Servizos Sociais

Aprende, comparte e pon en valor - NOVAS DATAS- Faladoiro con Esperanza Mara sobre a Violencia de Xénero a través da Voz - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

SERVIZOS SOCIAIS

NOVAS DATAS- Faladoiro con Esperanza Mara sobre a Violencia de Xénero a través da Voz

Aprende, comparte e pon en valor

Os xoves 15 e 22 de decembro as 19:30 na Biblioteca Municipal, Esperanza Mara ofrecerá un faladoiro no que tratarase a violencia de xénero a través da literatura existente e a través da voz.

Neste espazo de convivio traballarase a Violencia a través das voces, das e dos participantes así como de libros de referencia, convinándo coa aprendizaxe das características da nosa propia voz e de metáforas.

O encontro idealmente desenvolverase en dúas sesión para poder dar continuidade a reflexión a primeira xornada e gravaremos unha dela para poder dar visibilidade e colaborar coa estratexia de marketing para a propia idea dos encontros.

Esperanza Mara é Licenciada en Canto Lírico e Violonchelo e cun Máster en Canto e outro en Investigación Musical. É unha artista e creadora multidisciplinar que actuou nas máis prestixiosas salas e teatros de España, Portugal e Francia. Crea EMANARTE, empresa que promove e divulga a música clásica en diferentes formatos e para diversos públicos así como busca a fusión con outros estilos.