Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
DESTACAMOS
ACTUALIDADE
Ampliación das listaxes de contratación temporal de traballador-a social
O día 14/10/2024, mediante a Resolución da Alcaldía número 924/2024, aprobáronse as bases e a convocatoria da ampliación das listaxes de traballador-a social; as ditas bases tamén están publicadas no taboleiro de edictos da sede electrónica municipal sede.concelloderianxo.gal. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte á publicación do anuncio no BOP.
Monólogo: Soa, de Rogelia Dos Outeiros
Monólogo: Soa, de Rogelia Dos Outeiros, dirixido por Fran Rei. Cando? venres 22 novembro, ás 20.30 h Onde? Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Duración: 55 min. Público recomendo: + 12 anos. Proposta ao abeiro do Pacto do Estado contra a violencia de...
Teatro Amador: Comedia Bífida
Teatro Amador: Comedia Bífída, de Manuel Núñez Singala, representada polo Grupo de Teatro Amador Terra de Outes. Cando: domingo 17 novembro, ás 19.00 h. Onde: Centro Sociocultural A Capela - Araño Entrada de balde ata completar a capacidade. Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Sinopse: Comedia disparatada, baseada na obra de Manuel Núñez Singala, que xulga os prexuízos contra o uso da lingua...
VII Ciclo de Novos Interpretes: Trío Sira
Continúa o VII Ciclo de Novos Intérpretes, organizado pola Escola de Música de Rianxo, evento musical que achega ao público as novas xeracións de artistas. En colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. O vindeiro concerto será o Trío Sira, grupo formado por Alejandro Sanjiao Sexto (Clarinete), Miriam Pardal Figueiro (Trompa) e Aitana Alcalde Ares (Fagot). Onde: Sala Arcos Moldes - Centro Sociocultural-Auditorio. Cando: Domingo 17...
Proceso extraordinario de estabilización do persoal do Concello de Rianxo_Lei 20/2021
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o xoves 29 de decembro as bases xerais e específicas do proceso extraordinario de estabilización ao abeiro do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no emprego público e que rexerán os procesos selectivos para a cobertura de 59 prazas de persoal para o Concello de Rianxo. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o venres 30 de decembro a convocatoria dos procesos selectivos...
Campaña da Neve 2025 - Deputación da Coruña.
A Deputación da Coruña organiza a Campaña de Neve 2025 na que ao Concello de Rianxo lle foron adxudicadas 8 prazas na quinta quenda, do 7 ao 10 de febreiro. Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Valgrande-Pajares. Ademais dos cursos de esquí, contarán con actividades complementarias, ou alternativas no caso de que non se poida esquiar. A estancia e manutención será en aloxamentos situados a pé de pista, na estación VALGRANDE-PAJARES (ASTURIAS). ...
Exposición: Fauna Esencial
A exposición Fauna Esencial, que chega a Rianxo no mes de novembro, recolle un percorrido pola beleza e fraxilidade das especies máis representativas da nosa contorna natural a través dunhas impresionantes fotografías, acompañadas de información detallada. Esta exposición realizase no marco do proxecto Cultura por alimentos, da Fundación Obra Social Abanca. Cando: do 08 de novembro ao 08 de decembro Horario: de luns a venres de 10.00 a 14.00 h, e...
VII Ciclo de Novos Interpretes: Four for the slide
Continúa o VII Ciclo de Novos Intérpretes, organizado pola Escola de Música de Rianxo. evento musical que achega ao público as novas xeracións de artistas. En colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. O vindeiro concerto será o cuarteto de trombóns Four For The Slide., composto por Emma Giménez Maneiro, Brais Fernández Vila, Brais Fontán Lorenzo e Martín Bahamonde Sánchez, catro novos músicos galegos cunha sólida formación e unha paixón compartida pola...
Consulta pública cidadá sobre o REGULAMENTO DO FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERA DO CONCELLO DE RIANXO
Seguindo o disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común, publícase o borrador REGULAMENTO DO FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERA DO CONCELLO DE RIANXO, coa fin de polo á disposición da cidadanía para consulta pública co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas. Con carácter previo á elaboración do regulamento, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas...
Consulta pública cidadá sobre o REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL (ROM) DO CONCELLO DE RIANXO
Seguindo o disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común, publícase o borrador REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL (ROM) DO CONCELLO DE RIANXO, coa fin de polo á disposición da cidadanía para consulta pública co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas. Con carácter previo á elaboración do regulamento, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola...
Obradoiro de Banda Deseñada con Inés Vázquez
Obradoiro de Banda Deseñada con Inés Vázquez, dirixido a mocidade de 08 a 13 anos. Proposta do programa de dinamización lingüística Falaredes. Cando: Venres 08 novembro, ás 19.00 h. Onde: Centro Sociocultural- Auditorio de Rianxo Precisase inscrición previa, no correo cultura@concelloderianxo.gal ou no teléfono 981 100 688. Inscricións ata o venres 08 ás 14.00 h ou ata esgotar prazas.
Concerto: A Pedreira - Basal
Concerto de presentación do disco Basal de A Pedreira, liderados pola artista galega Ugía Pedreira. O disco Basal é unha fusión de estilos diversos pintando a música galega desde o magma da composición. Cando: sábado 16 de novembro, ás 20.30 h Onde: Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Proposta ao abeiro do programa Outono das Artes da Deputación da Coruña. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do...
Contando en feminino: Contos sobre a igualdade
Contando en feminino: Contos sobre a igualdade, a cargo de Asociación Lisitrata, coa contadora Ana Hermida. Cando: Venres 15 novembro, ás 19.00 h. Onde: Centro Sociocultural Faustino Rey Romero - Casa da República - Isorna Público familiar. Entrada de balde ata completar a capacidade. Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Contando en feminino Historias contadas desde a perspectiva de xénero e...
VII Memorial Mireya Dieste
VII Memorial Mireya Dieste: Presentación de A Mansión dos anxos. Música de Salao de compositores pontevedrinos do século XIX. Coa presenza do editor Javier Jurado e co concerto a cargo de Alejo Amoedo ao piano. Proposta organizada pola Irmandade da Música Galega, en colaboración co Concello de Rianxo e de Dos Acordes. Cando: sábado 09 de novembro, ás 21.00 h Onde: Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.
Regueifeando pola Coruña
Regueifeando pola Coruña! un desafio oral entre os grandes regueifeiros da Comarcar de Bergantiños, con Antonio e Suso de Xornes. Cando: Venres 08 de novembro, ás 20.00 h Onde: Centro Cultural Vicente Vidal - Leiro. Entrada de balde ata completar a capacidade. Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.