Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

Rianxo, luz natural

 

ACTUALIDADE

ADIADO PARA NOVA DATA Sábado 21 de Maio, Susana de Lorenzo (voz) e Alejo Amoedo (piano)

O concerto previsto para o sábado 21 de maio, para voz e piano, a soprano Susana de Lorenzo e o pianista Alejo de Lorenzo ADIASE para nova data por causas alleas ao Concello de Rianxo. Co gallo do nacemento do compositor Carlos García López-Picos (Betanzos, 1922–Oleiros, 2009), o departamento de Cultura da Deputación da Coruña programa un ciclo de concertos que arrancará o 29 de abril no Pazo de Mariñán e que se completará durante o mes de maio noutros tres...

Obradoiro de iniciación ao teatro

O Concello de Rianxo organiza un obradoiro de iniciación ao teatro pata adultos impartido por Amantia Coello. Desenvolverase os luns de 19.00 a 21.00 horas dos meses de xuño a setembro. O lugar de impartición será no Centro Social  Liceo de Rianxo. A matrícula ten un custe de 40 € que abrangue todos os meses de duración do obradoiro. Máis información e inscricións no correo-e cultura@concelloderianxo.gal...

Acción de Verán 2022

A Xunta de Galicia vai convocar o programa Acción de Verán 2022, con campamentos e campos de voluntariado para este verán. Publicarase no DOG a convocatoria o vindeiro luns 16 de maio. As solicitudes tanto dos Campamentos (9-17 anos) como dos Campos de Voluntariado (18-30 anos) poderán presentarse a partir do mércores 18 de maio. A adxudicación de prazas nos Campamentos será por sorteo e nos Campos de Voluntariado por orden de entrada a través dun formulario na web de...

Curso de Big Band a cargo de Alfredo Susavila

Dentro do Festival Noites de Jazz 2022, unha das accións formativas é un curso de Big Band a cargo de Alfredo Susavila. Mestre: Alfredo Susavila Lugar: Auditorio de Rianxo Calendario: Martes e xoves do mes de xullo de 2022 (máis información do documento adxunto) Horario: 10:00 a 14:00 Clases teórico - prácticas Concerto de Clausura: mércores 3 de agosto. Matrícula gratuíta, cunha fianza de 20€ que será reintegrada...

Máis Alálá con Xelís de Toro e Alejandro Vargas

Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o sábado 14 de maio, ás 21.00 horas, terá lugar o espectáculo Máis Alálá con Xelís de Toro e Alejandro Vargas. A proposta forma parte das actividades que a Deputación da Coruña desenvolveu este ano co gallo da celebración do Día dos Museos 2022, pretendendo achegar aos concellos da provincia a representación do espectáculo Máis Alálá de Xelís de Toro e Alejandro Vargas. A entrada é gratuíta previa reserva de localidades en

Presentación do libro A marela ou amarela de Manu Sobral

O próximo xoves 5 de maio, ás 21.00h, no salón de actos do Auditorio de Rianxo presentarase o libro A MARELA OU AMARELA de Manu Sobral. Na presentación ademais do autor da publicación estarán presentes; Manu Martínez (ilustrador), Clodio González (coordinador editorial Toxosoutos) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo)    

Resolución de concesión da subvención de igualdade da Deputación da Coruña.

A Deputación da Coruña publica a resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa FOAI: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento do persoal técnico ou axentes de igualdade no ano 2022 (FOAI/2022) Resolución    

Día da xente do mar. Primeiro de Maio en Rianxo

Actos polo Primeiro de maio en Rianxo, día da xente do mar.

En Rianxo, ciclo de concertos Carlos López García Picos

Co gallo do nacemento do compositor Carlos García López-Picos (Betanzos, 1922–Oleiros, 2009), o departamento de Cultura da Deputación da Coruña programa un ciclo de concertos que arrancará o 29 de abril no Pazo de Mariñán e que se completará durante o mes de maio noutros tres escenarios: o salón de actos da Casa Dopeso das Pontes, os días 7 e 14; o Auditorio Municipal de Rianxo, o 20 e 21; e a Aula de Cultura Xulio Cuns de Betanzos, o 27 e o 28. O...

CONCERTO HOMENAXE A BREA SEGADE

O sábado 7 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un Concerto Homenaxe a Brea Segade con Manuel Tubío (composicións, guitarra e voz) e Carme Tubío (violonchelo). O concerto consiste na estrea de 10 poemas musicados por Manuel Tubío e presentados nun pequeno formato de guitarra e voz con acompañamento de violonchelo para contribuír á recuperación e difusión da obra do poeta Xosé María Brea Segade (1904-1934). O núcleo do programa é unha...

Pase aberto de Continente María

O vindeiro venres 13 de maio, ás 21.00 horas, realizarase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un pase aberto da nova produción teatral Continente María, unha coprodución de Ainé Producións con A Quinta do Cuadrante, o Concello da Coruña e o Centro Dramático Galego. Esta compañía forma parte do programa de residencias do Concello de Rianxo, no que levan xa varias semanas facendo uso da sala Arcos Moldes para a preparación desta nova produción. DURACIÓN: 75 minutos...

Modificación do calendario fiscal para o exercicio 2022

Publícase a modificación do calendario fiscal para o exercicio 2022. Modificación do Calendario Fiscal do exercicio 2022

Presentación dos poemarios de Ricardo Seixo Fernández

O sábado 7 de maio, ás 12.00 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación dos poemarios de Ricardo Seixo Fernández Sinais, Coa Luz Negada e Na República da Intimidade. Na presentación ademais da presenza do autor contarase con Xosé Luís Axeitos (escritor e académico), Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo) e coas intervecións musicais e poéticas a cargo do colectivo Gosto de vivir a poesía (Asociación Veciñal Agra) e o Grupo...

Camiños de coñecemento e experiencia, programa en Rianxo

O Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo, achégase ao Concello de Rianxo co seu proxecto de democratización do coñecemento Camiños de coñecemento e experiencia. Trátase de 6 seminarios de formación universitaria para as persoas maiores de 50 anos que se impartirán no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo. LUNS 09/05/2022  16.30-18.00 Seminario: Simboloxía das cores.  Dna. Nerea Varela Castro. Colaboradora do programa universitario...

Teatro, Gloria Nacional Teatro do Noroeste

ADIADA PARA O 27 DE MAIO O venres 27 de maio, ás 21.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a obra de teatro Gloria Nacional da compañía de Teatro do Noroeste, patrocinada pola Deputación da Coruña co gallo da celebración do Día do Teatro 2022​​​​​​​. A entrada é de balde, pode facerse a reserva en www.concelloderianxo.gal/reservas A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio (non é inmediata) De quedar localidades dispoñibles...