Servizos Sociais

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca estas axudas urxentes de tipo social para evitarlles os cortes do subministro eléctrico ás persoas economicamente máis vulnerables. - Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

SERVIZOS SOCIAIS

Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca estas axudas urxentes de tipo social para evitarlles os cortes do subministro eléctrico ás persoas economicamente máis vulnerables.

REQUISITOS

  • Reunir os requisitos para ser consumidor vulnerable severo establecido no artigo 3 do Real decreto 897/2017, cos límites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo.

  • Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Ser o/a titular do contrato de subministración eléctrica.

  • Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40%).

  • Estar en risco de exclusión social, o que se acreditará mediante certificado ou informe social expedido polos Servizos Sociais.

  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 do xuño, de subvencións de Galicia.

TIPO DE AXUDA

Os gastos subvencionables serán o 50% do importe das facturas de electricidade correspondente á vivenda habitual da persoa solicitante acollida á tarifa de último recurso (TUR) para consumidor vulnerable severo, que estean pendentes de pagamento e emitidas entre os dous meses antes da data da solicitude e o 30 de novembro de 2020.

A contía da subvención será a cantidade fixa máxima de 300 €/ano por solicitante ou de 450 €/ano no caso de familias numerosas.

​​​​​​​PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

  • Preferentemente a presentación será por vía electrónica: https://axudascortes-subministracion.xunta.gal e https://sede.xunta.gal

  • De maneira presencial, nas oficinas da xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña) ou nas da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela)

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 30 de novembro de 2020

MÁIS INFORMACIÓN

  • Páxina web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal

  • Teléfonos de información: 981 957 024 e 981 545 574

  • No enderezo electrónico: ceei.dxem.axudasenerxia@xunta.es

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo (Estr. de Tanxil, 12/ 981 860 061 / www.concelloderianxo.gal)