Verán Cultural 2017

Verán Cultural 2017 - Concello de Rianxo

Publicador de contidos

Concerto: POETAS ORJAIS & MAR

A Biblioteca Pública Municipal acollerá o vindeiro venres 14 de xullo, ás 20.15 horas, o concerto POETAS Orjais & Mar no que  interpretarán poemas cantados de Xosé María Brea Segade, Faustino Rei Romero, Idea Vilariño, Emilio Pita e Castelao, a partir de materiais do Fondo Local de Música do Concello de Rianxo.

#veráncultural2017 #culturarianxo #concerto #fondolocal #bibliotecapúblicacastelao

PRESENTACIÓN DO LIBRO: "Aero-imágenes barbanzanas. Aero-imaxes Barbancesas", de Martín R. Gómez e Teresa Tubío Rodríguez

O vindeiro sábado 15 de xullo, ás 19.30 horas,  no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro "Aero-Imágenes Barbanzanas. Aero-Imaxes Barbancesas", de Martín R. Gómez e Teresa Tubío Rodríguez, editado por Andaina S.L.

NOITES DE CINE: "O Apóstolo" no Centro Cultural da Capela, O Araño

Comeza o ciclo NOITES DE CINE do verán cultural coa proxeción do filme "O Apóstolo", no Centro Cultural do Araño. Será o domingo 16 de xullo ás 22:30 horas.

X EXPOSICIÓN DE SELOS E MOEDAS da Asociación Filatélica e Numismática de Rianxo

O Cuartel Vello de Rianxo acollerá do 21 ao 23 de xullo, a X Exposición de Selos e Moedas organizada pola Asociación de Filatélica e Numismática de Rianxo.

FESTAS DA VIRXE DO CARME DE RIANXO

Do venres 14 ao luns 17 de xullo terán lugar en Rianxo as Festas na honra á Virxe do Carme.

Máis información na páxina facebook da asociación.

Festas do Verán en Taragoña, do 20 ao 23 de xullo
Pier Franco Brandimarte, obradoiro e conversa literaria
Festival Internacional de Baile Tradicional
Treixadura en Rianxo presentando o seu novo espectáculo Ao vivo

O vindeiro sábado 22 de xullo, ás 23:00 horas, terá lugar na Praza Castelao de Rianxo o concerto do grupo de música tradicional TREIXADURA que presenta o seu novo traballo Ao vivo.

TEATRO NA FEIRA DO LIBRO: O vendedor de fume por Teatro Gazafellos

O vindeiro venres 21 de xullo, dentro da programación da Feira do Libro, terá lugar a cargo de Teatro Gazafellos a proposta O vendedor de fume.

Un vendedor de remedios chega á vila. Co seu deslumbrante carromato cheo de frascos misteriosos convocará ao publico a través da maxia e a música. Ofertará remedios ás e ós presentes para mil e un males, e terá como reclamo a uns pícaros cómplices que se “camuflarán” entre o público.

Un espectáculo cheo de maxia, humor e música en directo onde a participación do público é indispensable!!

A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A galiña azul de Carlos Casares por Fran Rei na Feira do Libro de Rianxo

agfdsa

O sábado 22 de xullo, a Feira do Libro de Rianxo comeza coa actuación de Fram Rei que representa a súa nova produción A galiña azul de Carlos Casares.

A Galiña Azul é un espectáculo creado a partir da popular obra infantil de Carlos Casares. Na súa liña habitual, Fran Rei mestura narración, humor, maxia e monicreques para achegarlle ao público infantil e familiar o universo que Carlos Casares creara para que a pequena Ana “non esquecese nunca que é galega”. Ana era unha rapaza de sete anos que, como tantas outras daquela, marchara cos seus pais fóra de Galicia.

Ademais de compartir espazo con referencias doutras obras e da biografía do autor ourensán, neste espectáculo entrelázanse as cinco historias que compoñen A Galiña Azul: O peixe da fonte do xardín, A bomba da felicidade, A galiña azul, A formiga esquiadora e O final da historia da galiña azul. Cinco contos fantásticos nos que comparten protagonismo animais e homes con características peculiares e carácter entrañable.

A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Concerto infantil na Feira do Libro, Uxia Lambona e a banda molona

Uxía Lambona e a súa banda achéganse á Praza Rafael Dieste o vindeiro sábado 22 de xullo, ás 21.30 horas, dentro da programación da Feira do Libro.

"Uxía Lambona e a Banda Molona“ nace como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir os nenos, achegándolles os temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, utilizando para iso novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop…) para que así coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular .
Nos nosos concertos, a través dunha interacción constante cos nenos, tratamos de facer estes temas máis divertidos para os cativos e que pasen a formar parte da súa memoria.

Esperamos que vos guste... e a bailar coma tolos!!!
Let´s go!!! ;)

A proposta forma parte do programa Cultura no Camiño.

NOITES DE CINE: A praia dos afogados nos Xardíns da Martela
NOITES DE CINE: "Del revés" en Isorna
ENCONTROS CO AUTOR NA FEIRA DO LIBRO: X. Ricardo Losada
Obradoiro e conferencia do escritor Pier Franco Brandimarte

O escritor italiano Pier Franco Brandimarte é o segundo residente do Programa de Residencias de pensadoras/es e escritoras/es que o Concello de Rianxo e Axóuxere Editora comezaron novamente a desenvolver este ano 2017. O escritor estará no espazo da Residencia que Axóuxere Editora ten na aldea de Brión até inicios de agosto deste ano.

O escritor italiano ofreceranos un obradoiro de escrita creativa, «To Be Here (A Day in Rianxo)»entre a tarde do venres 21 e o domingo 23 de xullo, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo (Praza Rafael Dieste, 1) e na casa de Axóuxere Editora (Brión 64, Leiro).

Así mesmo, ofrecerá unha conversa literaria«Prender L’Amalassunta»o venres 21 de xullo ás 20 horas na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo (Praza Rafael Dieste, 1). Na ligazón de embaixo pódese atopar máis información tanto sobre o seminario como sobre a conferencia.

A participación no seminario é de balde pero faise preciso inscribirse previamentePara inscribirse no seminario hai que enviar un correo electrónico ao enderezo info@axouxerestream.com co asunto «Inscrición ao obradoiro de escrita de Pier Franco Brandimarte» ou ben chamando aos teléfonos 981 860 371 / 634 532 896 / 659 843 761 (Axóuxere Editora), sendo a data límite o xoves 20 de xullo. Para calquera dúbida ou información concreta pódese chamar a calquera dos anteriores números ou ben escribir ao enderezo electrónico referido. Para asistir á conversa literaria non fai falla realizar unha inscrición previa.

O 28 e 29 de xullo en Campo Maneiro o Festival Antrospinos

A Asociación Festival Antrospinos organiza en Campo Maneiro (Taragoña) o X Edición do Festival Antrospinos.

TODOCOSMOS, observacións astronómicas no Paseo da Ribeira

NOTA: a observación prevista para o venres 21 de xullo, por mor das condicións meteoróxicas adversas, TRASLÁDASE para o luns 24 de xullo.

No Paseo da Ribeira de Rianxo (xunto ao busto de Castelao), terán lugar os vindeiros 21 e 29 de xullo e 5 de agosto, as observacións astronómicas TODOCOSMOS.

"A LEDICIA DE LER", a Feira do Libro de Galicia en Rianxo

Baixo o título "A LEDICIA DE LER", están desenvolvéndose por toda Galicia as Feiras do Libro.

Dende o xoves 20 ao domingo 23 de xullo celebrarase en Rianxo, na Praza Castelao.

 

FESTIVAL NOITES DE JAZZ EN RIANXO

Do martes 1 ao venres 4 de agosto terá lugar na Praza Rafael Dieste de Rianxo o Festival Noites de Jazz.

XIII CICLO DE BANDAS: Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira
TODOCOSMOS, observacións astronómicas no Paseo da Ribeira

No Paseo da Ribeira de Rianxo (xunto ao busto de Castelao), terán lugar os vindeiros 21 e 29 de xullo e 5 de agosto, as observacións astronómicas TODOCOSMOS.

MÚSICA NA NOITE: a Orquestra Os Modernos presentando Dissimulem! (se o tempo non acompaña será no Auditorio)

NO CASO DE CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS ADVERSAS O CONCERTO TRASLADARASE AO AUDITORIO DE RIANXO.

A Orquestra Os Modernos achégase a Rianxo o vindeiro sábado 29 de xullo para presentar o seu novo traballo discográfico "Disimulem!"

Tras 5 anos de exitosos directos por toda Galicia (e parte de Asturias), a Orquestra Os Modernos gravou, nos Estudios A Ponte, o seu primeiro disco, Dissimulem! O rexistro musical que garda a esencia das noites de verbena e as mañás de vermú, un disco esencial en toda casa moderna e en todo automóbil para o goce de toda a familia e máis o can. Cancións coma “O Uruguai”, “A chula tanguista” o “Passa-ruas dos Airinhos de S. Cámpio” nun disco de pizarra que recolle os seus ritmos modernos e incitantes.

MÚSICA NA NOITE: "Habelas Hainas" no Campo de Arriba

O grupo de música tradicional Habelas Hainas ofrecerá un concerto o vindeiro sábado 5 de agosto, ás 22:00 horas, no Campo de Arriba, no marco da VIII Festa do Mexillón de Rianxo.

NOITES DE CINE: "Somos xente honrada" en Asados

O sábado 5 de agosto, ás 22:30 horas, o patio do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados acollerá a proxeción do filme "Somos xente honrada".

 

MONÓLOGOS NA RÚA, todos os xoves de agosto ás dez da noite

No mes de agosto, todos os xoves ás 22.30 horas, terá lugar MONÓLOGOS NA RÚA, o primeiro ciclo de monólogos organizado polo Concello de Rianxo.

xoves 10 de agosto - 22:30 HORAS

TITO ROBER no Paseo da Ribeira no lugar da Praza de Padrón

xoves 17 de agosto - 22:30 horas

PEDRO BRANDARIZ nos Xardíns da Martela

xoves 24 de agosto - 22:30 HORAS

XAN VEIGA na Rúa de Abaixo

xoves 31 de agosto - 22:30 horas

VÍCTOR GRANDE na Praza Rafael Dieste

TODOCOSMOS, observacións astronómicas no paseo da Ribeira

Os vindeiros 21 e 29 de xullo e 4 de agosto, o paseo da Ribeira de Rianxo (xunto ao busto de Castelao), será o lugar onde se fagan  as observacións astronómicas TODOCOSMOS.

A observación prevista para o 4 de agosto, por mor das condicións meteorolóxicas adversas, aprázase.

As novas datas para as observacións son:

  • Luns 14  de agosto, 22:00 h
  • Martes 22 de agosto, 22.00 h

Novas datas para as observacións astronómicas do programa Todocosmos

Se o tempo o permite, as observacións astronómicas previstas dentro do programa TODOCOSMOS, realizaranse no Paseo da Ribeira (zona do busto de Castelao) nas seguintes datas:

  • LUNS 14 de agosto, ás 22.00 horas
  • MARTES 22 de agosto, ás 22.00 horas.

De non darse as condicións atmosféricas idóneas para a realización das observacións trasladaranse a outras datas e anunciaranse no sitio web do concello de Rianxo.

XV Festival de baile e música tradicional na Praza Rafael Dieste

A Asociación Sociocultural Fogo Fatuo organiza o vindeiro sábado 26 de agosto, ás 21.30 horas, na Praza Rafael Dieste o XV Festival de baile e música tradicional.

PRESENTACIÓN DO LIBRO: "Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía" de Xosé Luís Axeitos

O próximo sábado 19 de agosto, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación da nova publicación de Xosé Luís Axeitos "Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía".

No acto ademáis da presenza do autor, estarán presentes Manuel Bragado (director da Editorial Xerais), Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) e Anxo Angueira (profesor, escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro).

NOITES DE CINE: "O descoñecido" en Taragoña

O vindeiro domingo 13 de agosto, ás 22.30 horas, terá lugar en Campo de Pazos (Taragoña) a proxeción do filme "O descoñecido".

Carlos, executivo de banca, comeza a súa rutineira mañá na Coruña levando aos seus fillos ao colexio. Cando arrinca o
coche, recibe unha chamada anónima que lle anuncia que ten unha bomba debaixo do asento e que dispón apenas dunhas horas para reunir unha elevada cantidade de diñeiro; se non o consegue, o seu coche voará polo aire.
Premios Goya: Mellor montaxe e mellor son. Premios San Pancracio 2016 - Festival Solidario de Cinema Español de Cáceres -- Mellor dirección novel. 71 Medallas CEC 2016 - Círculo de Escritores Cinematográficos -- Mellor director revelación e mellor montaxe.Premios Mestre Mateo 2016 - Academia Galega do Audiovisual (4) -- Mellor película, director, guión e son.

Recomendada para persoas maiores de 12 anos.

EXPOSICIÓN: Hai arte nas casas

Do 12 ao 31 de agosto, nos baixos do Cuartel Vello terá lugar a exposición Hai arte nas casas organizada polo colectivo artesán Ondiñas Mainas.

FESTAS DO VERÁN EN ASADOS

Do venres 11 ao domingo 13 de agosto terán lugar na parroquia de Asados as súas Festas de Verán.

FESTA DA SOLLA EN LEIRO

O sábado 12 de agosto terá lugar en Leiro a II Festa da Solla, organizada pola Asociación Virxe do Carme de Leiro

Seminario e conferencia do filósofo ISMAEL CRESPO AMINE

O filósofo madrileño, Ismael Crespo Amine, achégase a Rianxo para formar parte do programa de Residencia de pensadores/as que o Concello de Rianxo e Axóuxere Editora están desenvolvendo no verán.

Do venres 18 ao domingo 20 de agosto, Ismael Crespo desenvolverá o seminario "Xustiza e comedia" e impartirá unha conferencia co título: "A necesidade de escachar coa risa".

A inscrición é de balde, tanto para a conferencia coma para o seminario.

A conferencia é de acceso libre, e para o seminario hai que inscribirse previamente no enderezo electrónico info@axouxerestream.com ou chamar aos teléfonos 981 860 371 / 659 843 761 / 634 532 896.

GELRIA en concerto, co traballo "Cantos de poeta"

O grupo Gelria achégase á praza Rafael Dieste de Rianxo para presentar o seu primeiro traballo: "Cantos de poeta". O concerto terá lugar o vindeiro sábado 19 de agosto, ás 22.30 horas (no caso de choiva trasladarase ao Auditorio de Rianxo).

O trío Gelria nace dentro do proxecto co mesmo no nome, co fin de difundir e promocionar dun xeito máis directo os seus principais traballos musicais. Formado por Mario G. Cortizo (percusión), Federico Mosquera (piano) e Elena Tarrats (voz), os dous primeiros son ademáis os compositores de todas as cancións do proxecto. O trío presenta nos seus concertos unha temática variada que inclúe xunto ás cancións do proxecto Gelria outros traballos previos dos tres artistas, e música pertencente a outras linguas e culturas.

O simbólico nome do buque holandés, no que o poeta rianxeiro Manuel Antonio estivo embarcado nas súas viaxes a América, dá nome a un proxecto que ten como fin poñerlle música aos principais poemas da lírica galega de todos os tempos. Este percorrido, que abrangue varios séculos de poesía, ten o seu núcleo no S. XX, no que atopamos nomes tan emblemáticos como Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Celso Emilio Ferreiro, e autores do noso tempo como Xosé Luis Méndez Ferrín e Chus Pato.
A relevancia deste proxecto non é únicamente musical, tendo como pretexto ou punto de partida as xoias da nosa lírica, senón que a música será o vehículo ideal para difundir a palabra inmortal destes grandes autores a outros ámbitos, e mesmo outras culturas distintas da galega.

A proposta enmárcase no programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Mercado nocturno do pequeno comercio

O vindeiro xoves 17 de agosto os Xardíns da Martela acollerán o Mercado Nocturno do pequeno comercio, organizado pola zona comercial da Martela.

III NOITE MOUCHA

Un ano máis, e xa van alá 3, a zona comercial da Martela organiza a Noite Moucha.

PEDRO BRANDARIZ nos Xardíns da Martela

No mes de agosto, todos os xoves ás 22.30 horas, terá lugar MONÓLOGOS NA RÚA, o primeiro ciclo de monólogos organizado polo Concello de Rianxo.

xoves 10 de agosto - 22:30 HORAS

TITO ROBER no Paseo da Ribeira no lugar da Praza de Padrón

xoves 17 de agosto - 22:30 horas

PEDRO BRANDARIZ nos Xardíns da Martela

xoves 24 de agosto - 22:30 HORAS

XAN VEIGA na Rúa de Abaixo

xoves 31 de agosto - 22:30 horas

VÍCTOR GRANDE na Praza Rafael Dieste

MÚSICA NA NOITE: De Vacas

De Vacas en concerto na Praza Rafael Dieste o vindeiro venres 25 de agosto ás 22.30 horas.

Tal como recollen no seu sitio web:

DeVacas somos un cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces.

Facemos versións de grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia.
Detrás de cada canción mala hai un corazón que queremos reivindicar. Dende as Spice Grils ao Gagnam Style pasando por Enrique Iglesias ou Michel Teló, temazos que marcaron as nosas tardes de domingo na discoteca e que queremos rescatar para vós. Para que lembredes o sabor do primeiro morreo con lingua, o malibú con piña…Sufrimos fanatismo adolescente, tivemos fortes referentes, foron moitas horas practicando playbacks diante do espello, moitas tardes repetindo coreografías diante da tele… nada de tempo perdido, estamos orgullosas e queremos compartilo.

FESTIVAL de curtas nos Xardíns da Martela

O venres 18 de agosto, ás 22.00 horas, terá lugar nos Xardíns da Martela o Festival de Curtas, onde se proxectarán diferentes filmes de animación.

Antes da proxeción, ás 20.45 horas, o grupo de música Art of Adrenaline, realizará un concerto.

NOITES DE CINE: "Maimiño e o espello máxico" en Leiro

O vindeiro sábado 26 de agosto, ás 22.30 horas, terá lugar nas Pistas Polideportivas de Rañó (Leiro) a proxección da derradeira película do programa Noites de Cine 2017.

O filme será "Maimiño e o espello máxico"

Maimiño é a historia dun pequeno campesiño que quere sacar a súa familia da pobreza. Unha praga de insectos e o encontro co Espello Máxico, son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello Máxico revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir á cidade xunto a seus irmáns.
De camiño á cidade, Maimiño dáse conta de que un enorme carballo encantado ten ao Palacio do Rei na escuridade e sen auga. Maimiño sorpréndese ao comprobar que a princesa é a “media laranxa” que lle mostrou o Espello Máxico.
Arredor da cidade, unha enorme favela é o fogar dos pobres, e unha misteriosa ladroa rouba no palacio para repartilo botín entre os seus habitantes. Ela tamén roubará o corazón de Maimiño e porá en dúbida a predición do Espello Máxico.

 

Peche do XIII Ciclo de Bandas coa Escola de Música de Rianxo

A Banda da Escola de Música de Rianxo pechará o XIII Ciclo de Bandas cun concerto, que se celebrará o vindeiro mércores 23 de agosto, ás 21.00 horas, nos Xardíns da Martela.

XAN VEIGA, o xoves 24 de agosto na rúa de Abaixo

Todos os xoves do mes de agosto, ás 22.30 horas, terá lugar MONÓLOGOS NA RÚA, o primeiro ciclo de monólogos organizado polo Concello de Rianxo.

xoves 10 de agosto - 22:30 HORAS

TITO ROBER no paseo da Ribeira, no lugar da praza de Padrón.

xoves 17 de agosto - 22:30 horas

PEDRO BRANDARIZ nos xardíns da Martela.

xoves 24 de agosto - 22:30 HORAS

XAN VEIGA na rúa de Abaixo.

xoves 31 de agosto - 22:30 horas

VÍCTOR GRANDE na praza Rafael Dieste.

VÍCTOR GRANDE pecha o ciclo de monólogos na rúa

No mes de agosto, todos os xoves ás 22.30 horas, terá lugar MONÓLOGOS NA RÚA, o primeiro ciclo de monólogos organizado polo Concello de Rianxo.

xoves 10 de agosto - 22:30 HORAS

TITO ROBER no paseo da Ribeira, no lugar da praza de Padrón.

xoves 17 de agosto - 22:30 horas

PEDRO BRANDARIZ nos xardíns da Martela.

xoves 24 de agosto - 22:30 HORAS

XAN VEIGA na rúa de Abaixo.

xoves 31 de agosto - 22:30 horas

VÍCTOR GRANDE na praza Rafael Dieste.

Concerto da Banda do campamento Barro-Rianxo 2017

O vindeiro xoves 24 de agosto, ás 21.00 horas, a praza Rafael Dieste acollerá un concerto a cargo do alumnado e profesorado participantes no campamento musical que se está realizando nos concellos de Barro e Rianxo.

YENDI RAMOS OJEDA no programa de residencias

A poeta mexicana Yendi Ramos Ojeda é a cuarta residente do Programa de Residencias de escritoras/es e pensadoras/es que Axóuxere Editora conxuntamente co Concello de Rianxo comezou a desenvolver de novo este ano 2017. A escritora estará no espazo da Residencia que Axóuxere Editora ten na aldea de Brión até mediados de setembro deste ano.

Yendi Ramos Ojeda ofreceranos un obradoiro de escrita creativa, «A serpentina poética latinoamericana»entre a tarde do venres 1 e o domingo 3 de setembro, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo (Praza Rafael Dieste, 1) e na casa de Axóuxere Editora (Brión 64, Leiro).

Así mesmo, ofrecerá unha conversa literaria«A álxebra e o corzo»o venres 1 de setembro ás 20 horas na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo (Praza Rafael Dieste, 1).

A participación no obradoiro é de balde pero faise preciso inscribirse previamentePara inscribirse hai que enviar un correo-e ao enderezo info@axouxerestream.com co asunto «Inscrición ao obradoiro de Yendi Ramos Ojeda» ou ben chamar aos teléfonos 981 860 371 / 634 532 896 / 659 843 761 (Axóuxere Editora), sendo a data límite o xoves 31 de agosto. Para calquera dúbida ou información concreta pódese chamar a calquera dos anteriores números ou ben escribir ao enderezo electrónico referido. Para asistir á conferencia non fai falla realizar unha inscrición previa.

A asistencia ao obradoiro está aberta, como é natural, a persoas de calquera parte de Galiza ou de fóra. A intención é a de ir creando aos poucos unha comunidade de coñecemento e creación no Concello de Rianxo. Xa que logo, pensando no moito interese que pode ter este seminario, facilitámosvos información de posibles sitios onde ficar eses días en Rianxo (premer aquí para ver páxina). A ligazón é á páxina de Turismo do Concello de Rianxo onde aparece un bo feixe de lugares nos que albergarse esa fin de semana. Se as persoas interesadas en vir ao seminario teñen algún tipo de dificultade económica, tentando facelo todo máis integrativo e comunitario, poden poñerse en contacto coa xente de Axóuxere Editora a través dos contactos anteriormente citados. Tentaremos axudar no que poidamos.

PRESENTACIÓN DO LIBRO-CD: Ramón Carou Romero

O vindeiro sábado 2 de setembro, ás 21.30 horas,  na praza de Rafael Dieste presentarase o Libro - Cd Homenaxe a Ramón Carou, coa intervención dos seus autores: José Mª Cebeiro Fernández e Xosé Francisco Noia Souto; e de moitos grupos amigos que participan na homenaxe.

Ese mesmo día nos baixos do Pazo de Martelo poderase ver unha exposición con fotografía e instrumentos do homenaxeado.

 

Exposición: homenaxe a Ramón Carou Romero

Dende o venres 1 de setembro, a partir das cinco da tarde, ata o sábado á  noitiña, poderase visitar, nos baixos da Biblioteca Municipal de Rianxo, unha exposición relacionada coa homenaxe a Ramón Carou Romero, que inclúe fotografías e instrumentos que nos achegan un pouco máis ao artista rianxeiro.

COUSAS DE RIANXO, proxección do filme documental no Auditorio de Rianxo

Despois do éxito da proxeción do filme-documental Cousas de Rianxo o pasado 17 de xullo na praza Rafael Dieste, o vindeiro venres 1 de setembro, ás 21.00 horas, a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá de novo a súa proxección.

Ademais de proxectar o filme-documental, Román Castaño e Duarte Galbán realizarán unha introdución teatral.

A entrada é de balde ata completar aforamento. A retirada de convites será unha hora antes do comezo (máximo dous por persoa).

Concerto da Banda Xuvenil da Artística de Merza na praza Rafael Dieste

O próximo xoves 31 de agosto, ás 19.00 horas, a Banda Xuvenil da Artística de Merza ofreceranos un concerto na praza Rafael Dieste de Rianxo.

Este concerto forma parte dunha xira que están a desenvolver por diferentes vilas galegas dentro do marco do Campamento Musical que están realizando.

LETRAS Ó CAMIÑO, exposición da Asociación cultural O Ferrado no auditorio de Rianxo

Do 1 ao 20 de setembro poderase visitar no auditorio de Rianxo a exposición LETRAS Ó CAMIÑO, organizada pola Asociación Cultural O Ferrado.

Na exposición mostrarase a primeira década das figuras homenaxeadas nas Letras Galegas, dende o 1963 ata 1972, así como tamén outros escritos de poetas descoñecidos.