícase o borrador da Ordenanza reguladora da Administración Electrónica do Concello de Rianxo, coa fin de polo á disposición da cidadanía para consulta pública co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración da Ordenanza reguladora da Administración Electrónica solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis...
Inicio da formación práctica do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño
O pasado mes de xaneiro o alumnado-traballador do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, iniciou a parte práctica da súa formación. Composto por 15 persoas de diversas idades, o obradoiro imparte o certificado de profesionalidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (AGAO0208) Os traballos desenvólvense no recinto do Pazo de Rianxiño e consisten no adecentamento da súa zona exterior, recuperando espazos verdes e axardinados. Actuarase nunha superficie...