Servizos Sociais

- Tarxeta benvida - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

SERVIZOS SOCIAIS

Tarxeta benvida

PERSOAS BENEFICIARIAS:

- Familias que no ano 2020 teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020. Pode solicitarse a prestación xa dende o embarazo.

- As galegas e galegos e os seus descendentes que se encontren en calquera dos supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2020.

- Tamén poderán beneficiarse das contías previstas no artigo 4.2 aquelas familias que obtivesen a axuda de carácter xeral de 1.200 € ou non accedesen a ela por superar ingresos previstos, nas respectivas convocatorias do ano 2018 e 2019 e experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas. O importe da axuda nestes casos establecerase en función dos meses que resten desde o 1 de xaneiro de 2020 ata que o neno ou nena que dá dereito á axuda faga tres anos ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos.

REQUISITOS:

- Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia.

- Que a renda da unidade familiar da declaración do IRPF do 2018, de aforro, non supere os 45.000 €. No suposto de que os ingresos fosen superiores a dita contía, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.

- Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación da axuda.

- As persoas galegas emigrantes deberán ter retornado a Galicia en 2020 e deberán estar en posesión da nacionalidade española.

TIPO DE AXUDA:

1. Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano a razón de 100 €/mes. No suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o terceiro/a ou sucesivo/a da unidade familiar a contía da axuda será de 2.400 € a razón de 200 €/mes.

Esta axuda farase efectiva do seguinte xeito:

a) Ano 2020: un único pagamento coa contía que corresponda en función do mes de nacemento, ou, de ser o caso, do ditado da resolución de adopción ou garda con fins adoptivos e ata o mes de decembro, incluído.

b) Ano 2021: un único pagamento coa contía que corresponda desde xaneiro e ata o mes anterior ao que o neno ou nena faga un ano ou ata o mes anterior a que se cumpra un ano do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos.

2. Aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 € terán dereito a axuda no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena faga tres anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos nas seguintes contías:

a) 600 €/ano, a razón de 50 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o primeiro.

b) 1.200 €/ano, a razón de 100 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o segundo.

c) 2.400 €/ano a razón de 200 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o terceiro ou sucesivos.

Estas contías faranse efectivas en pagamentos anuais sucesivos co importe que corresponda ata o mes de decembro do exercicio en curso en función do mes de nacemento, ou do ditado da resolución de adopción ou garda con fins adoptivos do fillo ou filla polo que se concedeu a axuda.

3. As contías previstas nos números 1 e 2 incrementaranse un 25 % no suposto de residencia en concellos cunha poboación inferior a 5.000 habitantes segundo os últimos datos oficiais de poboación de carácter definitivo publicados polo Instituto Galego de Estatística.

4. Excepcionalmente, a axuda poderá percibirse ata un ano máis sempre que a unidade familiar estea tecnicamente valorada en situación de especial vulnerabilidade, teñan un recurso do sistema público de protección social pendente de resolución e así o soliciten dentro dos dous meses anteriores á data na que o neno ou nena faga os tres anos.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

- Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento ou do día en que se ditou a resolución de adopción ou de garda con fins adoptivos.

No suposto de ter obtido a axuda no ano 2019 e que a renda da unidade familiar variase á baixa e implicase ter dereito á ampliación, o prazo para comunicar esta circunstancia será de dous meses dende o 1 de xaneiro.

MÁIS INFORMACIÓN:

Teléfono de información: 981 544 623 ou 981 544 622

Sede electrónica da Xunta de Galicia

DOGA

Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo