Servizos Sociais

- Tarxeta Benvida - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

SERVIZOS SOCIAIS

Tarxeta Benvida

PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Persoas que teñan fillos ou fillas nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021 (pode solicitarse a prestación xa desde o embarazo).

  • Persoas que teñan constituída a adopción ou a declaración en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

  • Galegas e galegos e os seus descendentes que se encontren en calquera dos supostos anteriores e que tras residir fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2021.

  • Familias que no ano 2020 obtiveran a axuda e experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito á ampliación da dita axuda.

 

REQUISITOS

  • Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia.

  • Que a renda da unidade familiar da declaración do último período impositivo non supere os 45.000 €. No suposto de que os ingresos fosen superiores á dita contía, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.

  • Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación da axuda.

  • As persoas galegas emigrantes deberán ter retornado a Galicia en 2021 e estar en posesión da nacionalidade española antes do dito retorno.

 

TIPO DE AXUDA

Con carácter xeral, a contía total será de 1.200 € por cada fillo/a durante un ano a razón de 100 €/mes.

Para aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 €, a axuda ampliarase no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena cumpra os tres anos, ou ata que se cumpran tres anos da resolución para os supostos de adopción ou de garda con fins adoptivos.

A axuda farase efectiva a través da Tarxeta Benvida, que se expedirá a nome da persoa solicitante e unicamente se poderá utilizar en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

 

LUGAR DE PRESENTACIÓN

Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es)

 

PRAZO DE SOLICITUDE

  • Dous meses desde o día seguinte a aquel en que se produza o nacemento ou se dita a resolución para os supostos de adopción ou garda. No caso de emigrantes, os dous meses contaranse a partir do día seguinte á data de retorno.

  • No suposto de ter obtido a axuda na convocatoria do 2019 ou 2020 e que a renda da unidade familiar variase á baixa e implicase ter dereito á ampliación, o prazo para comunicar esta circunstancia será de dous meses dende o 1 de xaneiro.

    MÁIS INFORMACIÓN

  • Sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e http://politicasocial.xunta.gal

  • Teléfono 012

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo