Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

ACTUALIDADE

As miñas 25 primeiras palabras: álbum de agasallo á crianza con Apego

O Concello de Rianxo publica este álbum das primeiras 25 palabras como parte do material que acompañe a crianza con Apego, co fin de ter recollidas as primeiras palabras que exprese a nosa crianza para crear un vínculo emotivo coa súa lingua no futuro e así promover o seu uso. A Concellería de Educación e Normalización Lingüística  e a Concellería de Benestar, Igualdade e Diversidade promoven esta publicación como unha achega máis para as mais de 150 familias que conforman a...

Charla informativa sobre o acollemento familiar

O concello de Rianxo e Acougo fan posible esta charla de difusión sobre o acollemento familiar para visibilizar a realidade de miles de nenos, nenas e adolescentes que non poden vivir coas súas familias, as dificultades coas que poden toparse as súas familias e a labor das nosas familias acolledoras. Formulario de inscrición   Máis...

Noite Irisada

A Deputación da Coruña subvenciona a proxección do documental "Noite Irisada", un documental de memoria, amor e loita dos colectivos de gays e lesbianas en Galicia. Ten unha duración de 62 minutos e está dirixido por Bea Campaña, no que os protagonistas son principalmente mulleres e homes que durante décadas pelexaron e defenderon os dereitos das lesbianas e dos gays en Galicia. Nanina Santos, Carlos Callón, Maximino Queizán, Marta Álvarez Quintero, Ignacio Iglesias Villar, Xiana...

I Andaina solidaria ASANOG

A “Asociación de Axuda a Niños Oncolóxicos de Galicia”, ASANOG, coa colaboración do servizo de deportes do Concello de Rianxo, organiza a “I Andaina Solidaria ASANOG”, co obxectivo de recadar fondos para a asociación, á que irá o 100% do recadado a través das inscricións. A andaina con superpoderes!!! Adrián Mosquera, o primeiro deportista olímpico...

Presentación do programa Espazo Familias.

A “Asociación socio-educativa Antonio Gandoy” é unha entidade sen ánimo de lucro de recente creación que, conformada por extraballador@s da extinguida Fundación Preescolar na Casa, ten como misión principal preservar, difundir e dar continuidade á tarefa socioeducativa desenvolta por Preescolar na Casa. A “Asociación socio-educativa Antonio Gandoy”, ofrece ás familias con crianzas menores de seis anos a posibilidade do encontro e intercambio con outras familias e con...

Gala Faustino Rey Romero

Gala Faustino Rey Romero organizada pola Irmandade da Música Galega coa colaboración do Concello de Rianxo. Día: sábado 16 de outubro. Hora: 20.30 h. Lugar: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Persoas destinatarias: todos os públicos Reservas: Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14 horas do xoves 14...

Presentación, O rosario e a buguina de Xosé Ricardo Losada

O sábado 16 de outubro, ás 13.00 horas, terá lugar no teatro do Auditorio de Rianxo a presentación da novela de X. Ricardo Losada O rosario e a buguina, gañadora do premio Torrente Ballester 2020 da Deputación da Coruña. No acto contarase coa presenza de Xosé Manuel Lobato (escritor), Malores Villanueva (editora), Antón Riveiro Coello (escritor e vogal de Barbantia), Xurxo Couto (deputado de cultura da Deputación da Coruña), Adolfo Muíños (alcalde de...

Publicación dos requirimentos das solicitudes das becas municipais curso 2021-2022

Publicase na Sede Electrónica deste concello os requirimentos das solicitudes presentadas na "Convocatoria para a concesión de axudas destinadas á adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar e roupa e material deportivo para o alumnado de educación infantil e ensino obrigatorio, no curso escolar 2021-2022. Requirimentos

IV Ciclo de novos intérpretes

IV Ciclo de novos intérpretes

Teatro, Bernarda a cargo de Malasombra

Teatro, Bernarda a cargo de Malasombra Teatro Día: sábado 30 de outubro. Hora: 20.30 h. Lugar: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Persoas destinatarias: recomendada a partir de 14 anos. Duración: 75 minutos. Reservas: Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web...

Bernal Muíños no IV ciclo de novos intérpretes

O rianxeiro Bernal Muíños deleitaranos co seu cuarteto de jazz no IV ciclo de novos intérpretes organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo. O concerto terá lugar na sala Arcos Moldes do Concello de Rianxo o vindeiro venres 29 de outubro ás 20.30 horas. Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14 horas do mércores 27 de...

IV Ciclo de Novos Intérpretes, Óscar Vázquez e Yamini Teresa

O Ciclo de Novos Intérpretes organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo, comeza o vindeiro sábado 23 de outubro, ás 20.30 horas, co concerto a cargo de Óscar Vázquez ao trombón baixo e Yamini Teresa ao piano. Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14 horas do xoves 21 de outubro. A reserva será...

Teatro, Un home con lentes de pasta por Redrum Teatro

Teatro, Un home con lentes de pasta por Redrum Teatro Día: venres 22 de outubro. Hora: 21.00 h. Lugar: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Persoas destinatarias: recomendada a partir de 13 anos. Duración: 75 minutos. Reservas: Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web

Teatro, A lingua das bolboretas de Sarabela Teatro

Teatro: A lingua das bolboretas a cargo de Sarabela Teatro. Día: venres 15 de outubro. Hora: 21.00 h. Lugar: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Persoas destinatarias: todos os públicos Duración: 70 minutos. Reservas: Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web

OUTONO CULTURAL 2021

Programa do Outono Cultural 2021 no Concello de Rianxo.