
Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
DESTACAMOS
ACTUALIDADE
Obradoiro dual de emprego "MONTE NOSO"
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia concedeu unha subvención ao Concello de Rianxo para o desenvolvemento do OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO MONTE NOSO. O obradoiro irá destinado a 15 alumnos/as-traballadores/as, con contratos de formación dunha duración de 12 meses e o seu correspondente profesorado. En vindeiras datas aprobaranse as bases de selección e publicaranse as diferentes convocatorias de selección do persoal de...
Exposición, Tinta de Fol
Exposición: Tinta de Fol, oito pezas para gaita máis unha para piano de David Cuence e Sabela Olivares. DÍA: do venres 15 de decembro ao 15 de xaneiro ACTO DE APERTURA: venres 15 de decembro, 20.00 h LUGAR: sala de exposicións do Auditorio de Rianxo (primeiro andar) No acto de apertura contarase coa presentación do libro e cunha actuación pictoacústica na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo do grupo Boroa e...
Festival de nadal da Asociación Vai de Roda
Festival de nadal da Asociación de música e baile tradicional Vai de Roda. DÍA: domingo 17 de decembro HORARIO: 18.00 h LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes na billeteira do auditorio. Organizado pola Asociación de música e baile tradicional Vai de Roda coa colaboración do Concello de Rianxo.
XVIII Festival de Corais Arousa e Ulla
XVIII Festival de Corais Arousa e Ulla. Coas actuacións da Coral Polifónica de Noia, Coral Polifónica Padronesa e a Coral Polifónica Abraira de Asados. DÍA: sábado 16 de decembro HORARIO: 19.30 h LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Organizado polo Centro Cultural Simón Varela de Asados e a Coral Abraira coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.
Hórreo vivo no Araño
Hórreo vivo no Araño. DÍA: do venres 08 ao domingo 10 de decembro LUGAR: centro cultural da Capela (Araño) Organizado polas Asociación Cultural A Carballeira de Baia e a Asociación de Veciños do Araño coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.
Festival de Nadal, Asociación Fogo Fatuo
Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo. DÍA: 09 de decembro HORARIO: 20.00 h LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende as 19.30 horas na billeteira do Auditorio Organizado pola Asociación de música e baile tradicional Fogo Fatuo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.
Exposición, Entreluces de Garea
Exposición de pintura, Entreluces de María José González Area (Garea). DÍA: do 01 ao 29 de decembro HORARIO: de 09 a 14.00 horas (e no horario de apertura para actividades culturais do Auditorio) LUGAR: sala de exposicións do Auditorio de Rianxo María José González Area, nacida en Marín, trasladouse a Madrid dende moi nova. Estudou psicoloxía, interiorismo, decoración e artes plásticas. O seu traballo desenvolveuse sempre nas áreas do...
II Muiñada no Te
II Muiñada no Te DÍA: sábado 02 de decembro HORARIO: saída ás 10.30 horas LUGAR: muíños do Araño Organizada pola Asociación de Veciños do Araño co colaboración do Concello de Rianxo e o patrocinio da Deputación da Coruña. Máis información
Teatro, Made in Galiza de Sarabela Teatro
Teatro, Made in Galiza de Sarabela Teatro DÍA: sábado 02 de decembro HORARIO: 20.30 LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo DURACIÓN: 55 minutos PÚBLICO: adulto ENTRADAS: de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo (máximo 2 por persoa) Proposta organizada polo Concello de Rianxo ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Esta obra...
Faladoiros en Rianxo
Cuarto dos Faladoiros en Rianxo, esta vez será o próximo martes 5 de decembro no Centro Sociocultural Vicente Vidal. Da man de Irene Vilas, terapeuta Ocupacional de AGADEA verase a eficacia da terapia ocupacional na enfermidade de alzheimer.
Proxección, O Lavadoiro
Proxección, O Lavadoiro DÍA: venres 01 de decembro HORARIO: 20.30 LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Esta proposta forma parte da programación 4X3 Outono da Deputación da Coruña. O proxecto “O Lavadoiro” propón unha reflexión activa e multidisciplinar, desde a arquitectura construída e efémera, sobre o papel dos lavadoiros na vida das mulleres, como lugares de traballo doméstico e tamén de relación, tomando...
Iniciación ao Ioga
Servizos Sociais en colaboración coa cooperativa Enraizando, vai poñer en marcha a actividade de ioga. Esta actividade que comezará o próximo xoves 30 de novembro terá lugar todos os xoves do mes de decembro. As prazas son limitadas a 10 participantes e serán asignadas en orden de inscrición.
30 Aniversario de Buxaina, pasabares
Pasabares, para a conmemoración do 30 Aniversario de Buxaina. DÍA: sábado 25 de novembro HORARIO: saída ás 20.00 horas no Bar Berberecho
Exposición, Super Pop obras de María Eugenia Reiriz
Exposición, Super Pop obras de María Eugenia Reiriz Ageitos. APERTURA: venres 17 de novembro ás 12.00 horas DÍA: do 17 de novembro ao 12 de decembro HORARIO: de 09.00 a 14.00 horas e cando estea aberto o Auditorio polo desenvolvemento da súa programación. LUGAR: sala de exposicións do Auditorio de Rianxo (1º andar) Organizada co motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional (3 de Decembro) pola Asociación Ambar...
Concerto, Ensemble de clarinetes da Escola de Música de Rianxo
Concerto, Ensemble de clarinetes da Escola de Música de Rianxo DÍA: domingo 26 de novembro HORA: 12.30 horas LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña.