Reserva de prazas

Reserva de prazas - Concello de Rianxo

FORMULARIO

Reserva de praza para eventos VERÁN CULTURAL 2021

Formulario para a solicitude de reserva de praza nas actividades organizadas pola Área de Cultura.

Esta solicitude de reserva só se pode usar para un grupo de ata 6 persoas.

A resposta de confirmación non é inmediata e pode tardar uns días en base ás necesidades de acomodación do público interesado. ​​​​​​​

A formalización das reservas supón a aceptación das condicións e medidas establecidas polo Concello para o desenvolvemento da programación

- Só poderán acceder as persoas con reserva confirmada de localidade
- Non poderán acceder persoas con síntomas compatibles coa COVID-19.
- Uso obrigatorio de máscara en todo momento.
- Uso obrigatorio das solucións hidroalcohólicas na entrada, saída e accesos aos aseos.
- Distancia social de 1,5 m en todo momento. Evitar aglomeracións.
- Non está permitido cambiar de asentos e/ou mover as cadeiras do seu sitio.
- Obrigatorio estar sentado durante todo o evento.
- Prohibido fumar, comer e/ou e beber (agás auga).
- Atender e respectar os sinais e indicacións de circulación, espera, acomodación, etc.

A reserva únicamente será efectiva cando se confirme dende o Auditorio

O proceso de reserva de localidades realizase asignando as localidades dispoñibles conforme ao riguroso orde de chegada, e unha vez cuberta a capacidade do evento, elabórase unha listaxe de agarda ante a posibilidade de que se produzan baixas. En caso de habelas, cubriranse seguindo a orde desta listaxe.

O lugar de referencia para consutar a información do Verán Cultural (programación, modificacións, suspensións, traslados, etc.) será a web concelloderianxo.gal.

No caso de climatoloxía adversa, e de ser posible, as actividades trasladaranse ao Centro Sociocultural-Auditorio e/ou outros espazos interiores. Como a capacidade é moito más reducida que en exterior, adxudicaranse por orde de solicitude ata cubrir as localidades dispoñibles.

Unha soa actividade. Se se quixese facer outra reserva para unha actividade distinta, deberáse cubrir outra vez o formulario.
Nome e apelidos da persoa representante do grupo de convivencia
Un ou máis teléfonos de contacto
Correo electrónico de contacto
Número de prazas totais que se queren reservar. As persoas que ocupen esas prazas deben ser conviventes. É necesario cubrir os datos de cada unha delas, agás a representante,a continuación.
Datos de cada unha das persoas conviventes para as que se solicita unha praza, ademais da solicitante.