
Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
ACTUALIDADE
Jam Sessión Aberta do Combo de Jazz da Escola de Música de Rianxo
Jam Sessión Aberta do Combo de Jazz da Escola de Música de Rianxo, co mestre Bernal Muíños, enmarcada no Festival Noites de Jazz 2025. LUGAR: café-bar A Lareira DATAS: martes 01 de xullo HORA: 20.00 h
Encontro de Corais
Encontro de Corais, organizado pola Coral Abraira e o Centro Cultural Simón Varela de Asados coa colaboración do Concello de Rianxo e a Asociación Virxe do Carme de Rianxo. DÍA: domingo 13 de xullo HORA: 21.00 LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
Noites Folc: Mediarea, fillos da virasón en concerto
Noites Folc: Mediarea, fillos da virasón en concerto. DÍA: mércores 16 de xullo HORA: 22.00 LUGAR: Praza de Castelao (Rianxo) Proposta enmarcada na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña, coa colaboración da Asociación Virxe do Carme de Rianxo.
XX Ciclo de Bandas Concello de Rianxo
XX Ciclo de Bandas Concello de Rianxo, organizado pola Escola de Música de Rianxo e o Concello de Rianxo coa colaboración do Grupo de Teatro Airiños e a Deputación da Coruña. BANDA DE MÚSICA DE ARCA DÍA: domingo 13 de xullo HORA: 13.00 LUGAR: Campo de Arriba (Rianxo) BANDA DE MÚSICA DE ORDES DÍA: sábado 19 de xullo HORA: 21.00 LUGAR: Campo de Arriba (Rianxo) BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA...
Servizo de Limpeza de Montes e outras tarefas de valorización forestal - Ano 2025
O Concello de Rianxo, en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, vai presentar oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, na súa oficina de Boiro, para a contratación de 3 peóns/peoas forestais para o Servizo de Limpeza de Montes e outras tarefas de valorización forestal. As persoas traballadoras que se contraten para a realización das obras e servizos e polas que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas...
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CO GALLO DO DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTBI
O 28 de xuño conmemórase o Día Internacional do Orgullo LGTBI, una data de alcance mundial que celebra a diversidade e recorda a importancia de garantir os dereitos e liberdades de todas as persoas, con independencia da súa orientación sexual. Esta xornada ten a súa orixe no feito ocorridos en 1969 no barrio neoiorquino de Stonewall, que marcaron un antes e un despois na reivindicación dos dereitos civís do colectivo LGTBI. Dende entón, esta data consolidouse como unha oportunidade...
O mundo dixital en familia. Ferramentas para unha convivencia saudable
No marco do eventoRianxo Gaming 2025, o Concello de Rianxo organiza unha charla sobre "O mundo dixital en familia". Nesta actividade, que será a primeira da xeira de xornadas formativas e de convivencia do programa Escolas de familias 2025, abordaremos as ferramentas para unha convivencia saudable coas novas tecnoloxías. O mércores 25 de xuño ás 20.00 h no salón de actos do Auditorio de Rianxo, impartida por Lua Gaming.
XXI Festival de baile e música tradicional Fogo Fatuo
XXI Festival de baile e música tradicional Fogo Fatuo DÍA: sábado 05 de xullo HORA: 21.00 h LUGAR: Praza de Rafael Dieste
San Pedro de Vilas
San Pedro de Vilas, organizada pola Asociación A Leoira coa colaboración do Concello de Rianxo. DÍA: sábado 28 de xuño HORA: a partir das 9.00 h LUGAR: San Pedro de Vilas (Asados)
CONCERTO, Ghrelo Power de Brassica Rapa
CONCERTO, Ghrelo Power de Brassica Rapa DÍA: sábado 28 de xuño HORA: 13.30 h LUGAR: San Pedro de Vilas (Asados) Proposta enmarcada na Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Rianxo Gaming 2025, a feira de videoxogos de Rianxo
O 5 de xullo, ao longo de toda a xornada, desenvolverase a terceira edición do Rianxo Gaming, a feira de videoxogos de Rianxo, no Campo de Arriba (Praza Castelao). A feira inclúe múltiples actividades de xogo libre, mostra de xogos retro, arcades, tendas, xantar e torneos de Mario Kart, Brawl Stars, EA Sports FC e Smash Bros, e coa novidade dos xogos de mesa e torneo de cartas coleccionables de Pokémon TCG. O punto musical virá da man de Gallos del Norte e da Banda de...
Publicación dos grupos de Campamento
Publícanse os grupos do campamento, organizados segundo a data de nacemento das persoas participantes. Só de forma excepcional e debidamente xustificada se valorará a posibilidade de realizar un cambio de grupo. Grupos Félix Muriel
Declaración Institucional polo Día Mundial das Persoas Refuxiadas
O vindeiro 20 de xuño conmemórase o Día Mundial das Persoas Refuxiadas. Segundo o último informe semestral de tendencias publicado por ACNUR, en xuño de 2024 máis de 120 millóns de persoas no mundo foran desprazadas por persecucións, conflitos, violacións dos dereitos humanos, violencia ou graves alteración da orde pública. En comparación co ano anterior, a cifra supón un aumento de máis de 5 millóns de persoas. O número de persoas desprazadas pola forza mantívose ao alza...
Bando informativo sobre as fogueiras de San Xoan 2025
Julián Bustelo Abuín, Alcalde do Concello de Rianxo, con motivo da realización de fogueiras no marco da celebración da festividade de San Xoán a noite do 23 de xuño de 2025, INFORMO: Aquelas persoas que teñan intención de realizar unha fogueira nun terreo particular a noite do 23 de xuño de 2025 deberán presentar unha declaración responsable debidamente cuberta. O modelo a cubrir pódese recoller no Rexistro Xeral do Concello de Rianxo. Na dita declaración recóllense...
Campamento de Teatro para mocidade - Verán 2025
Unha vez rematado o prazo de inscrición, todas as persoas que se anotaron teñen praza no campamento. Remitiuse un correo electrónico coa información a cada un dos mozos e mozas admitidos. Aínda quedan prazas dispoñibles, así que, se estás interesado/a, estás a tempo de inscribirte. ______________________________________________________________________ O servizo de Xuventude organiza o Campamento de Teatro Verán 2025,...