Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

DESTACAMOS:

ACTUALIDADE

PEL-Concellos Reactiva 2021

O Concello de Rianxo vai presentar proximamente no Servizo Público de Emprego de Galicia, na súa oficina de Boiro, as ofertas de emprego para a contratación do persoal necesario para o Programa de Integración Laboral PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021, mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes durante o exercicio 2021. O obxecto deste programa é fomentar o emprego nos concellos mediante a contratación de...

Axudas nos alugueiros de vivenda habitual para minimizar o impacto económico e social da COVID-19

OBXECTO Trátanse de axudas ao aluguer, ás persoas arrendatarias de vivenda habitual que, como consecuencia do impacto económico e social da COVID-19 teñan problemas transitorios para atender ao pago parcial ou total do aluguer. Tamén inclúe a concesión de axudas para facer fronte á devolución das axudas transitorias de financiamento recollidas no artigo 9 do Real Decreto-Lei 11/2020, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte...

Horarios de apertura e reserva

Actualizamos os horarios de apertura dos pavillóns polideportivos: do 5 ao 30 de abril. Así mesmo, tamén se actualiza o horario de reserva da pista polideportiva do colexio Ana Mª Diéguez (Asados). As reservas poden facerse no pavillón polideportivo de Rianxo ou na oficina do Servizo de Deportes. Lembramos que tamén se poden reservar as redes de tenis para o seu uso nas pistas exteriores do concello. Estas reservas faranse nos lugares antes citados.

Camiñando entre mulleres 2021

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel de Rianxo e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello, volven a colaborar na organización do ciclo de relatorios Camiñando entre mulleres, unha actividade educativa que procura achegarlle ao alumnado do centro educativo referentes femininas que destacan no seu ámbito profesional empregando a lingua galega: operarias, investigadoras, escritoras, muralistas... Este ano participan no...

Seis estudantes do IES Félix Muriel de Rianxo farán prácticas en Irlanda polo programa Erasmus+

Grazas ao Programa Erasmus+, seis estudantes do IES Félix Muriel de Rianxo do Ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia viaxarán ata a República de Irlanda para facer as súas prácticas na Asociación Ikkaido, na sede que ten na cidade de Tralee, no condado de Kerry. Por cuarto ano consecutivo, aínda que non foi doado, o instituto rianxeiro segue apostando pola internacionalización do seu centro de ensino a través dos seus proxectos. A pesar da pandemia da...

Renovación de luminarias para o proxecto de adaptación do alumeado público para a eficiencia enerxética

O Concello de Rianxo está a realizar nestas semanas o troco de luminarias previsto no proxecto Renovación e adaptación do alumeado público, proxecto que pretende mellorar a eficiencia enerxética do Concello e que prevé a substitución progresiva do alumeado por lámpadas LED, así como a instalación de novos cadros de mando. Nesta fase, o proxecto, financiado nun 80% polo IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía-Ministerio de Transición Ecológica) e nun...

Rianxo acollerá a primeira regata da Eusko-Label Liga da súa historia

Os equipos participantes xa saben o camiño que deberán seguir esta tempada, unha vez que a asemblea da ACT deu o visto e prace ao calendario 2021. É fíxose cunha novidade: Rianxo. A vila mariñeira acollerá, por primeira vez na súa historia, unha regata da máxima categoría de traiñeiras de España. A cita será o vindeiro 7 de agosto no peirao de Rianxo, e farao da man da Barbanza Arousa, que quere aproveitar o tirón da competición para mostrar o seu potencial turístico.

Axudas ao alugamento de vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021

​​​​​​OBXECTO DAS AXUDAS E CONTÍA Trátase de axudas económicas ás persoas inquilinas para o alugamento de vivendas, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021, convocadas para a anualidade 2021, nas seguintes liñas de actuación: a) Liña A. Axuda ao alugamento de vivenda a sectores de poboación con escasos medios económicos. A contía da axuda será do 40 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento ou do 50 % no caso de persoas beneficiarias maiores...

Comeza o Enreguéifate 2021!!

Como cada ano por estas datas (e xa hai cinco!), o certame Enreguéifate comeza a súa andaina á procura de estudantes e público en xeral que se apunte á práctica da arte da improvisación oral coa regueifa en lingua galega. Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Santiago de Compostela, Teo e Rianxo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua...

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 25 de marzo de 2021

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 25 de marzo de 2021, coa seguinte ORDE DO DÍA 1. Aprobación da acta nº 4 do 25 de febreiro de 2021. 2. Modificación da base de execución 26ª para a inclusión dunha nova subvención nominativa. 3. Cancelación do monte consorciado do Concello de Rianxo "Pena e Leoiras". 4. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno. 5. Moción da Alcaldía: a...

Espectáculo científico "Código Sapiens" con Vicente Mohedano e Xurxo Mariño

O vindeiro venres 26 de marzo, no Auditorio de Rianxo, celebrarase o espectáculo científico Código Sapiens, Mens Lingua-Lingua Mens, unha exploración da ciencia na linguaxe, por Vicente Mohedano e Xurxo Mariño. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Este espectáculo de temática científica está dirixido ao alumnado de 2º da ESO do IES Félix Muriel. Código Sapiens A linguaxe! Usámola a diario tanto para...

Espectáculo teatral A Gran Viaxe, por Inventi Teatro

O vindeiro venres 26 de marzo, no CEIP Castelao de Rianxo, representarase a obra teatral A Gran Viaxe, de Inventi Teatro. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Este espectáculo está dirixido aos escolares do CEIP Castelao de Rianxo. A Gran Viaxe A capitá Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave a terra en busca do Ziscornio, o elemento necesario para salvar o seu planeta que está sendo atacado por bichos...

Monólogo "Contos de Contrabando" por Avelino González

O vindeiro xoves 25 de marzo, no Auditorio de Rianxo, celebrarase o monólogo Contos de Contrabando do actor Avelino González. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Este monólogo está dirixido ao alumnado de 1º da ESO do IES Félix Muriel de Rianxo. Contos de contrabando Cóntase a historia de amor entre dous contrabandistas, el galego e ela portuguesa. A súa relación de amor desenvólvese á par da súa vida...

Concerto didáctico "24 instrumentos populares galegos" por Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero

O vindeiro martes 23 de marzo, no CEP Brea Segade de Taragoña, celebrarase o Concerto 24 instrumentos populares galegos polos músicos Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Este concerto didáctico está dirixido aos escolares do CEP Brea Segade de Taragoña. 24 instrumentos populares galegos Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero lévannos de viaxe a través dos instrumentos da tradición...

Unha figueira da Casa de Rosalía para o Pazo de Rianxiño

O pasado sábado 20 de marzo o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, plantaron unha figueira procedente da Casa Rosalía no Pazo de Rianxiño. Con este simbólico acto, ratificouse a sinatura do convenio de mecenado que o concello rianxeiro fixo efectivo en Padrón o mes pasado. Rianxo convértese así no noveno concello amigo da Casa de Rosalía, unha casa que é a de todas as galegas e galegos. En virtude do convenio anual asinado...

Apertura do prazo de inscrición nas probas para obter o Certificado de Lingua Galega (Celga) 2021

Prazo de inscrición: do 18 de marzo ao 12 de abril de 2021. Modo de inscrición: telemático preferentemente, mais tamén se pode facer presencial. Lugar de inscrición: premendo aquí. As persoas que desexen inscribirse nas probas para a obtención dos Certificados en Lingua Galega (Celga) deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo...

Publicación da concesión definitiva das axudas do PEL-Reactiva

O Concello de Rianxo resolveu a concesión das axudas do Fondo de Financiamento promovido pola Deputación da Coruña (PEL-Reactiva), coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír a paliar os danos derivados da pandemia da COVID-19 ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas. Publícase esta resolución de concesión definitiva segundo o establecido na base 11ª das Bases da convocatoria e notificarase ás persoas...

Concerto do grupo Galifunk

O vindeiro sábado, 27 de marzo, ás 20.00 h, o grupo Galifunk realizará un concerto na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Só con reserva de localidades no enderezo web  

Proxección do filme Somos Criminais

O vindeiro venres, 26 de marzo, ás 20.00 h, proxectarase o filme Somos Criminais na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Adaptación audiovisual do exitoso espectáculo (con máis de 60.000 espectadores, foi o espectáculo con máis entradas vendidas da historia do teatro en Galicia) de Carlos Blanco e Touriñán, dirixido por Tito Asorey e Jairo Iglesias.  Só con reserva de localidades no enderezo web   https://concelloderianxo.gal/reservas...

Atrapa a nespra, obradoiro formativo para a elaboración de trampas para a velutina

Desde o Concello de Rianxo, en colaboración coa Agrupación Local de Protección Civil, o vindeiro sábado 27 de marzo, organízase un obradoiro formativo para a elaboración de trampas e atraentes caseiro para atrapar nos meses de primavera as raíñas de nespra velutina. Lugar: Liceo Marítimo Rianxeiro Hora: 11:00 Aforo: 15 persoas, segundo orde de inscrición É necesaria a inscrición previa, no telefono 981 860 808 ou por correo electrónico:...

Presentación de Aproximacións a Manoel Antonio, de Xosé Luís Axeitos

Xoves 18 de marzo, ás 20.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, no marco dos Actos Castelao 2021: Presentación de Aproximacións a Manoel Antonio de Xosé Luis Axeitos, coa participación de María Xesús Blanco, vicepresidenta da AC Barbantia, Roberto Abuín, Axóuxere Editora e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, ademais do autor. Intervención plástica a cargo de Xosé Luis Veiras Manteiga. Apertura e peche musical a cargo de Sara García...

Conversa en liña polo 8M con Jorge García Marín: Papá, por que non pintas as unllas de cores?

O pasado 25N anulouse, por mor da situación de emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19,  unha das actividades previstas da Escola de Familias 2020, a presentación do libro Papá, por que non pintas as unllas de cores? do sociólogo da USC Jorge García Marín.  Nesta obra reflexiónase sobre a necesidade de deconstruír a educación dos homes desde unha nova perspectiva, feminista e integradora. Trátase dun libro sobre as novas masculinidades que temos que...

A rede europea WiFi4EU entra en funcionamento en Rianxo

O Concello de Rianxo completou o despregue dos 10 puntos de acceso no noso municipio que conforman a rede pública aberta WiFi4EU. A Axencia Executiva de Innovación e Redes (INEA) da Comisión Europea subvenciona a adquisición do equipamento con 15.000 €, que o Concello completa con 21.749,44 € de fondos propios para garantir o subministro de datos durante os tres vindeiros anos. A iniciativa WiFi4EU promove o libre acceso da cidadanía a conexións wifi abertas e...

Monólogo Duarte Galbán: Vello aos vinte e pico

O vindeiro sábado 20 de marzo, ás 20.00 h, Duarte Galbán presenta o seu espectáculo Vello aos vinte e pico, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Nesta ocasión o artista rianxeiro estará acompañado dun artista convidado. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no telf.  664 183 217, desde o 8 ata o 18 de marzo, de 9:00 a 13:30, en días laborais. É...

Campaña OitoM

Este ano as actividades serán en liña, mais continuarán sendo gratuítas e en aberto. Máis información neste enlace.  

Cursos de formación de Amicos

A partir do mes de marzo e abril, a asociación Amicos vai desenvolver dúas accións formativas na modalidade de teleformación con titorías presencias. Os cursos son os seguintes: - Auxiliar de almacén -

Teatro: 32 metros cadrados

Dentro da programación cultural do 8M de Rianxo, o domingo 14 de marzo, ás 19:30 h, a compañía ButacaZero representará a obra 32 metros cadrados, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no telf.  664 183 217, do 1  ao 11 de marzo de 9:00 a 13:30, en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf.  e, se son conviventes. A reserva...

Teatro: Feminíssimas

O venres 12 de marzo, ás 20.00 h, a compañía De Ste Xeito Producións representará a obra Feminíssimas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Só con reserva de localidades en

Pasacalles: Brass band Brassica Rapa

O domingo 7 de marzo, ás 12:30 h, ​a brass band-fanfarría Brassica Rapa (100% feminina) realizará un pasacalles polas rúas de Rianxo. Proposta ao abeiro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Brassica Rapa Brassica Rapa ofrecen un espectáculo moi variado que mestura música instrumental e vogal coa multipercusión. O seu repertorio vai de grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando por temas máis jazz, música actual reivindicativa ou bandas...

Novos horarios do Punto Limpo de Rianxo

O Punto Limpo de Rianxo modifica os seus horarios de apertura ao público. Quedan como segue:  Horario de inverno: do 1 novembro ao 31 marzo Luns a xoves Mañá: 10:00 a 13:00 horas Tarde: 16:00 a 19:00 horas Venres e sábado: Mañá: 10:00 a 14:00 horas Tarde: 16:00 a 20:00 horas Domingos e festivos: pechado Horario de verán: do 1 abril ao 31 outubro Luns a xoves Mañá:...

Guía de mobilidade para traballar e formarse no estranxeiro

O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Rianxo elaborou unha Guía de mobilidade para traballar e formarse no estranxeiro, co fin de ofrecer información para todas aquelas persoas interesadas en vivir unha experiencia fóra do noso país para incrementar a capacitación a nivel persoal e laboral, aprender un idioma e coñecer outras culturas e formas de vida ao mesmo tempo que adquiren coñecementos e melloran o desempeño nunha ou en varias especialidades.  

Convocatoria de axudas na Área de Rehabilitación Integral (ARI)

Bases reguladoras para a concesión de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na área de rexeneración e renovación urbana, nos núcleos de Rianxo, A Fincheira e Rianxiño, 8ª fase. Bases reguladoras

Programación cultural arredor da celebración do 8M 2021 Rianxo

O domingo 7 de marzo, ás 12:30 h, ​a brass band-fanfarría Brassica Rapa (100% feminina) realizará un pasacalles polas rúas de Rianxo. Proposta ao abeiro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña. O venres 12 de marzo, ás 20.00 h, a compañía De Ste Xeito Producións representará a obra Feminíssimas,  tres maneiras de entender o feminismo. E o domingo 14 de marzo, ás 19:30 h, a compañía ButacaZero representará a obra 32 metros cadrados, unha...

Arredor de Nós, Concerto Exposición de 2na Fronteira

O grupo 2na Fronteira actuará o vindeiro sábado 6 de marzo,  ás 20.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Trátase do concerto-exposición Arredor de Nós, actuación aprazada dos Actos Castelao 2021. Proposta ao abeiro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, do 26 de febreiro ao 5 de marzo de 9.00 a 13.30 horas en días laborais. É...

O Concello de Rianxo convértese en Mecenas da Casa de Rosalía

​​​​    • En virtude deste convenio, tanto os escolares do municipio como as asociacións culturais poderán ter visitas guiadas de balde á Casa de Rosalía. En tempos de COVID-19, a veciñanza de Rianxo poderá visitar o museo de xeito gratuíto.     • Anxo Angueira: “Esta nova crise supuxo un duro revés. Grazas a estes apoios estamos resistindo e afrontamos o futuro coa maior das ilusións”.     • O vindeiro...

Proxecto EIXO_FSE_POEJ

A Deputación da Coruña, a través do seu Plan de emprego local, propón un itinerario formativo relacionado coa seguridade e o medio ambiente, encamiñado a obter o certificado de profesionalidade en Limpeza de Espazos Abertos e Instalacións Industriais (nivel 1). Ademais da formación específica neste campo, o itinerario consta de formación complementaria noutros aspectos transversais como son a prevención de riscos laborais, idiomas (inglés), novas tecnoloxías, igualdade de...

Monólogo: Bravas, a nosa historia, con saias e a rachar, de Isabel Risco

O vindeiro venres 26 de febreiro, ás 20.00 h, Isabel Risco presenta o espectáculo Bravas a nosa historia, con saias e a rachar, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no telf.  664 183 217, ata as 14 horas do 26 de febreiro, de 9:00 a 13:30, en días laborais. É necesario indicar, de todas as...

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 25 de febreiro de 2021

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 25 de febreiro de 2021, coa seguinte ORDE DO DÍA Parte resolutiva 1. Aprobación das actas anteriores. Parte de control 2. Dación de conta das resolucións de Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno. 3. Adhesión aos obxectivos da Axenda 2030. 4. Apoio aos/ás traballadores/as do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e...

Día Rosalía de Castro 2021: os seus poemas musicados recollidos nunha lista de reprodución do YouTube

O vindeiro 24 de febreiro conmemórase o día da nosa gran poeta nacional, Rosalía de Castro. Todos os anos, o Concello de Rianxo adoita realizarlle unha homenaxe pública nas rúas e prazas da vila, mais este ano a emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19 impídenos celebrar actos nos que participe xente. Así, nesta ocasión, recomendamos que o vindeiro día 24, escollades a seguinte lista de reprodución de vídeos do YouTube onde diferentes artistas interpretan os poemas de Rosalía...

Exposición XIV Premio Internacional Jesús Nuñez de Arte Gráfica/2019

A exposición XIV Premio Internacional Jesús Nuñez de Arte Gráfica/2019, da Deputación de A Coruña, poderá visitarse desde o 19 de febreiro ao 3 de marzo, na Sala de Exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, no horario de apertura do centro.  

DESligaTE, xornal deportivo en contra das violencias machistas

Partillamos este interesante proxecto da Universidade da Coruña que olla o deporte cunha mirada moi necesaria no camiño de acadar a igualdade plena, neste e noutros ámbitos, e que conta con participación rianxeira. Manuela Vázquez Coto (Rianxo, 1980), licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e profesora de Educación Física, aborda no seu artigo Fútbol, no centro do patio? a necesidade da creación de espazos de xogo nos patios escolares que cubran as...

Novidades nas restricións na práctica deportiva

Informamos das novas restricións que afectan á práctica deportiva ditadas pola Xunta de Galicia ao abeiro da Orde do 15 de febreiro de 2021 pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. A principal novidade é a volta das competicións e adestramentos do deporte federado de ámbito...

Entroido Virtual Rianxeiro 2021

O Entroido Virtual Rianxeiro 2021 consiste na celebración do Entroido a través das redes sociais, animando ás familias a publicar fotografías e vídeos curtos cos seus disfraces, complementados con escenificacións e actuacións: cantando, bailando, actuando... As categorías nas que se pode participar son tres: individual, familiar (deben aparecer membros de distintas xeracións) ou grupos virtuais, para facilitar que participen grupos de non conviventes, sempre que non aparezan no...

Aprobado o Plan Único 2021 da Deputación da Coruña

A proposta do grupo de goberno (BNG-PSOE) contou coa aprobación dos grupos municipais do PP e Cidadáns e a única abstención de Rianxo en Común. O Plan Único da Deputación procura seguir afondando no obxectivo de fomentar o abastecemento e o saneamento integral do Concello. Neste senso, para achegar a auga do Ulla ao Araño promóvese unha actuación a modo de fase inicial que desde o depósito de Taragoña abastecerá Corques e baixará á estrada xeral AC305. Esta actuación,...

Convocatoria de cursos Celga presenciais e en liña da Xunta de Galicia

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca os cursos Celga do ano 2021. Poderán realizarse na súa modalidade en liña (Celga 1, 2, 3, 4) ou presencial (3,4). Estes últimos só se poderán cursar nas principais cidades de Galiza.  Os cursos, que se desenvolverán entre os días 15 de marzo e o 6 de maio, son gratuítos e serven para preparar as probas Celga, que adoitan ter lugar entre os meses de maio e xuño. A superación das probas é o que acredita o coñecemento da lingua...

Horarios de atención ao público

Actualizamos os horarios de atención ao público adaptándoos á Orde do 26 de xaneiro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Actualización das restricións na práctica deportiva

Publicamos un resumo ao abeiro da Orde do 26 de xaneiro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Resumimos os principais cambios que afectan aos clubs deportivos e á actividade deportiva federada e non federada, segundo establece a devandita orde.

Atención ao público no Auditorio de Rianxo

Por mor da evolución da pandemia e atendendo ás medidas para evitar a súa transmisión, a partir deste 26 de xaneiro, todas as actividades dos centros socioculturais en parroquias, no Auditorio, na Biblioteca e demais instalacións culturais quedan suspendidas ata novo aviso.  Solicitamos a colaboración da cidadanía para que a atención nesas dependencias se limite a casos de extrema necesidade, para o que se debe chamar con anterioridade co fin de concertar cita ao teléfono...

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da corporación do 28 de xaneiro

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da corporación municipal para o xoves 28 de xaneiro de 2021, coa seguinte ORDE DO DÍA 1. Aprobación da acta nº 13 do 22 de decembro de 2020. 2. Dación de Conta das Resolucións da Alcaldía e actas da Xunta de Goberno. ​​​​​​​3. Aprobación do Plan de Acción para o clima e a enerxía (PACE) do Concello de Rianxo. ​​​​​​​4.   Aprobación inicial   Ordenanza municipal   non fiscal reguladora   da...

Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión

REQUISITOS  Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40% na factura do subministro). Ser o/a titular do contrato de subministración eléctrica. Estar en risco de exclusión social. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 do xuño, de...