Bandos Informativos

Bandos Informativos - concelloderianxo

Bandos Informativos

Veciños e veciñas, desde hai cen anos as Irmandades da Fala reunidas en Compostela fixaron o 25 de xullo como o Día da Patria Galega, unha xornada que un ano despois virou en festa e reivindicación colectiva da Nosa Terra. Na exposición do Consello da Cultura Galega, que tivemos até hai uns días exposta no Auditorio, vimos como un Castelao exiliado pronuncia nesta data o célebre discurso Alba...

O  horario de acceso será de 19.00 a 22.00 h mentres non rematen as obras.

Achegándose a NOITE DE SAN XOÁN, animo a todos os rianxeiros e rianxeiras a desfrutar dela, no marco do espírito participativo e comunitario que a caracteriza. Ao estar fundamentalmente centrada nas fogueiras e cacharelas, (elementos indispensables da festa, pero con certos riscos), establécense as seguintes normas e recomendacións para un axeitado e seguro desenvolvemento desta: Non se...

Durante o período comprendido entre o 22 de marzo  e o 22 de maio do exercicio 2019, de acordo co disposto nos artigos 24 e 68 do vixente Regulamento xeral de recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos: taxa por servizos de recollida de lixo, correspondente ao primeiro cuadrimestre do 2019 imposto sobre vehículos de tracción mecánica, exercicio 2019 ...

No Boletín Oficial do Estado de data 05 de marzo de 2019, publicouse o Real Decreto 129/2019, de 4 de marzo, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de eleccións, que terán lugar o domingo día 28 de Abril de 2019. En cumprimento da Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral, de 19 de xuño, establécese un servizo de consulta do CENSO ELECTORAL, co obxecto de que...

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar estas axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar o corte do subministro eléctrico e de gas natural ás persoas economicamente máis vulnerables REQUISITOS Ter a consideración de consumidora vulnerable severa segundo o establecido no artigo 3 do Real decreto 897/2017. Persoas cuxos ingresos totais da unidade de convivencia...

Veciños e veciñas: Desde 1919 as Irmandades da Fala fixaron o 25 de xullo como Día da Patria Galega polo seu significado de entre todos os días do ano. Desde entón é xornada de festa e reivindicación colectiva na nosa terra. Anos despois, en 1948, desde o exilio en Bos Aires (cúmprense 70 anos), Castelao pronunciou un célebre discurso chamado Alba de Groria para sinalalo como a Festa maor de...

O Concello de Rianxo súmase á celebración do día 28 de xuño como Día das Diversidades Sexuais, no seu compromiso coa igualdade de dereitos de toda a cidadanía, sexa cal for a súa opción afectiva e/ou sexual e identidade de xénero. Nun día coma hoxe, en 1969, no barrio de Greenwich Village de Nova York (disturbios de Stonewall) comezaron unhas loitas que aínda a día de hoxe seguen vixentes en...

Durante o período comprendido entre o 1 de xullo e o 1 de setembro do exercicio 2018, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos: Taxa por servizos de recollida de lixo, correspondente ao segundo cuadrimestre de 2018 Lugares de Ingreso: oficinas de Abanca e resto de entidades...

Ao achegarse a NOITE DE SAN XOÁN, animo a toda a veciñanza rianxeira a gozar desta celebración, no marco do espírito participativo e comunitario que a caracteriza. Ao estar fundamentalmente centrada nas fogueiras e cacharelas (elementos indispensables da festa, pero con certos riscos), establécense as seguintes normas e recomendacións para un axeitado e seguro desenvolvemento: Non se...

A UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE TURISMOS E VEHÍCULOS LIXEIROS (MMA max. 3.500 kg) prestará servizos neste concello os días 20, 21 e 22 de xuño de 2018, co seguinte horario: Días 20 e 21 mañá: de 09:00 a 13:30 horas tarde: de 15:15 a 18:00 horas Día 22 mañá: de 09:00 a 13:30 horas Estará instalada no lugar de costume, no parque empresarial de Té, e asignarase día e hora de...

ASUNTO: LIMPEZA E ROZA DE TERREOS. REQUÍRESE ás persoas propietarias de terreos para que dean cumprimento ás obrigas de limpeza e, de maneira especial, para que manteñan permanentemente limpas as franxas de protección establecidas arredor do solo urbano, de núcleo rural, edificacións, vivendas illadas e urbanizacións. Polo tanto, antes do 31 de maio, as persoas propietarias teñen que limpar...

Durante o período comprendido entre o 15 de marzo e o 16 de maio do exercicio 2018, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos: Taxa por servizos de recollida de lixo, correspondente ao primeiro cuadrimestre de 2018 Imposto sobre vehículos de tracción mecánica, do exercicio 2018 ...

A compañía prestadora de servizos de telefonía, Movistar, está a realizar a substitución das liñas actuais por cableado de fibra óptica. Estas tarefas non supoñen cambios de instalación nin custo ou tarifación complementaria, nin afectarán á prestación do servizo. O que se comunica para coñecemento da veciñanza.

A UNIDADE MÓBIL DE MAQUINARIA AGRÍCOLA realizará inspeccións técnicas de vehículos agrícolas (vehículos sen carga) neste concello o día 22 de xaneiro de 2018, co seguinte horario: mañá: de 09:00 a 13:30 horas Estará instalada no Parque Empresarial de Rianxo (polígono industrial de Té), e asignarase día e hora de atención ao público directamente na unidade móbil ou no teléfono 902309000.

No Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres lembramos que a violencia machista é a manifestación máis terrorífica das desigualdades de xénero e que non respecta fronteiras nin culturas. Unha realidade estrutural que afecta, segundo ONU Mulleres, a un 35% das mulleres do planeta. A pesar de levar anos lexislando a favor da igualdade de xénero dende todos os niveis de...

Durante o período comprendido entre o 1 de setembro e o 2 de novembro do exercicio 2017, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos: - Taxa por servizos de recollida de lixo, correspondente ó terceiro cuadrimestre de 2017 - Imposto sobre bens inmobles de natureza urbana e rústica e...

O 25 de xullo é o Día da Patria Galega, unha data cargada de simbolismo para este país escollida polas Irmandades da Fala logo da súa II Asemblea de Compostela en 1919. Case cen anos por tanto dunha efeméride que o noso Castelao sinalou como a Festa maor de Galiza, a Festa de todol-os galegos e galegas no seu célebre discurso no exilio que se chama Alba de Groria. É unha xornada de festa e...

Publicado no BOP o martes 11 de xullo de 2017. Anuncio dispoñible na plataforma de contratos públicos de Galicia www.contratosdegalicia.gal . Máis información no correo-e contratacion@concelloderianxo.gal . O concello de Rianxo, aprobou en Xunta de Goberno a incoación do expediente de Licitación de postos vacantes no Mercado Municipal de Abastos. Os pregos de condicións están a disposición...

Mediante Resolución da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias de 1 de xuño de 2017, (DOGA do 23 de xuño de 2017) pola que se amplían as zonas demarcadas pola existencia da praga denominada Trioza erytreae Del Guercio (psílido africano dos cítricos) inclúese ao Concello de Rianxo e ás súas parroquias dentro das zonas afectadas pola praga. Como consecuencia son...

O Concello de Rianxo, ao abeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias, súmase á celebración da data do 28 de xuño como Día das Diversidades Sexuais, no seu compromiso coa igualdade de dereitos de todas as persoas, sexa cal for a súa orientación afectiva e/ou sexual ou identidade de xénero. Tamén xunto con outros 31 concellos da provincia sumámonos á Campaña de sensibilización...

O despregue da nova rede de telefonía 4G pode afectar á recepción da TDT e producir interferencias nos aparellos de televisión e receptores. Os domicilios afectados polas ditas interferencias poden solicitar, DE FORMA GRATUÍTA, a actuación técnica necesaria para evitalo, que consiste na instalación duns filtros na antena de televisión. A entidade designada para esta xestión polas compañías...

Este ano 2016 celébrase o Centenario das Irmandades da Fala, un amplo movemento social, cultural e político xurdido no ano 1916 na Coruña e que axiña se espallou por todo o territorio para construír país. Como dicía Xoán Vicente Viqueira, un dos membros das Irmandades, serve a Galiza o que aproveita un salto de auga, o que fai frotificar dobremente un campo, o que escribe un poema, pinta un...

Con motivo das Eleccións Xerais 2016 que se celebrarán o vindeiro domingo, día 26 de xuño, ponse en funcionamento un servizo de TRANSPORTE ELECTORAL GRATUÍTO co seguinte percorrido e horario: AUTOCARES MUIÑOS 10.00 h: saída de Pastoriza, paradas en Ourille, Te, Fachan e continúa á mesa de Outeiro. 11.00 h: saída de Paradela, parada en Ourolo e continúa á mesa do Cruceiro. 16.00 h: saída de...

REQUÍRESELLE aos propietarios de terreos que dean cumprimento das obrigas de limpeza e, de maneira especial, que manteñan permanentemente limpas as franxas de protección establecidas arredor de edificacións e aldeas. LEXISLACIÓN APLICABLE: Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia. Ordenanza Xeral de Limpeza e Medio Ambiente do Concello de...

Achegándose a NOITE DE SAN XOÁN, animo a tódolos rianxeiros e rianxeiras a disfrutar da mesma, no marco do espírito participativo e comunitario que a caracteriza. Ao estar fundamentalmente centrada nas fogueiras e cacharelas, (elementos indispensables da festa, pero con certos riscos), establécense as seguintes normas e recomendacións para un axeitado e seguro desenvolvemento da mesma: Non...

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO INVENTARIO DE CAMIÑOS MUNICIPAL O Boletín Oficial da Provincia do 3 de xuño de 2016 no 105/2016 publicou o anuncio de Aprobación Inicial do inventario de camiños municipais do Concello de Rianxo, aprobado polo pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 28 de abril de 2016. Este inventario expoñerase ao público durante un prazo de 30 días hábiles até o 9 de xullo, para...

Veciños e veciñas, cada verán un grupo de crianzas do Sáhara veñen a Rianxo fuxindo dos rigores dun calor estremo no deserto para vivir varios meses con familias rianxeiras que os acollen. Todo un compromiso de solidariedade que di moito destas persoas. Forman parte dun país que ven de cumprir 40 anos despois de que fose descolonizado e abandonado á súa sorte polo goberno español, que o deixou...

Durante o período comprendido entre o 15 de marzo  e o 16 de maio do exercicio 2016, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos: - Taxa por servicios de recollida de lixo, correspondente ó primeiro cuadrimestre do 2016 - Imposto sobre vehículos de tracción mecánica, exercicio...

O vindeiro día 18 de febreiro, xoves, desprazarase a Rianxo o equipo móbil do DNI, para a expedición do documento. A expedición do D.N.I. consta de tres fases (a segunda é a impresión física na comisaría): O xoves 18 recibirase o cidadán e a documentación no auditorio, de 9.15 a 12.00 horas. O xoves 25 entregaranse os documentos e clave persoal ós interesados no auditorio, de 9.30 a 11.00...

Vense de poñer en funcionamento unha ampla rede de subministro de auga da traída municipal entre Campo de Pazos e Ourolo, por ambas as marxes da estrada xeral. Todas aquelas vivendas interesadas en darse de alta do citado servizo municipal, póñanse en contacto con VIAQUA para tratar os aspectos técnicos de dito acceso. Viaqua Rianxo 981 866 114 609 684 913 Rúa Campo de Arriba 4 baixo de 9.30...

O despregamento da nova tecnoloxía de telefonía móbil 4G prodúcese nunha banda de frecuencias que pode interferir coa Televisión Dixital Terrestre (TDT). Para evitar as posibles interferencias, os operadores de telefonía deben actuar nos edificios potencialmente afectados, adaptando as antenas. O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo pon a disposición da cidadanía un recurso gratuíto...

O recibo da luz subiu un 83% desde o ano 2003, e desta porcentaxe un dez por cento máis nos últimos catro anos. É evidente que cada vez son máis numerosas as familias que teñen problemas para o pago destas facturas do subministro de enerxía eléctrica. No país dos mil ríos onde se produce boa parte da electricidade do estado español non escapamos desa alza de prezos disparada. Nun mercado...

Veciños e veciñas, en 1919 as Irmandades da Fala escolleron entre todos os días do ano, o 25 de xullo como Día da Patria Galega, espallándose desde o ano seguinte en xornada de festa e reivindicación colectiva da nosa nación. O noso Castelao nun célebre discurso escrito desde o exilio, Alba de Groria, alcúmao tamén de Festa maor de Galiza, a Festa de todol-os galegos e das galegas, engadimos. ...

Achegándose a NOITE DE SAN XOÁN, animo a todos os rianxeiros e rianxeiras a disfrutar da mesma, no marco do espírito participativo e comunitario que a caracteriza. Ao estar fundamentalmente centrada nas fogueiras e cacharelas, elementos indispensables da festa, pero con certos riscos, establécense as seguintes normas e recomendacións para un axeitado e seguro desenvolvemento da mesma: Non...

No ano 1935, un grupo de amigos e admiradores do poeta de Rianxo Manuel Antonio proxectaban unha homenaxe popular, por subscrición pública, consistente na colocación dun monolito nas illas Malveiras. Hoxe retomamos a idea daquela frustrada homenaxe en lembranza de Manuel Antonio organizando unha viaxe literaria o vindeiro sábado 21 de marzo con saída en catamarán do porto ás 17.30 h., baixo as...

Veciños e veciñas, estamos perante o 25 de xullo, o Día da Patria Galega, unha xornada de festa e reivindicación para o país escollida polas Irmandades da Fala o ano 1919, como data de lembranza da patria natural. Ben podiamos chamarlle tamén o Día da Matria, pensando no poeta cambadés Ramón Cabanillas que para se referir á nosa terra escribe: Nai e Señora! Neste 2014 cúmprense setenta anos...

A Corporación Municipal de Rianxo, xunto á Federación Galega de Municipios e Provincias-FEGAMP, fai un chamamento á veciñanza de Rianxo a sumarse a unha concentración venres 26 de xullo, ás 12 h., diante da Casa do Concello. Queremos expresar o noso pesar cos familiares dos finados no accidente de tren e a nosa solidariedade coas persoas feridas. Será un minuto de silencio en sinal de...

Veciños e veciñas, celebramos como todos os anos o 25 de xullo, o Día da Patria Galega, unha data principal de festa e reivindicación para o país escollida polas Irmandades da Fala en 1919. En verbas impresas no xornal a Nosa Terra, o seu voceiro de entón, sinalábase como unha data de lembranza da Patria natural que dende antigo, como agora e sempre, ha ser a única patria verdadeira do home...

O Concello de Rianxo vai levar a cabo a contratación de oito persoas para o Servizo de vixilancia de praias, que consistirá na realización de tarefas de vixilancia (salvamento e socorrismo) e control medio ambiental (retirada de obxectos ou elementos que podan causar perigos ou danar o entorno) nas praias do Concello de Rianxo. Este programa contará cun equipo de oito  persoas, composto...

Durante o período comprendido entre o 1 de xullo  e o 2 de setembro do exercicio 2013, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos: Taxa por servicios de recollida de lixo, correspondente ó segundo cuadrimestre do 2013 Lugar de Ingreso: Oficinas Novagalicia Banco e...

O Concello de Rianxo ven de asinar un Convenio coa Deputación Provincial da Coruña que permitirá a presentación de escritos pola veciñanza e colectivos de Rianxo dirixidos á entidade provincial ou a calquera dos seus órganos así como no tocante á documentación municipal que este concello precise remitir á Deputación. Os prazos administrativos contarían unha vez achegada esa documentación no...

O concello de Rianxo contribúe ao desenvolvemento do proxecto RedeXiana2, para o fomento do emprego na provincia. A Deputación da Coruña vai desenvolver en colaboración co concello de Rianxo, accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de A Pobra, Rianxo, Ribeira, Boiro, Porto do Son, Dodro, Padrón e Rois. A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión...

O concello de Rianxo participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña. O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuír os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego. As áreas formativas ás que...

Por mor dunhas obras de reparación na Depuradora de Rianxo (EDAR), que contan cos permisos medioambientais oportunos, a empresa AQUAGEST concesionaria da EDAR vai iniciar durante doce días, a comezar desde o 15 de abril, traballos de baleirado dos depósitos. Neste senso tamén indicar se informou destas obras á Confraría de Pescadores de Rianxo para o seu coñecemento. Durante estes días...

O concello de Rianxo, xunto coa Deputación da Coruña van poñer en marcha unha experiencia que ten como finalidade promover a compostaxe caseira. Máis da metade do lixo que xeramos é materia orgánica, residuos procedentes da limpeza de hortalizas e outros elementos da cociña, restos de comida, papel alimentario de envolver, e restos de plantas da casa ou do xardín. Esta materia ascende...

A Lei 1/1993, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade, o Decreto 153/98 de abril, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade, e as Ordenanzas de Animais de Compañía e de Animais Potencialmente Perigosos, do Concello de Rianxo; establecen: A obrigatoriedade dos propietarios de todos os cans de levalos suxeitos con correa e con buceiro cando o fagan...

Durante o período comprendido entre o 15 de marzo  e o 20 de maio do exercicio 2013, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos: Taxa por servicios de recollida de lixo, correspondente ó primeiro cuadrimestre do 2013 Imposto sobre vehículos de tracción mecánica,...

Co obxecto de facilitar o pago anual do Imposto de Bens Inmobles (IBI) correspondente a 2013, informase da posibilidade de efectuar o pago en dous prazos. Calquera titular dun inmoble e/ou propiedade pode facer uso desta posibilidade. A solicitude efectuarase antes do 28 de febreiro. O fraccionamento realizarase en dúas cotas a cobrar mediante domiciliación bancaria, cuxos vencementos...

Por mor do aumento espectacular da poboación de estorniños na zona da Ribeira e as molestias que están a causar á veciñanza e mobiliario urbano, vimos de contratar desde o Concello unha empresa especializada no control destas pragas urbanas en municipios como A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra, Carballo, Caldas de Reis, Lalín, chamada LARUS CONTROL. Esta empresa...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 50 de 59 resultados.