Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

ACTUALIDADE

Listaxe de contratación laboral temporal de axentes de igualdade

O Concello de Rianxo publicou o día 03/09/2021 (BOP núm. 168) o anuncio para a creación dunha listaxe de contratación laboral temporal de axentes de igualdade. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación. No suposto de que se presente a instancia fóra do Rexistro Xeral do Concello, será necesario adiantala por fax ao núm. 981 866 628 ou por correo electrónico a emprego@concelloderianxo.gal, antes do remate...

Listaxe de contratación laboral temporal de persoal técnico de museos e centros de interpretación

O Concello de Rianxo publicou o día 03/09/2021 (BOP núm. 168) o anuncio para a creación dunha listaxe de contratación laboral temporal de persoal técnico de museos e centros de interpretación. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación. No suposto de que se presente a instancia fóra do Rexistro Xeral do Concello, será necesario adiantala por fax ao núm. 981 866 628 ou por correo electrónico a...

Presentación do libro Tecido de voces

O vindeiro venres 03 de decembro, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a presentación  do libro Tecido de voces de varios autores. A publicación naceu do Obradoiro de escrita organizado polo Concello de Rianxo na edición do 2019. No acto estarán presentes os escritores/as Antón Riveiro, Paz Fernández, Martina Rivas, Laura Veiga, Álvaro Sevilla, Amancio Pampín, Fran Fernández e Marcos Gallego e tamén Roberto Abuín (editorial...

Galeg@ para sempre

O domingo 05 de decembro, ás 13.15 horas, no Cemiterio Municipal de Rianxo terá lugar un acto en lembranza ás vítimas da covid-19 no que se presentará o Manual de recursos en lingua galega para actos funerarios e contará coa intervención musical de Esperanza Mara.

Manifestación do 25N

 

Os apalpadoriños de Nelson Quinteiro

O 11 de decembro, ás 12.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Nelson Quinteiro representará o seu espectáculo Os apalpadoriños. Dirixido a crianzas e familias. Reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas A reserva será efectiva unicamente cando se confirme dende o auditorio. No caso de quedar localidades dispoñibles, poden recollerse na...

Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo

A asociación Fogo Fatuo celebra o seu tradicional Festival de Nadal o vindeiro 11 de decembro, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A reserva de entradas, a partir do 1 de decembro, no correo-e fogofatuo@fogofatuo.es ​​​​​​​ou no teléfono 663 322 149 (só mensaxes)

Lucía Mata (fagot) e Diego Mata (piano) no IV Ciclo de Novos Intérpretes

O venres 10 de decembro, ás 20.30 horas, terá lugar un concerto a cargo de Lucía Mata (fagot) e Diego Mata (piano) dentro da programación do IV Ciclo de Novos Intérpretes. Reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas (a confirmación non é inmediata) A reserva será efectiva unicamente cando se confirme dende o auditorio. No caso de quedar localidades dispoñibles poderán...

Concerto de Elsa Muñiz no programa de Música de Cámara 2021

Elsa Muñiz pecha o Programa de Música de Cámara 2021 organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo. O concerto da pianista terá lugar o vindeiro sábado 4 de decembro ás 20.30 horas na sala Arcos Moldes do Concello de Rianxo. A entrada é gratuíta e a reserva pode facerse no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio. ...

Xornada de participación pública sobre o paso da AC-305 por Taragoña

A Fundación RIA, en colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas, desenvolverá un acto de participación e reflexión sobre a estrada AC305 ao seu paso por Taragoña. Ambas as entidades buscan mellorar a seguridade e recuperar a identidade dos núcleos de poboación litorais do Barbanza. O acto aberto ao público -ata completar aforo (50 persoas) -, terá lugar o vindeiro luns 29 de novembro no centro cultural de Taragoña, Rianxo de 17:00 a 19:00. Para a organización do...

A trastenda do contos

Xoves 2 de decembro as 18:00 horas no auditorio de Rianxo teremos un novo contacontos. As entradas son gratuítas, previa reserva de localidades no correo biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581 .A reserva será efectiva cando se confirme dende a biblioteca municipal de Rianxo. A trastenda dos contos Sinopse: O Planeta M’BURRO é (como o nome ben di) moi aburrido. Alí todo é monótono, todo o mundo viste igual, as comidas saben...

ENTRADAS ESGOTADAS - Presentación do libro TARAGOÑA NA HISTORIA, de Xosé Ramón Brea Rei

ENTRADAS ESGOTADAS!  As vindeiras solicitudes pasaran á listaxe de agarda. O vindeiro sábado 27 de novembro, ás 17:30 h, presentarase no Centro Cultural de Taragoña o libro Taragoña na historia de Xosé Ramón Brea Rei, con motivo do 90 aniversario da Escola Rosalía de Castro. Presenta o acto  Xosé Benito Tubío Fachado (profesor).  Intervencións de:  deputada provincial Sandra González Castro en representación da Deputación da...

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 25 de novembro de 2021

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 25 de novembro de 2021 coa seguinte ORDE DO DÍA: PARTE RESOLUTIVA: 1. APROBACIÓN ACTAS ANTERIORES:   - Aprobación Acta Nº 12/2021 Do Pleno en sesión extraordinaria urxente do 13/10/2021   - Aprobación Acta nº 13/2021 do Pleno en sesión Ordinaria do 28/10/2021 ​​​​​​​  - Aprobación Acta nº 14/2021 do Pleno en sesión extraordinaria do 15/11/2021...

O uso/abuso das pantallas nas crianzas: efectos no desenvolvemento.

A charla será ás 16:30 no Auditorio Municipal, participará Rafa Guerrero experto en emocións e neuroeducación, director de Darwin Psicólogos,  e formador de profesorado e familias.

Obradoiro de escultura en cartón pedra

A Concellaría de Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais organiza dous Obradoiros de Cartón Pedra impartidos por Pedras, Artesanía e Patrimonio. Aprende unha técnica sinxela, antiga e ecolóxica, ideal para pezas de gran formato, ao tempo que colaboras coas túas creacións na cabalgata de Reis deste ano. OBRADOIRO PARA FAMILIAS: Destinado a crianzas a partir de 6 anos acompañadas dunha persoa adulta. 5 sesións (sábados e/ou domingos) de 11.00 a 13.00...