Deportes

- Andaina Ruta da Pedra e da Auga e Río San Martíño - concelloderianxo

Actualidade

Andaina Ruta da Pedra e da Auga e Río San Martíño

O Servizo de Deportes organiza unha andaina o vindeiro 16 de novembro na que se percorrerán dúas rutas que discorren polos concellos pontevedreses de Meis e Ribadumia: a Ruta da Pedra e da Auga e a do Río San Martiño.

A andaina vai dirixida a maiores de 14 anos e adultos, ten dificultade media e achégase aos 20 km.; discorre por fermosas ribeiras de río e zonas de monte e natureza en estado puro, con muiños restaurados, unha "aldea labrega" que representa a vida rural gallega de primeiros do século XX e os seus elementos tradicionais (horreo, forno, cruceiro...)

Información e inscricións no Servizo de Deportes (deportes@concelloderianxo.es - 981 866 381) e nos pavillóns polideportivos.