Xuventude

Abre o prazo de solicitude de becas do Ministerio de Educación ata o 18 de maio. - Becas para estudos de niveis postobrigatorios 2026/2027 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Becas para estudos de niveis postobrigatorios 2026/2027

Abre o prazo de solicitude de becas do Ministerio de Educación ata o 18 de maio.

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca as bolsas destinadas ao estudantado que vaia cursar estudos postobrigatorios no vindeiro curso académico 2026-2027, con validez en todo o territorio nacional.

Poderán solicitar estas axudas quen curse estudos de bacharelato, formación profesional, ensinanzas artísticas e deportivas, idiomas, estudos relixiosos e militares, así como estudos universitarios, tanto de grao como de máster.

O prazo de solicitude estará aberto do 7 de abril ao 18 de maio, e deberá realizarse a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.​​​​​​​

Deberás solicitar a túa bolsa neste prazo, aínda que non saibas o que vas estudar, e aínda que non saibas con certeza se vas estudar ou non. Pon os estudos que consideres máis probables, e cara setembro poderás cambialos.